ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Estimadas familias:
Como sabedes, está en marcha o proceso de renovación parcial do Consello escolar do centro.
Renovarase unha das prazas do sector das familias. A votación farase o día 29 de novembro, o próximo martes, de 18:00 a 20:00, na biblioteca do CPI Santa Lucía.
A candidatura deste sector é a proposta por Lucía Sueiro García.
Un saúdo
A directora
Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres
Material para traballar en aula o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Preme no seguinte enlace.
CONVOCATORÍA ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Según o establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, pola que se establece o calendario de celebración de eleccións de membros de consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, convócanse eleccións ao Consello Escolar nos
seguintes sectores:
-Representantes do profesorado
-Representantes do alumnado
-Representantes dos pais/nais/titores legais
Publicación dos correspondentes censos electorais dos diferentes sectores. Período de reclamación: do 10 ao 17 de novembro
Prazo de presentación de candidaturas de diferentes sectores: do 11 ao 18 de novembro
A directora e Presidenta da Xunta Electoral
María Fernández Ferro
RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR
RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR
Segundo a Resolución do 19 de setembro de 2022, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públcios, comenza o proceso de renovación parcial do noso consello escolar.
Serán renovados os seguintes sectores:
-profesorado: renovaranse 3 membros
-familias: renovarase 1 membro ( o menos votado da última renovación)
-alumnado: renovarase 1 membro ( o menos votado da última renovación)
-PAS: non se renovará
O primeiro paso deste proceso será a constitución da Xunta Electoral que guiará e controlará dita renovación.
A Xunta Electoral estará formada, por: a directora, un profesor/a, un pai, nai ou titor/a legar, un alumno/a e un membro do PAS. Os 4 últimos designados por sorteo público que se levará a cabo o próximo venres 28 de outubro de 2022 ás 12:00 na biblioteca do noso centro educativo.
A directora
María Fernández Ferro
REUNIÓN INICIO CURSO ESO
Recordamos ás familias do alumnado da ESO que o luns 3 de outubro ás 18:20 terá lugar a reunion de inicio de curso 2022-2023 no salón de actos.
MENÚS 1º TRIMESTRE
Estimadas familias. Benvidos a un novo curso!!
Aquí vos deixamos o enlace aos menús do 1º trimestre.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »