Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

O CRA Ponte da Pedra

Imaxe de teresa

DÍA DE PORTAS ABERTAS

Se desexades coñecer as escolas que conforman o C.R.A. Ponte da Pedra, aproveitade o día de portas abertas que se organizará na tarde do luns 21 de febreiro. Todas as persoas interesadas en acudir á visita, deberedes pedir cita previa na escola ou escolas que vos interese e cumprir coas medidas hixiénico-sanitarias establecidas na normativa vixente.


         

Imaxe de teresa

RESERVA DE PRAZA 2022

 

RESERVA PRAZA 22/23

 

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos e a Orde do 18 de decembro de 2020 que a modifica, o próximo día 11 de xaneiro inícianse os trámites do procedemento coa reserva de praza nos centros adscritos.

A adscrición das nosas escolas é a seguinte:

- 6º de E.I. de Mirón e Rega: C.E.I.P. Fogar.

- 2º de E.P. de Artes e Verdillo: C.E.I.P. Gándara (Sofán).

- 2º de E.P. de Cances, Sísamo e Xoane: C.E.I.P. Bergantiños.

PRAZO DAS SOLICITUDES: do 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.

PRESENTACIÓN:

- medios telemáticos coa CHAVE365 ou certificado dixital na aplicación admisionalumnado.

- xeito presencial na sede do CRA por medio do formulario normalizado ED550A

IMPORTANTE: Segundo o artigo 11.2 esta reserva terá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (1-20 de marzo).

(E dicir, o que desexe praza noutro centro diferente ao adscrito deberá renunciar por escrito á súa reserva de praza)

 NORMATIVA DE APLICACIÓN

Imaxe de teresa

NADAL SOLIDARIO

NADAL SOLIDARIO

Outro ano máis, imos levar a cabo o Nadal Solidario coa recollida de alimentos non perecedoiros.

A todas aquelas persoas interesadas en colaborar poderán deixar as súas doazóns na súa correspondente escola, os días 14 e 15 de decembro de 9:00 a 14:00.

Todas as doazóns repartiranse entre Cáritas Interparroquial de Bergantiños e Cruz Vermella Carballo.

 

 

           

Imaxe de teresa

25 NOVEMBRO

Nas escolas do C.R.A. conmemoramos o 25 de novembro e o rexeitamento á violencia.

Fixémolo traballando e reflexionando sobre o conto "Artur e Clementina"

 

Ademais, a través da obra de Oswaldo Guayasamín, centrámonos na expresión non verbal e a súa relación coas emocións; comprobando que as mans tamén "falan" e, en ocasións, son máis expresivas que as palabras.

 

 

 

    

 

 

   

 

 

 

Imaxe de teresa

PROCEDEMENTO PARA A DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS ALUMNADO

Con data de 12 de novembro de 2021, foi publicada a Orde 28 de outubro de 2021 pola que se establece o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado de primaria.  

ALUMNADO DESTINATARIO:Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

  • NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.
  • TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 por diferentes circunstancias pero que cumpra algunha das seguintes condicións:
    1. Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
    2. Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: PRESENCIAL DO 15/11/2021 ao 26/11/21.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: na sede do CRA. 

HORARIO SECRETARÍA-SEDE: de martes, mércores e venres de 12:30 a 14:00. Luns de 16:00 a 17:00.

SOLICITUDES:

ANEXO I

ANEXO II

 

Distribuir contido


by Dr. Radut