Skip to Content

blogue de : teresa

Imaxe de teresa

CUARTO DÍA NO HORTO

Aínda que nesta xornada non tocaba horto con Manuel, decidimos facer unha pequena plantación atendendo ás explicacións e instrucións dadas previamente por Manuel. Plantamos remolachas, xudías e repuxemos as leitugas que fallaron no primeiro bancal. O resultado foi o seguinte.

Imaxe de teresa

VISITA AO COMPOSTEIRO

O venres 10 de abril acompañamos a Manuel á casa de Suso, veciño da nosa escola, para falarnos do que era un composteiro: que é o que se garda dentro del, que sucede cos restos orgánicos que recollemos no seu interior, cales son as vantaxes de ter un nas nosas casas, por que é importante o seu uso para o coidado do contorno e do medio ambiente...

Foi unha visita moi interesante e didáctica. Grazas a Suso por darnos a posibilidade de aprender tanto visitando o composteiro da súa casa.

Imaxe de teresa

TERCEIRO DÍA DE HORTO EN SÍSAMO

O pasado mércores 25 de marzo, antes de comezar coas vacacións de Semana Santa, iniciamos a plantación do noso horto. Plantamos leitugas e acelgas. Este foi o proceso e o resultado do noso traballo.

Imaxe de teresa

RETOMAMOS CON ILUSIÓN O SEGUNDO DÍA NO HORTO.

Outro venres máis retomamos os traballos no horto da nosa escola. Tocou limpar os bancais de pedras para poder plantar proximamente.

As nenas e nenos da escola disfrutaron moitísimo e aprenderon que, traballando xuntos e en equipo, o esforzo é menor e o resultado merece a pena.

Agardamos que vos guste!! Risa

Imaxe de teresa

PRIMEIRO DÍA NO HORTO.

O venres 27 de febreiro iniciamos a nosa actividade no horto, grazas á axuda de Manuel. O primeiro traballo que tivemos que facer foi delimitar o terreo en bancais. SERÁN TRES BANCAIS QUE VAN DAR MOITO DE SI!! É unha actividade moi interesante para as nenas e nenos e na que imos aprender e experimentar moito.

Agardamos que vos guste.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut