Acompáñanos a percorrer lugares emblemáticos da zona vella de Santiago descubrindo a representación artística da muller. Unha historia de agravios, inxurias e aldraxes a través da arte.
Fanzine e roteiro elaborados pola Sociedade Cooperativa Maos.
Mércores 27 de novembro.
Punto de encontro: Entrada da EOI ás 9h00 ou nos arcos da Praza de Praterías ás 9h30.
Aberto ao alumnado e ao profesorado de todos os departamentos e ao PAS. Únete enchendo este formulario.
Organiza o departamento de Galego.