Mascota escolar
Estimadas familias,
Este ano o centro organizou un concurso de mascotas, e éstas son as finalistas.
O venres comunicaremos o gañador ou gañadora.
DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Estimadas familias,
Hoxe celebramos o Día Internacional contra a violencia de xénero, e dende o centro quixemos aportar o noso gran de area na loita contra esta lacra social.
Escola de familias - Educación a distancia
Estimadas familias,
O vindeiro venres 4 de decembro do 2020, levarase a cabo a formación ofrecida polo CFR Pontevedra a través do CPI Santa Lucía, dirixida ás familias.
Todos aqueles e aquelas que queirades participar, teredes na páxina web do centro, 30 minutos antes da formación, o enlace da mesma.
Unha vez que cliquedes, tedes que escribir o voso nome (Juan) e no enderezo electrónico (nonresponder@edu.xunta.gal).
Animádevos a participar.
Un saúdo.
Equipo Tics.
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA E SECUNDARIA.
Estimadas familias:
Informámosvos de que con data 13 de novembro foi publicada no DOG a "Orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato".
O alumnado do noso centro que recibiu a principios de curso a axuda de material escolar da Xunta, recibirá as máscaras de xeito directo, polo que non terá que formalizar ningunha solicitude.
Tamén poderá beneficiarse do subministro de máscaras o resto do alumnado se reúne algún dos seguintes requisitos:
- ter renda per capita igual ou inferior a 6.000 euros;
- estar matriculado en Educación especial;
- estar suxeito a garda ou tutela da Xunta de Galicia;
- ter unha discapacidade igual ou superior ao 65%.
Nestes casos, a familia do alumno/a debe tramitar a correspondente solicitude, presentando no centro os Anexos cubertos, en horario de 09.45h a 12.00h e de 13.30h a 14.00h. O prazo de presentación permanecerá aberto desde o luns día 16 ata o venres 27 de novembro.
Manterémosvos informados/as sobre o procedemento de reparto de máscaras.
Un saúdo,
Silvia Padrón
directora.
Blogue do Departamento de Orientación
Queridos alumnos, familias e profesores do CPI Plurilingüe Santa Lucía, damos a benvida a un novo espazo de encontro e de informacións para toda a comunidade educativa!
Dende hoxe estará activo o novo blogue do Departamento de Orientación do noso centro, onde poderedes encontrar todo tipo de información de interese para poder conseguir o mellor desenvolvemento do nosos nenos e nenas.
Como di este proverbio africano: "Para educar a un neno, fai falla a tribu enteira". Temos que facelo entre todos e todas. Todos somos importantes e aportamos elementos fundamentais nese desenvolvemento.
Nesto consiste este blogue, en que as familias, o profesorado e os propios rapaces e rapazas teñan un lugar onde encontrar información e vivencias que nos servan nesa tarefa de crecemento.
O nome deste blogue é "Felices para ensinar. Felicer para aprender".
Cremos que é un gran reto: Ser felices!!
Porque ser felices implica que a tribu fixo a súa labor.
A por ese gran reto...
Saúdos e benvidos.
O Departamento de Orientación.
CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR.
Estimadas familias:
Poño á vosa disposición unha circular informativa sobre o servizo de comedor escolar do centro. Podedes consultala neste enlace.
Un saúdo,
Silvia Padrón
directora.
CONTO COLABORATIVO DE SAMAÍN
Videocontos para o Samaín
Os alumnos e alumnas do CPI Plurilingüe Santa Lucía (Moraña) elaboron distintos contos de medo.
No blog de lingua galega "ARRE BICHO" tendes unha mostra do seu traballo.
Esperamos que vos guste!!
http://arrebichoedlg.blogspot.com/2020/10/contos-de-medo-para-conmemorar-o-samain.html
ACORDO COMEDORES ESCOLARES.
Novo acordo do Consello da Xunta de Galicia en materia de comedores escolares, polo que o noso centro pode aceptar a colaboración de persoas voluntarias que reúnan a condición de seren familiares dos alumnos/as comensais e convivan no mesmo domicilio destes. Esta lista permanecerá aberta ao longo de todo o curso 2020-2021.
Pódese consultar neste enlace.
APERTURA DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR.
Estimadas familias:
Complácenos poder informarvos de que mañá mércores 21 de outubro abriremos o servizo de comedor escolar do centro, debido a que actualmente contamos con suficientes membros da comunidade educativa que están dispostos a colaborar nas tarefas de vixilancia do alumnado.
En calquera caso, o centro deixa aberta a porta a novas solicitudes de colaboración pola vosa parte, para cubrir as ausencias que poidan producirse ao longo do curso no persoal colaborador admitido hasta o momento.
Do mesmo xeito, a partir de mañá mércores 21 tamén queda restablecido o servizo de transporte no horario habitual:
- Infantil e primaria: Luns-venres 16.00h.
- Secundaria: Luns 18.10h. Martes-venres 16.00h.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Un saúdo
Silvia Padrón
directora.
CIRCULAR PARA AS FAMILIAS SOBRE COMEDOR E TRANSPORTE.
Estimadas familias:
Sentimos comunicarvos que continuamos sen ter persoal colaborador suficiente para que o servizo de comedor escolar poida ser restablecido. Por ese motivo, mañá xoves 15 de outubro tampouco poderá funcionar o servizo de comedor.
Como xa vos trasladei no día de onte, actualmente continúa aberto o prazo para que dende as familias vos presentedes voluntarios/as para colaborar. A este respecto infórmovos dunha novidade: excepcionalmente, está previsto que poidan actuar como colaboradores/as, ademais de pais e nais, outros familiares que convivan con alumnado usuario do servizo de comedor escolar. Animámosvos novamente a que vos presentedes, co fin de que o servizo poida ser restablecido á maior brevidade, en beneficio de toda a comunidade educativa.
O horario de saída do alumnado transportado e non transportado será o mesmo destes días.
Volveremos a informarvos mañá xoves 15 sobre os servizos de comedor e transporte.
Moitas grazas pola vosa comprensión e colaboración.
Un saúdo,
Silvia Padrón
Directora.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »