Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

O CRA Ponte da Pedra

Imaxe de teresa

CALENDARIO ESCOLAR

Este é o calendario escolar para o curso 2020-2021

Orde do 25 de xuño de 2020

Imaxe de teresa

INICIAMOS NOVO CURSO 2020-2021

CURSO 2020-2021

 

Benqueridas familias,

desde o equipo docente queremos darvos a benvida ao inicio dun novo curso escolar.

Entendemos as inquedanzas, as dúbidas e as incertezas que supón o regreso ás aulas despois dun curso tan anómalo como foi o anterior.

Para o claustro do C.R.A., o máis importante é o benestar e a saúde das vosas fillas e fillos e niso estamos traballando nestes días previos ao inicio da actividade lectiva.

Proximamente teremos as reunións de comezos de curso no que vos informaremos do protocolo do centro coas medidas sanitarias propostas pola Consellería de Educación e a de Sanidade adaptadas á realidade das nosas escolas.

Enviarvos unha mensaxe de tranquilidade e calma, traballando xuntos e na mesma dirección sairemos fortalecidos desta nova e difícil andaina. Porque, máis ca nunca:

...Caminante, no hay camino,

se hace camino al andar...

(Antonio Machado)

Imaxe de teresa

VISITA VIRTUAL ÁS ESCOLAS

Todos os anos no mes de xuño, celebrábamos un día de convivencia entre o alumnado das escolas co alumnado de nova incorporación admitido. Debido á excepcionalidade deste curso e imposibilidade de facer esa xornada de convivencia, vímonos na necesidade de presentar de xeito virtual ás escolas.

Aínda que esta visita telemática non se semella nada a ese día, queremos que as nenas e nenos teñan oportunidade de ver a que vai ser a súa escola.

ARTES

CANCES

MIRÓN AULA PATIO

REGA

SÍSAMO

VERDILLO

XOANE

Imaxe de teresa

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2020-2021

Todas as solicitudes presentadas no proceso de admisión do CRA Ponte da Pedra foron admitidas. Está publicada a lista definitiva de admitidas e admitidos no interior da sede do CRA.

O prazo de formalización da matrícula abrangue do 1 ata o 10 de xullo. Deberá entregarse na sede do CRA, o formulario de matrícula (Anexo III) xunto coa documentación que se detalla a continuación:

- ANEXO III (documento formalización matrícula).

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia de cartilla de vacinacións.

- Fotografía tamaño carnet.

- Impreso das autorizacións.

- Enquisa Galego Equipo de Dinamización Lingua Galega.

O horario de atención ao público é de 10 a 13h de luns a venres.

Imaxe de teresa

FIN DE CURSO

Chegamos ao final de curso, o remate da actividade lectiva máis anómala e estraña dos últimos anos.

Para despedirnos fixemos un vídeo co que foi a vida nas aulas presencialmente e aquelas actividades que fixemos por vía telemática.

Desde o claustro docente queremos agradecervos ás familias a vosa implicación, colaboración e esforzo na realización das tarefas escolares propostas polas mestras e mestres.

Feliz verán!!

Distribuir contido


by Dr. Radut