Volve o concurso de escritura "Relatos encadeados"

A biblioteca da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela convoca unha nova edición do concurso de escritura creativa, "Relatos Encadeados". Cada relato comezará coa última frase do relato gañador do mes anterior.

En outubro os relatos comezarán por: Caerán moitas mazás... 

Os textos serán orixinais, inéditos e contarán cun máximo de 150 palabras en galego, sen contar o título e a frase inicial.

Prazo de presentación: ampliado ata o 25 de novembro

Consulta aquí as bases do concurso.