Skip to Content

O CRA Ponte da Pedra

Imaxe de teresa

25N: COIDÁMONOS COS CINCO SENTIDOS

Desde o CRA Ponte da Pedra conmemoramos o día internacional contra a violencia de xénero, cunha actividade que traspasou os muros das escolas e acadou unha proxección social.

Por que eliximos os coidados e os sentidos?

 

Porque cando ensinamos ás nenas e nenos a escoitar os sinais do seu corpo, aprenden que este non só obedece ás ordes que lle damos, senón que nos envía sinais que podemos recoñecer no noso interior. Que o cansancio ou a enerxía se poden sentir. Que sentir que somos coidados e coidar aos demais nos fai sentir ben.

Que sentir dor é un signo que indica que xa é suficiente.

Esta foi a instalaciónque se expuxo no Pazo da Cultura de Carballo. 

Imaxe de teresa

25N

Na conmemoración do 25N, día internacional contra a violencia de xénero expoñeremos as actividades realizadas nas aulas no Pazo da Cultura.

O horario de participación na instalación será de 9:30 a 13:30.

As escolas estarán distribuídas do seguinte xeito:

1ª QUENDA: MIRÓN, CANCES, SÍSAMO E XOANE: as familias achegarán ao alumnado ao Pazo da Cultura ás 9:00h. Recibirémolos no parque infantil cuberto situado xunto ao Pazo da Cultura. Recolleranse ás 14:00h en cadansúa escola.

2ªQUENDA: ARTES, VERDILLO E REGA. As familias deixarán ao alumnado en cadansúa escola ás 9:00h. Ás 14:00h, as familias recollerán ao alumnado no Pazo da Cultura na porta lateral que sae á R/Gardenias.

MERENDA: non levarán merenda. Non é preciso levar mochila.

BUS: lembrade que para viaxar en bus o alumnado de 6 ou máis anos deberá levar máscara no bus.

Imaxe de teresa

PXA 22/23

Podedes consultar a PXA do curso 22/23 así como as programación didáctica de 2º nos seguintes enlaces:

-PXA 22/23.

- PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA EDUCACIÓN INFANTIL (LOMLOE)

- PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE 1º EP (LOMLOE)

- PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE 2ºEP.

- PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLE.

As programacións de infantil e 1ºEP están en elaboración desde a plataforma PROENS. Unha vez rematadas e aprobadas serán públicas. 

 

Imaxe de teresa

INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA


O día 8 de setembro retomaremos a actividade lectiva no horario habitual de 9h a 14h. O alumnado de nova incorporación axustarase ao horario establecido no período de adaptación da súa escola ou aos acordos adoptados coas titoras.
Feliz curso!

Imaxe de teresa

REUNIÓN DE FAMILIAS

Estimadas familias,

 

Nos vindeiros días, as titoras de cada escola chamaránvos para a reunión de principio de curso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut