Marzo 2019

NOVIDADES

CONTINUAMOS AMPLIANDO OS RECURSOS DA BIOBLIOTECA CON EXEMPLARES DONDE DESTACA O PAPEL DAS MULLERES GALEGAS.

PROXECTO DONAS DE SÍ

Seguindo a temática do proxecto`Donas de sí´elexido polo CRA Raíña Aragonta, se realizarán diferentes actividades relacionadas coa coeducación. Traballaranse actividades nas que se percatarán de que tanto nenos como nenas poden elixir calqueira xoguete de forma libre.

Memori sobre a igualdade no deporte

Un novo xogo: o memori. Neste caso reunimos imaxes nas que homes e mulleres practican diferentes deportes. O propósito, ademais de traballar a memoria, a atención e outras capacidades, era coñecer ata que punto os estereotipos de xénero están presentes entre o alumnado.

Bingo de supermulleres

Realizamos un novo traballo de investigación: procuramos "supermulleres". Coñecemos os seus nomes e qué foi o que as converteu en persoas tan relevantes. Desta vez, non debuxamos nin tentamos escribir, xogamos ao bingo! Outro xeito de afianzar o que aprendemos, dunha forma divertida e na que participamos todos.

PREPARATIVOS ENTROIDO

Grazas as familias pola colaboración neste primeiro Entroido xuntos e especialmente as maquilladoras pola axuda prestada no día do desfile...

 

As tarefas e a súa distribución no fogar

Co motivo do Dia Internacional da Muller, nenos e nenas reflexionaron sobre quen se encarga no seu fogar de diferentes tarefas como poñer a lavadora, reparar, facer a cama, etc. e plasmárono nunha tarefa.

Os resultados poden observarse, pensamos que todavía queda moito que cambiar. Esperamos que este proxecto cumpra os obxectivos que nos marcamos e que, nun futuro, os resultados non sexan os mesmos.

Exposición de traballos

Para rematar as nosas investigacións decidimos convidar ás familias a observar todos os nosos traballos e, sobre todo, agradecer a súa colaboración á hora de recoller información.

Rosalía de Castro

 

Rosalía de Castro foi unha escritora galega excepcional, xa que soubo abrirse camiño como poetisa e escritora nun mundo masculino. É considerada como un símbolo do pobo galego e foi a primeira muller precursora da poesía española moderna.

 

 

 

É por iso polo que o pasado 24 de febrero conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, polo que os nenos e nenas da aula de 4 anos A traballámola neste día.

Aprendimos unha poesía de Rosalía ‘’Alborada’’ e falamos do importante que foi e é como escritora. Esta é unha mostra dalgunhos traballos que levamos a cabo.

 

 

 

 

 

ENTROIDO POLA IGUALDADE

ESTE ANO A TEMÁTICA DO ENTROIDO NO CENTRO É " DONAS DE SÍ "

LOITAMOS POR UNHA IGUALDADE ENTRE XÉNEROS E TRATAMOS DE DESTACAR A IMPORTANCIA DA MULLER NA SOCIEDADE.

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS A CUMPRIMOS AS ORDES DE CASELÍN, A MASCOTA DA BIBLIOTECA.

O LUNS, COLOCAMOS UN ADORNO NA CABEZA

O MARTES, VESTÍMONOS CON  ROUPA DE COR ROSA

O MÉRCORES VESTÍMONOS CON ROUPA DE COR AZUL

O XOVES ENGALANÁMONOS CON COLLARES, PULSEIRAS, ADORNOS,..

O VENRES, CONVERTÍMONOS EN GRANDES MULLERES.

 

 

 

LEOLA N. KING ( PRIMEIRA AXENTE DE TRÁFICO FEMENINA EN WASHINGTON) 

 

 

 

FRIDA KAHLO

Nas aulas de Esfarrapada de 4 anos B e 4 anos C, realizamos un proxecto de traballo baseado na artista mexicana Frida Kahlo. Esta pintora soubo abrir camiño ás mulleres donas seguras de si mesmas nun mundo dominado polos homes. Loitou pola igualdade.

Neste proxecto aprendemos que a través da arte podemos expresar as nosas emocións e sentimentos. As obras de Frida mostraban as súas dificultades,  a auto aceptación da dor e a pesares das dificultades atopadas, poder desfrutar da vida baixo o seus lemas: "Viva la vida!" e "Pies para que los quiero si tengo alas para volar".

Para motivar ao noso alumnado, fixemos unha exposición cunha representación fotográfica das súas obras, familia, parella... así como, obxectos que a definen e representan ao seu país.

Aprendemos o que é un autorretrato, vendo máis alá do aspecto físico, traballando, así o autococepto e a autoestima dos cativos e cativas:

Esta é unha mostra dalgunhas das actividades levadas a cabo:

 

Para finalizar, coa colaboración das familias, fixemos unha festa mexicana. Cada cativo e cativa decidiu de que personaxe quería vir caracterizado: Frida ou Diego Rivera.  Ámbalas dúas aulas desfrutamos dun momento de festa, baile e mesmo dun petisco típico mexicano: "guacamole" elaborado polos propios cativos e cativas acompañado con nachos.

 

 

 

Back to top