Este venres aproveitando o bo tempo acudimos ao horto. Regamos as leitugas e ampliamos a colleita con remolachas. Unha vez rematada a plantación, preparamos un dos bancais que na última xornada quedara pendente. Soamente nos queda agardar a que as plantas medren.
O xoves 21 celebramos o día da poesía. Aproveitamos que unha das nosas compañeiras fixo unha visita á casa de Rosalía de Castro e achegounos un libro sobre a súa vida. Falamos sobre as emocións que nos provocan algúns dos seus poemas como o que se amosa a continuación. Reflexionamos sobre a tristura de cando nos separamos de alguén cando se vai, que botamos de menos a quen está lonxe de nós ou a aquelas persoas que xa non viven pero seguimos lembrando.
Ademais,conmemoramos o día da árbore. Fixemos un cambio de macetas dos carballos que xa plantaramos a comezos do curso. Fixemos unha recompilación de palabras relacionadas coas árbores.
Primeiro acondicionamos un dos bancais para plantarlle leitugas. Tivemos que virar a terra e sacar as herbas malas para poder achanzar o terreo.
Despois, coa axuda duns plantadores, enterramos as leitugas con coidado de non profundizalas demasiado; coa intención de evitar que podrecesen coa humidade e morresen.
Antes de recoller os utensilios de labranza, botámoslle un vistazo ao horto de aromáticas dentro do recinto escolar. Descubrimos que os tulipáns que plantamos antes das vacacións de nadal tiveran flor. Esperamos con ansia descubrir que cores agochan as outras plantas que están a brotar.
Agradecer ás familias as achegas dos postres típicos destas datas. Estaba todo moi saboroso! Mmmmmm!!!
Despois da merenda, saímos a correr o Antroido polos arredores da escola de Sísamo. Fixemos un pequeno percorrido polas carreteras que rodean a escola, anunciando a chegada das festas á parroquia. Ese día cadaquén veu disfrazado como máis lle gustaba.
Ademais serveunos de ensaio para a festa do venres que se celebrou no mercado municipal.
Tocar os instrumentos e facer ruído foi divertido e, ao mesmo tempo, moi cansado. Descubrimos que calquera instrumento require dun esforzo e se, a isto lle engadimos ter que camiñar e tocar ao ritmo marcado, ese traballo multiplícase.
Na xornada de hoxe, o alumnado de primaria fixo unha exposición sobre o que tiñan estudiado sobre o ciclo da auga.
Explicáronnos a importancia da auga para a vida das persoas, dos animais e das plantas, a súa escaseza na natureza, os estados nos que podemos atopar a auga e, ademais, de saber como se chamaban cada un dos procesos de transformación nos diferentes estados.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo en imaxes do que foi ese momento.
COMENTARIOS
hai 3 anos 38 semanas
hai 4 anos 45 semanas
hai 4 anos 45 semanas
hai 4 anos 45 semanas
hai 4 anos 45 semanas
hai 4 anos 45 semanas
hai 4 anos 45 semanas
hai 4 anos 45 semanas
hai 4 anos 45 semanas
hai 6 anos 22 semanas