Skip to Content

25N

Imaxe de teresa

Na conmemoración do 25N, día internacional contra a violencia de xénero expoñeremos as actividades realizadas nas aulas no Pazo da Cultura.

O horario de participación na instalación será de 9:30 a 13:30.

As escolas estarán distribuídas do seguinte xeito:

1ª QUENDA: MIRÓN, CANCES, SÍSAMO E XOANE: as familias achegarán ao alumnado ao Pazo da Cultura ás 9:00h. Recibirémolos no parque infantil cuberto situado xunto ao Pazo da Cultura. Recolleranse ás 14:00h en cadansúa escola.

2ªQUENDA: ARTES, VERDILLO E REGA. As familias deixarán ao alumnado en cadansúa escola ás 9:00h. Ás 14:00h, as familias recollerán ao alumnado no Pazo da Cultura na porta lateral que sae á R/Gardenias.

MERENDA: non levarán merenda. Non é preciso levar mochila.

BUS: lembrade que para viaxar en bus o alumnado de 6 ou máis anos deberá levar máscara no bus.



page | by Dr. Radut