AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

(Alumnado da ESO que tiña materias pendentes para setembro)

Data para a recollida dos vales.- Martes, 15 de setembro do 2020

Horario:

  • De 10:00 horas a 12:00 horas
  • De 13:30 horas a 14:00 horas

Deben recoller o vale os pais/nais, titor/a legal ou persoa autorizada.

A persoa autorizada deberá presentar o formulario de autorización, fotocopia do DNI do pai/nai/titor/a legal  e DNI orixinal do autorizado/a. Descargar formulario de autorización.

Aprázase o inicio escolar do alumnado de secundaria aos días 23, 24 e 25 setembro.

Estimadas familias:

Segundo vén de saír publicado no portal da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, aprázase o inicio do curso escolar para o alumnado da ESO do seguinte xeito:

- mércores 23 setembro: 1º e 2º ESO.

- xoves 24 setembro: 3º ESO.

- venres 25 setembro: 4º ESO.

Máis información en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889

Un saúdo,

Silvia Padrón

directora.

Resumo do Plan de Adaptación á situación COVID-19 no curso 2020/2021 do CPI Plurilingüe Santa Lucía

Prema no seguinte enlace para acceder ao resumo:


Plan de Adaptación

Recollida de Autobuses ata o 15 de setembro

Estimadas familias,

Dende o 10 ata o 15 setembro, incluído, o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria que fai uso do transporte, será recollido polos autobuses ás 15:15 horas no centro educativo.

Un saúdo.

Circular informativa familias alumnado infantil e primaria - Curso 2020/21

 

Podedes consultar a Circular informativa neste enlace.

Podedes consultar a Enquisa de autoavaliación clínica da COVID19 neste enlace.

Nota acalaratoria: A enquisa deberá realizarse diariamente, pero non será necesario cubrila nin entregala no centro educativo.

Durante esta semana, o alumnado de infantil e primaria levarán a casa unha Declaración responsable. Unha vez asinada a Declaración por parte do pai/nai/titor legal, o alumno/a entregaralla ao titor o luns 14 de setembro. Declaración responsable.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

LISTAXE DE MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias,

a continuación tedes a listaxe de material escolar que necesitarán os vosos fillos e fillas de cara o vindeiro curso 2020/2021:

 

                                   MATERIAL 1º EP

                                   MATERIAL 2º EP

                                   MATERIAL 3º EP

                                   MATERIAL 4º EP

                                   MATERIAL 5º EP

                                   MATERIAL 6º EP

                                                        

Un saúdo.

Inicio do curso escolar 2020/21.

Estimadas familias:

Informámosvos de que, segundo vén de anunciar a Consellería de Educación, U. e F.P. na súa páxina web, o curso escolar 2020/21 comezará o vindeiro xoves 10 de setembro, coa incorporación gradual do alumnado, do seguinte xeito:

Xoves 10 setembro: 4º e 5º infantil e 1º, 2º, e 3º primaria.

Venres 11 setembro: 6º infantil e 4º, 5º e 6º primaria.

Mércores 16 setembro: 1º e 2º ESO.

Xoves 17 setembro: 3º ESO.

Venres 18 setembro: 4º ESO.

Podedes consultar toda a información na páxina web da Consellería de Educación, U. e F.P.

http://www.edu.xunta.es/portal/node/31756

 

Un saúdo,

Silvia Padrón

directora.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

RECOLLIDA DE VALES

- VALES PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO (1º e 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

- VALES PARA A COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR (EDUCACIÓN PRIMARIA e ESO)

DATAS DE RECOLLIDA:

Por motivos de organización asignamos as seguintes datas de recollida, en función do curso no que estea matriculado o alumno/a para o ano 2020/21, dos vales de axuda para libros e para material escolar. As persoas que non poidan vir o día asignado poderano facer nos seguintes días.

  • 1º e 2º curso de Educación Primaria ---------------- luns, 13 de xullo de 2020
  • 3º e 4º curso de Educación Primaria ---------------- martes, 14 de xullo de 2020
  • 5º e 6º curso de Educación Primaria ---------------- mércores, 15 de xullo de 2020
  • Todos os cursos da ESO ------------------------------- xoves, 16 de xullo de 2020
  • Todos os que nos viñeron os días anteriores ----- venres, 17 de xullo de 2020

- Os alumnos/as da ESO con materias pendentes recollerán os vales en setembro.

- HORARIO: DE 9:30 horas - 13:30 horas

- Recoller os pais, titor/a legal ou persoa autorizada.

- A persoa autorizada deberá preseNtar o formulario de autorización, fotocopia do DNI do pai/nai/titor/a legar e DNI orixinal do autorizado/a

- O formulario de autorización pode recollerse no Centro ou descargarse na páxina web. Descarga formulario de autorización.

 


 

Fondo Libros_Listaxes provisionais

FONDO LIBROS

(3º e 4º de Educación Primaria - 3º e 4º de ESO)

 

- Data publicación das listaxes provisionais: 10 de xullo de 2020.

- A consulta das listaxes realizarase no CPI Plurilingüe Santa Lucía.

- Nas listaxes provisionais indícase o número de libros que vai recibir cada alumno/a, para saber os libros das materias que se lle asigna a cada alumno/a é necesario esperar as listaxes definitivas.

- Reclamación á publicación da listaxe provisional: 13 e 14 de xullo de 2020.

- Datas de publicación das listaxes definitivas:

       - De EP (3º e 4º): 17 de xullo de 2020.

       - De ESO (3º e 4º): 14 de setembro de 2020.

- Os libros entregaranse aos alumnos/as no Centro no mes de setembro.


 

Powered by Drupal - Design by artinet