Disque TV - HFC Alberto Núñez Feijóo

Chegou o día, en exclusiva para o noso canle, dende o Parlamento de Galicia para todos vós.  Hoxe Falamos Con... ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, Presidente da Xunta de Galicia.

Tivemos a sorte de que o presidente nos concedera uns 45 minutos do seu tempo. A entrevista é a máis longa que fixemos e decidimos facer dúas versións. Unha completa con todo o que lle preguntamos e co que respostou e outra moito máis resumida.

 

Esperamos que vos guste. Nós temos que dar as grazas ao Presidente da Xunta e a Marta Varela pola súa amabilidade e sobre todo por todas as facilidades que puxeron para que puidéramos facer este proxecto realidade.

Guardar

SOLICITUDE DE UTILIZACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O ANO 2017/2018

     O vindeiro venres 23 de xuño entregarase o impreso de solicitude de utilización do servizo de comedor escolar para o curso 2017/2018 ao alumnado de 4º a 6º de infantil e de 1º a 5º de primaria do CPI Santa Lucía que actualmente emprega este servizo.

     O alumnado que no curso 2017/2018 vaia cursar estudos de Educación secundaria obrigatoria, poderá cubrir a solicitude de utilización do servizo de comedor escolar que se inclúe no sobre de matrícula que se lle entregará xunto co boletín de cualificacións.

     O alumnado que no curso actual non estea empregando este servizo e queira solicitalo para o vindeiro curso, pode pedir os impresos na conserxería do centro.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet