Fontán

ANIVERSARIOS

 

Hoxe é o último venres do mes de abril. Temén houbo un último venres no mes

de marzo. Teríamos que festexar na escola o aniversario das nenas e nenos que

están de celebración. Farémolo desde as nosas casas mandándovos moitos

bicos e apertas para todas e todos. Deixo unha proposta de agasallo para as

vosas compañeiras e compañeiros. Se vos apetece participar mirade o ficheiro

adxunto. Parabén para vós!!! 

 

 

 

 

AS COUSIÑAS DA CASA

Estas son as algunhas das imaxes que me ides mandando do que facedes na vosa casa. Moitas gracias e seguide así estades a facelo fenomenal. Bicos

 

 

 

 

 

 

SEMANA DO LIBRO II

Queridas familias, nenas e nenos!! Que é para vós un libro? Para min un libro é unha agradable compañía e, un xeito de facer voar a miña imaxinación e cretividade nestes días, por iso invítovos a mergullarvos na lectura. 

 

SEMANA DO LIBRO

Queridas familias, nenas e nenos!! Esta é a semana do libro, polo que a proposta de actividades de hoxe versa sobre iso. Quero comentarvos ademáis que vos fixedes na publicación que aparece na páxina principal e no apartdo Animación á lectura, na sección de biblioteca titulada "DÍA DO LIBRO". Rosas e libros para todas e todos vós!!!

 

ADIVIÑA MES DE MAIO

SE VOS APETECE SEGUIR A XOGAR CON CASELÍN DESDE A VOSA CASA, IDE AO APARTADO DE BIBLIOTECA, E MIRADE EN "ANIMACIÓN Á LECTURA" QUE ADIVIÑA TEN PREPARADA  PARA ESTE MES.

ESCOLA NO MAR

 COMEZAMOS UNHA NOVA SEMANA!!! 

PROPOSTA ACTIVIDADES SOBRE O MAR

Queridas familias, nenas e nenos!! Esta proposta que vos achego leva unha serie de actividades para facer sobre o mar. Recórdovos que no apartado das especialidades podedes atopar propostas de traballo moi intresantes e motivadoras para facer nestes días. Espero que todo siga ben. Saúdos e bicos. 

 

OUTONO NO MAR

 

FELIZ ANIVERSARIO!!!

Estes son os aniversarios que celebramos na escola. Á volta festexaremos todos os que quedan cunha gran festa!!!

UN XOGO DE PESCA

Na aula de Fontán para traballar o mar elaboramos un xogo de pescar peixiños entre todas as nenas e nenos. 

Distribuir contido

Back to top