Uns días antes do festival de Nadal, as nenas e nenos de Sísamo tiñamos unha encomenda especial: visitar o xeriátrico de San Cristovo no que actuamos en primicia co noso baile "En estas navidades quiero bailar" e agasallalos con dúas cancións de Nadal:"Rodolfo, el reno" e "Buscando unha estrela".Para achegarnos ao lugar da actuación, fomos dando un fermoso paseo no que nos acompañaron o profe Jesús e a profe María, ademais da axuda de Protección Civil de Carballo que velaron porque o transcurso da camiñata fose segura. A experiencia foi enriquecedora, compartimos ilusión e ledicia cos nosos maiores e na que nos recibiron con moito agarimo.
Moitas grazas ao xeriátrico por tan boa acollida!!
No seguinte adxunto hai un pequeno resumo do que foi a actividade. Agardamos que vos guste.
O xoves 22 de xuño celebramos os aniversarios das nenas e nenos que cumpriron anos ao longo deste trimestre e de aquelas e aqueles que o farán no verán. Tamén aproveitamos para festexar o final de curso e o inicio das ansiadas e merecidas vacacións logo dun curso tan intenso...
Felicidades aos que cumpriron anos e aos que os van cumprir!!!!
O pasado 7 de xuño recibimos a visita dos forestais. Contáronnos moitas curiosidades do seu traballo e falamos das especies animais e vexetais que viven nos montes galegos. Plantamos landras para ver como medran os carballos e agasalláronnos con un bidueiro que dará sombra no patio nos días de verán e deixará pasar o sol nos recreos do inverno. Tamén subimos ao seu camión e suxeitamos a mangueira do mesmo xeito que fan elas e eles cando se enfrontan co lume.
Moitas grazas por sacar un ratiño para virnos ensinar e aprendernos unha parte do voso traballo.

COMENTARIOS
hai 3 anos 37 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas