Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

O CRA Ponte da Pedra

Imaxe de teresa

FIN DE CURSO

Chegamos ao final de curso, o remate da actividade lectiva máis anómala e estraña dos últimos anos.

Para despedirnos fixemos un vídeo co que foi a vida nas aulas presencialmente e aquelas actividades que fixemos por vía telemática.

Desde o claustro docente queremos agradecervos ás familias a vosa implicación, colaboración e esforzo na realización das tarefas escolares propostas polas mestras e mestres.

Feliz verán!!

Imaxe de teresa

REVISTA EDUGA

Na revista EDUGA publicouse un artigo educativo sobre o noso centro. Baixo o título de "Formación e emoción transforman a educación rural" describimos o proceso de cambio de paradigma educativo que experimentamos no C.R.A. Ponte da Pedra e o compromiso dunha comunidade educativa que respalda esta iniciativa. Podedes ler o artigo no enlace vinculado ao título.

Imaxe de teresa

AMPLIACIÓN DO PRAZO AXUDAS DO CONCELLO DE CARBALLO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

O Concello de Carballo ampliou o prazo de presentación de solicitudes da Convocatoria de  Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de Grao Elemental ou Profesional no Consevatorio Profesional de Música de Carballo. Curso 2019-2020 que convoca o Concello de Carballo, ata o 10 de xullo.

Máis información prema aquí.

 

Imaxe de teresa

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2020 - 2021

LISTAXE DE ADMITIDOS

Xa está publicada a lista provisional de admitidos na sede do C.R.A. Ponte da Pedra.

Poderedes consultar esta información chamando ao teléfono

981 703 403 ou acudindo á sede.

Tamén se pode consultar a listaxe a través da aplicación admisiónalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.

Distribuir contido


by Dr. Radut