Proceso de admisión-matrícula para o curso 2019/2020

Proceso de admisión-matrícula para o curso 2019/2020

Este proceso desenvólvese en 4 fases:

1ª Fase.- RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN. Curso 2019/2020.

Reserva de praza: (alumnado doutros centros).

Este suposto é para o alumnado pertencente a un centro adscrito, no noso caso abrangue os seguinte centros:

a.  Escola de educación infantil de Amil

b. Escola de educación infantil San Lourenzo de Moraña (Espedregueira)

c.  Escola de educación infantil de Lamas (Souto)

Tamén está dirixido ao alumnado que quere cambiar dun centro a outro ao que estea adscrito.

Prazo do 1 ao 15 de febreiro.

 

2ª Fase.- SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO NOSO CENTRO. Curso 2019/2020.

Solicitude de admisión: (alumnado doutros centros ou que se incorpore ao sistema educativo por primeira vez)

Este suposto é para o alumnado que solicita praza no noso centro e non pertence a un dos centros adscritos reflectidos na fase anterior.

Prazo do 1 ao 20 de marzo.

 

3ª Fase.- RESERVA INTERNA. Curso 2019/2020.

Reserva interna: (alumnado do centro)

O alumnado de tódolos cursos de educación infantil e primaria ten a necesidade de cumprimentar unhas follas de reserva interna para coñecer as súas preferencias e os servizos complementarios que vai utilizar de cara ao curso seguinte xa que ten unha praza garantida para o seguinte nivel ao que está cursando.  Os titores/as de cada grupo de alumnos/as serán os encargados de repartir e explicar estes formularios no  mes de maio.

Abrangue do 21 de maio ao 31 de maio.

 

4ª Fase.- MATRÍCULA. Curso 2019/2020.

Matrícula. (Alumnado novo  e alumnado do centro da ESO)

Prazos para formalizar a matrícula:

a.  Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño de 2019

b.  E.S.O.:

                   i.    Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2019

            ii.  Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2019

Convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019.

Convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

CIRCULAR INFORMATIVA: CARNÉ DO ALUMNADO AUTORIZADO A SAÍR SÓ.

A partir do 11 de febreiro de 2019 o alumnado do CPI Plurilingüe Santa Lucía autorizado polo seu pai/nai ou titor/a legal a saír só do recinto escolar ao remate da xornada lectiva deberá empregar o carné que lle foi facilitado na secretaría do centro. Máis información neste enlace.

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN. Curso 2019/2020.

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN. Curso 2019/2020.

Reserva de praza: (alumnado doutros centros).

Este suposto é para o alumnado pertencente a un centro adscrito, no noso caso abrangue os seguinte centros:

a.  Escola de educación infantil de Amil

b. Escola de educación infantil San Lourenzo de Moraña (Espedregueira)

c.  Escola de educación infantil de Lamas (Souto)

Tamén está dirixido ao alumnado que quere cambiar dun centro a outro ao que estea adscrito.

Prazo do 1 ao 15 de febreiro.

Para máis información preme aquí.

Listaxe de solicitudes admitidas. Centro de adscrición _(publicado 22/02/19).

 

POSPONSE A CARREIRA SOLIDARIA

 

Debido ás predicións meteorolóxicas adversas, temos que pospoñer a Carreira Solidaria do mércores 30 de xaneiro e as actividades vencelladas á mesma.

Estaremos pendentes das previsións da vindeira semana para poñer unha nova data.

Un saúdo,

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.

Cumpreanos de primeiro

 

Cumpreanos de primeiro. 1º trimestre

Festa de fin de ano 2018

25N

Eleccións para a renovación parcial dos membros do consello escolar

Estimadas familias:

Como xa se informou previamente, nesta convocatoria procede renovar un representante do sector pais/nais para o Consello escolar do centro.

Segundo se establece no artigo 9º do capítulo IV do Decreto 7/1999 do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias (DOG 26-01-1999),“A xunta electoral solicitaralle, cando proceda, á asociación de pais de alumnos do centro legalmente constituída, que teña maior número de asociados a proposta dun representante para o Consello Escolar”.

Posto que a ANPA do centro xa designou o seu representante, non se celebrará a votación para este sector.

En canto ao sector de alumnado, lembramos ao alumnado de Educación secundaria obrigatoria que poden presentar a súas candidaturas ata o día 15 de novembro.

Moraña, 12 de novembro de 2018.

A Dirección.

Powered by Drupal - Design by artinet