Convocadas as Actividades formativas STEM en lingua inglesa STEMweek para o alumnado de 3º e 4 da ESO

Convocadas axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2018 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Estas actividades van dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia durante o curso 2017/18.

Máis info en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25248.

Moraña no mundo. Vero, Burdeos

Disque TV: AVÓS

Disque tv: Arroz con chícharos. Riciños de Ouro

Aday Ruiz Campos invítanos a súa casa para realizar un vistoso prato chamado "Riciños de ouro"

 

Disque TV: Moraña No Mundo. Mary, Uruguay

Hoxe en Moraña no Mundo, presentamos a Mary ...

Disque TV: Hoxe Falamos con... Xefe territorial e o Delegado da Xunta de Galicia

Aproveitando a visita do Xefe Territorial e o delegado da  Xunta de Galicia ao noso centro, fixémoslle unha pequena entrevista e atención... arrancámoslle un compromiso. Sabedes cal? A solución no vídeo.

 

Axudas para libros de texto e material escolar curso 2018-19

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2018-19

Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinado a alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos no curso 2018/19.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (22/05/2018) e rematará o día 22 de xuño de 2018 (este incluído).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos for­mularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros do­centes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

·         Orde do 9 de maio de 2018

·         Formulario de solicitude (Anexo I e II)

Resumo das instrucións

 

Powered by Drupal - Design by artinet