AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR_RECOLLIDA DE VALES

DATAS PARA  A RECOLLIDA DE VALES

  • VALES   PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO  (1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)
  • VALES PARA A COMPRA DE MATERIAL    ESCOLAR  (EDUCACIÓN PRIMARIA E ED. SECUNDARIA)

DATAS DE RECOLLIDA   

Por motivos de organización asignamos as seguintes datas de recollida, en función do curso no que estea matriculado para o ano 2019/20,  dos vales de axuda para libros e para material escolar. As persoas que non poidan vir o día asignado poderano facer nos seguintes días.

Curso                                                    Data recollida

·     1º e 2º curso de Ed. Primaria-----------------luns, 8 de xullo de 2019

·     3º e 4º curso de Ed. Primaria-----------------martes, 9 de xullo de 2019

·     5º e 6º curso de Ed. Primaria-----------------mércores, 10 de xullo de 2019

.     Todos os cursos da ESO*----------------------xoves, 11 de xullo de 2019

·     Todos os que non viñeron os días anteriores----venres, 12 de xullo de 2019

*Os alumnos/as da ESO con materias pendentes  recollerán os vales en setembro.

HORARIO: DE 10:00 horas -13.30 horas

Recoller os pais ou titor/a legal ou persoa autorizada.

A persoa autorizada debera presentar o formulario de autorización, fotocopia DNI do pai/nai/titor/a legal e DNI orixinal  do autorizado/a.

O formulario de autorización pode recollerse no centro ou descargarse na páxina web.

Descarga formulario de autorización

Apertura do prazo de admisión de colaboradores/as para o comedor escolar 2019/20.

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI PLURILINGÜE SANTA LUCÍA, COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2019/20.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2019/20, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2019, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2019.

Durante o curso escolar 2019/20 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Solicitude para presentarse como colaborador/a do servizo de comedor escolar.

Baremo para colaboradores/as do servizo de comedor escolar.

 

Calendario das probas extraordinarias de Setembro na ESO. Curso 2018/2019

Pódense consultar aquí, xunto cas datas de entrega dos boletíns de cualificacións e o prazo de revisión de exames

Corazón de Plástico

Manipulando as matemáticas en 1º EP

Os monumentos do mundo, 5ºB EI

Que sabedes sobre os monumentos do mundo? Os nenos e nenas de 5º B de EI cóntavolo todo !

 

PROCESO DE MATRÍCULA CURSO 2019/20

PROCESO DE MATRÍCULA CURSO 2019/20

(Alumnado novo que se matricule por 1ª vez no CPI Santa Lucía ou alumnado da ESO que xa estivo matriculado no noso centro no curso 2018/19)

Prazo para formalizar a matrícula:

·         Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño de 2019

·          ESO.:

 i.   Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2019 (alumnos/as procedentes de educación primaria e alumnos/as da ESO que aproban todo en xuño)

ii.    Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2019 (alumnos/as que suspenderon algunha  materias en xuño)

 

Descarga de información e impresos

Publicadas as listaxes de alumnado admitido nas Actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019.

De acordo co establecido na Orde do 4 de febreiro de 2019, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG 20/2/2019).

Publicadas as listaxes de seleccionados/as e de suplentes, ordenados por puntuación.

Máis información en http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Powered by Drupal - Design by artinet