Fontán
PROPOSTA DE ACTIVIDADES 29 MAIO
Posted Maio 29th, 2020 by AnónimoQueridas familias, nenas e nenos!! Xa está rematando a semana. Onte 28 de maio foi o día mundial da nutrición polo que vos achego unha nova proposta sobre os alimentos para que traballedes nas vosas casas. Quero recordarvos que nos apartados dos especialista así como no de biblioteca, podedes atopar tarefas moi interesantes para facer coas nenas e cos nenos, non perdades a oportunidade de entrar e investigar. Moitas gracias a todas e todos polo voso esforzo. Saúdos.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
ANIVERSARIOS DE MAIO
Posted Maio 29th, 2020 by Anónimo
Queridas nenas e nenos!! Este é o último venres do mes. Na escola teríamos festaxado os cumples das vosa compañeira e compañeiros que están de aniversario no mes de Maio, polo que desde as nosas casas queremos darvos os parabéns e moitos bicos e apertas. Moita felicidade para vós!!!!
Xa sabedes que se queredes podedes enviarme os vosos debuxos ou arte para como agasallo para as nenas e nenos que están de aniversario. Graciñas a todas e todos.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
PROPOSTA DE ACTIVIDADES 27 MAIO
Posted Maio 27th, 2020 by AnónimoQueridas familias, nenas e nenos!! Achégovos unha nova proposta para traballar na casa arte con alimentos. Anivádevos a facer a vosa propia composición. Saúdos.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
PROPOSTA DE ACTIVIDADES 25 MAIO
Posted Maio 25th, 2020 by AnónimoQueridas familias, nenas e nenos!! Comezamos unha nova semana, a última do mes de maio. Achégovos unha nova proposta para realizar nestes días. Saúdos
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
RECEITA BISCOITO PEIXE
Posted Maio 25th, 2020 by AnónimoNA NOSA AULA COA AXUDA DA ESPECILISTA EN LINGUA EXTRANXEIRA, TEACHER NOELIA, ELABORAMOS UNHA RECEITA DUN BISCOITO CON FORMA DE PEIXE, ACHÉGOVOS O VÍDEO PARA QUE POIDADES DESFRUTAR DEL E RECORDAR ESE DÍA.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
PROPOSTA DE ACTIVIDADES 22 MAIO
Posted Maio 22nd, 2020 by AnónimoQueridas familias, nenas e nenos!! Achégovos unha nova proposta con actividades para facer nestes días. Recórdovos que no apartado das especialidades podedes atopar tarefas moi interesantes para facer. Saúdos a todas e todos!!
No seguinte enlace achégovos unha actividade relacionada coa proposta desta semana:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5862149-frutas.html
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »