Novas nais/pais
FONDO LIBROS _ Listaxes definitivas
FONDO LIBROS _ Listaxes definitivas
- 3º e 4º de Educación primaria
- 3º e 4º de ESO
Data publicación das listaxes definitivas Ed. primaria: 16 de xullo de 2019
Listaxe definitiva de admitidos Educación primaria.
Listaxe definitiva de excluídos Educación primaria.
Data publicación das listaxes definitivas E.S.O.: 13 de setembro de 2019
Os libros entregaranse aos alumnos no centro no mes de setembro.
FONDO LIBROS _ Listaxes provisionais
FONDO LIBROS _ Listaxes provisionais
FONDO LIBROS
- 3º e 4º de Educación primaria
- 3º e 4º de ESO
Data publicación das listaxes provisionais: 10 de xullo de 2019
Listaxe provisional de admitidos Educación primaria
Listaxe provisional de excluídos Educación primaria.
Listaxe provisional de admitidos ESO.
Listaxe provisional de excluídos ESO.
Nas listaxes provisionais indícase o número de libros que vai recibir cada alumno/a, para saber os libros das materias que se lle asigna a cada alumno/a é necesario esperar as listaxes definitivas.
Reclamación á publicación da listaxe provisional: 11 e 12 de xullo de 2019.
· Datas de publicación das listaxes definitivas:
- De EP (3º e 4º): o 16 de xullo de 2019.
- De ESO ( 3º e 4º): o 13 de setembro de 2019.
Os libros entregaranse aos alumnos no centro no mes de setembro.
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR_RECOLLIDA DE VALES
DATAS PARA A RECOLLIDA DE VALES
- VALES PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO (1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)
- VALES PARA A COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR (EDUCACIÓN PRIMARIA E ED. SECUNDARIA)
DATAS DE RECOLLIDA:
Por motivos de organización asignamos as seguintes datas de recollida, en función do curso no que estea matriculado para o ano 2019/20, dos vales de axuda para libros e para material escolar. As persoas que non poidan vir o día asignado poderano facer nos seguintes días.
Curso Data recollida
· 1º e 2º curso de Ed. Primaria-----------------luns, 8 de xullo de 2019
· 3º e 4º curso de Ed. Primaria-----------------martes, 9 de xullo de 2019
· 5º e 6º curso de Ed. Primaria-----------------mércores, 10 de xullo de 2019
. Todos os cursos da ESO*----------------------xoves, 11 de xullo de 2019
· Todos os que non viñeron os días anteriores----venres, 12 de xullo de 2019
*Os alumnos/as da ESO con materias pendentes recollerán os vales en setembro.
HORARIO: DE 10:00 horas -13.30 horas
Recoller os pais ou titor/a legal ou persoa autorizada.
A persoa autorizada debera presentar o formulario de autorización, fotocopia DNI do pai/nai/titor/a legal e DNI orixinal do autorizado/a.
O formulario de autorización pode recollerse no centro ou descargarse na páxina web.
Apertura do prazo de admisión de colaboradores/as para o comedor escolar 2019/20.
ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI PLURILINGÜE SANTA LUCÍA, COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2019/20.
As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2019/20, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2019, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2019.
Durante o curso escolar 2019/20 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.
Solicitude para presentarse como colaborador/a do servizo de comedor escolar.
Baremo para colaboradores/as do servizo de comedor escolar.
Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2019/2020
Pódese consultar aquí.
Calendario das probas extraordinarias de Setembro na ESO. Curso 2018/2019
Pódense consultar aquí, xunto cas datas de entrega dos boletíns de cualificacións e o prazo de revisión de exames
Circular de fin de curso 2018/2019 na ESO
Pódese consultar aquí.
Publicadas as listaxes de alumnado admitido nas Actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019.
De acordo co establecido na Orde do 4 de febreiro de 2019, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG 20/2/2019).
Publicadas as listaxes de seleccionados/as e de suplentes, ordenados por puntuación.
Máis información en http://www.edu.xunta.es/axudasle.
XV Xornadas de nais e pais, Educar en igualdade. Organizadas pola Secretaría Xeral de Igualdade.
Sobre a coeducación e prevención da violencia de xénero desde as familias, para as nais e pais e as súas fillas e fillos.
http://igualdade.xunta.gal/gl/programas/secretaria-xeral-da-igualdade-organiza-xv-xornadas-de-nais-e-pais-educar-en-igualdade.
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019_20
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (20/05/2019) e rematará o día 21 de xuño de 2019 (este incluído).
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- seguinte ›
- última »