INICIAMOS NOVO CURSO 2020-2021
CURSO 2020-2021
Benqueridas familias,
desde o equipo docente queremos darvos a benvida ao inicio dun novo curso escolar.
Entendemos as inquedanzas, as dúbidas e as incertezas que supón o regreso ás aulas despois dun curso tan anómalo como foi o anterior.
Para o claustro do C.R.A., o máis importante é o benestar e a saúde das vosas fillas e fillos e niso estamos traballando nestes días previos ao inicio da actividade lectiva.
Proximamente teremos as reunións de comezos de curso no que vos informaremos do protocolo do centro coas medidas sanitarias propostas pola Consellería de Educación e a de Sanidade adaptadas á realidade das nosas escolas.
Enviarvos unha mensaxe de tranquilidade e calma, traballando xuntos e na mesma dirección sairemos fortalecidos desta nova e difícil andaina. Porque, máis ca nunca:
...Caminante, no hay camino,
se hace camino al andar...
(Antonio Machado)
COMENTARIOS
hai 3 anos 32 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 6 anos 16 semanas