That's English! Calendario de exames da convocatoria ordinaria de xaneiro 2025
Eleccións para a renovación do Consello escolar 2024. Consulta toda a información.
Cursos CELGA e de Linguaxe Administrativa Galega 2º cuadrimestre: preinscrición 11-22 novembro.
Vota para escolleres os teus representantes do alumnado no consello escolar do centro!
Mércores 20 de novembro
10:30-12:15 e 17:30-20:15 h na Biblioteca da EOI
Fai escoitar a túa voz e vota!
Consulta aquí todas as actuacións do proceso para as eleccións que renovarán parcialmente o Consello Escolar do centro
Calendario electoral. (241028)
07. Acta de escrutinio das eleccións do sector alumnado (241120)
06. Acta de escrutinio das eleccións do sector profesorado (241119)
05. Acta proclamación candidaturas, censo definitivo e designación mesas electorais. (241111)
Xa está de volta a nosa Gala aRi[t]mar galiza e portugal!
Coa participación de todas e todos os prmeiados: as poetas Silvia Penas e Sílvia Mota Lopes, as bandas De Ninghures e Os Quatro e Meia, e o premio especial do xurado da Embaixada da amizade galego-lusófona, que recaeu na Sociedade Cultural Deportiva do Condado.
Presentación a cargo das Fillas Bravas do grupo Chévere.
Venres / Sexta feira, 22 de novembro, ás 20:30 h, no Auditorio de Galicia
Entrada libre e gratuíta até completar a capacidade da sala
Mostra de fondos da biblioteca con motivo do Día da Musica- 22 Novembro.
Con ritmo e letra os idiomas apréndense con facilidade!
Coñece novos artistas no idioma que estudas e atopa novelas, lecturas adaptadas, películas , auto/biografías, banda deseñada e ata libros de cancións.
Do 15 ao 29 de novembro na nosa biblioteca (Vite)
Want to know more about Canada? Would you like to develop your listening skills while learning about this multicultural country?
Our language assistant from Quebec, Océanne Arguin, will give various talks about her home country.
SECCIÓN DE SAR: Wednesday, 20th November at 18:30 Sala de actos
VITE :Thursday, 21st November at 19:30 Sala de actos
SECCIÓN DE NOIA: Tuesday, 26th November at 18:30 (in English) and at 20:30 (in French )
SECCIÓN DE NEGREIRA: Wednesday, 4th December at 19:00
Don't miss this opportunity!
Atención alumnado de Ribeira!
Os libros da biblioteca viaxan ás aulas!
Anímate a levar prestado un libro e logo recomendarllo a un/unha compañeiro/a para que tamén se anime a lelo.
Temos libros de lectura en inglés de todos os niveis: A1, A2, B1, B2, C1, e C2.
Tamén compartir cos teus compañeiros/as libros en inglés teus que teñas na casa. Tráeos á aula e recoméndallelos.
Esta é unha iniciativa que terá lugar ao longo do curso na Sección de Ribeira.
Un ano máis, imos colaborar co IES Rosalía de Castro no seu mercadillo solidario de Nadal, unha iniciativa do seu alumnado de Bacharelato Internacional, habilitando un posto de recollida na entrada da EOI: desde o 15 de novembro ata o 5 de decembro haberá dúas caixas na entrada nas que podedes depositar doazóns de libros, xoguetes, roupa ou bisutería.
O mercadillo vai ter lugar o día 18 de decembro de 16:30 a 21:00 e é aberto ao público.
Todo o recaudado será destinado á Cruz Vermella.
Our book club is back!
We will be discussing "Barcelona" and "The Killing Line", the opening and closing stories of Mary Costello's collection Barcelona (2024).
New date! Tuesday, December 3
From 7:30 to 9:00pm
In Vite
Sign up to the meeting by filling out this form.
We will be joined by Manuela Palacios, professor of English Literature at the University of Santiago de Compostela (USC).
A biblioteca da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela convoca unha nova edición do concurso de escritura creativa, "Relatos Encadeados". Cada relato comezará coa última frase do relato gañador do mes anterior.
En outubro os relatos comezarán por: Caerán moitas mazás...
Os textos serán orixinais, inéditos e contarán cun máximo de 150 palabras en galego, sen contar o título e a frase inicial.
Prazo de presentación: ampliado ata o 25 de novembro
Consulta aquí as bases do concurso.
Acompáñanos a percorrer lugares emblemáticos da zona vella de Santiago descubrindo a representación artística da muller. Unha historia de agravios, inxurias e aldraxes a través da arte.
Fanzine e roteiro elaborados pola Sociedade Cooperativa Maos.
Mércores 27 de novembro.
Punto de encontro: Entrada da EOI ás 9h00 ou nos arcos da Praza de Praterías ás 9h30.
Aberto ao alumnado e ao profesorado de todos os departamentos e ao PAS. Únete enchendo este formulario.
Organiza o departamento de Galego.