15 NOVEMBRO. DÍA MUNDIAL SEN ALCOL
Hxe, celébrase o Día Mundial sen Alcol.
Para celebralo publicamos o manifesto que nos envían desde o Departamento de Conductas Adictivas do Concello de Cuntil.
CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Según o establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021, pola que se establece o calendario de celebración de eleccións de membros dos consellos escolare de centros docentes sostidos con fondos públicos; convócanse eleccións ao consello escolar nos seguintes sectores:
-Representantes do profesorado
-Representantes do alumnado
-Representantes dos pais/nais/titores legais
-Representantes do PAS
Publicación dos correspondentes censos electorais dos diferentes sectores. Período de reclamación: do 8 ao 15 de novembro.
Prazo de presentación de candidaturas dos diferentes sectores: do 9 ao 16 de novembro.
En Moraña, 8 de novembro de 2021
A directora e Presidenta da Xunta Electoral
María Fernández Ferro
Horario do Club de Lectura
Estimadas familias,
A continuación presentámosvos o horario do Club de Lectura durante o curso 2021/2022.
XOGOS OLÍMPICOS DO SAMAÍN
Esta semana por mor do Samaín e do Magosto tivemos unha celebración moi especial, “ Os I Xogos Olímpicos do CPI Santa Lucía”.
Desexabamos volver a disfrutar de xogos ao aire libre en un ambiente lúdico, de felicidade, festivo e sempre con respeto e axudándonos uns aos outros.
É por esto que os nosos premios se centraron na inclusión, na aceptación dos demáis e nunha competencia sana.
Estamos moi orgullosos dos nosos nenos e nenas e do exemplo que dan cada vez que teñen ocasión.
Nestes vídeos, clica na imaxe inferior, verás unha pequena mostra do ben que o pasamos todos e todas.
Un saúdo
O equipo educativo do CPI Santa Lucía
PROCESO DE RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
Comenza o proceso de renovación de membros do Consello Escolar do noso centro.
Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
O próximo venres, día 29 de outubro de 2021, terá lugar no salón de actos do noso centro o sorteo público polo que se constituirá a Xunta Electoral que levará a cabo dito proceso. Este sorteo terá lugar ás 10:30 horas.
A Xunta Electoral, unha vez constituida, concretará o calendario no que se levará a cabo esta renovación parcial do noso Consello Escolar.
A Xunta Electoral estará constituida, por:
-A directora
-Un pai/nai ou titor legal
-Un profesor/a
-Un representante do PAS
Moraña, 25 de outubro de 2021
REUNIÓN ANPA
Asemblea ANPA o día 1 de outubro ás 19:30.
Para obter información preme no seguinte enlace.
ANPA: Convocatoria asamblea xeral ordinaria
A continuación achegámosvos información da ANPA:
ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DO COLEXIO PUBLICO INTEGRADO PLURILINGÜE SANTA LUCIA DE MORAÑA
CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
Convocamos a todos os pais e nais de alumnos o próximo dia 24 de setembro a unha Asamblea Xeral ordinaria, ás 19:30horas en primeira convocatoria, e ás 20:00horas en segunda convocatoria, no salón de actos do CPI Plurilingüe Santa Lucía de Moraña.
Orde do día:
1.-Presentación de contas.
2.-Presentación de candidatos e candidatas para renovación dos membros da xunta directiva.
3.-Actividades extraescolares
4.-Rogos e preguntas.
Moraña, 9 de setembro de 2021
Vales de material para o alumnado ESO
Estimadas familias:
Están a vosa disposición os vales de material para o alumnado da ESO.
Recolleranse en secretaría o venres día 17. Se algunha familia non puidera ese día, o luns día 20 poderán facelo.
Un saúdo.
A directora.
María Fernández
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »