MATRÍCULA CURSO 2020/21
PROCESO DE MATRÍCULA CURSO 2020/21
(Alumnado novo que se matricule por 1ª vez no CPI Santa Lucía ou alumnado da ESO que xa estivo matriculado no noso centro no curso 2019/20)
Prazo para formalizar a matrícula:
i. Prazo ordinario: do 1 ao 10 de xullo de 2020
ii. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020 (alumnos/as da ESO que suspenderon algunha materia en xuño)
Circular de final de curso 2019/2020 na ESO
Pódese consultar nesta ligazón.
Información do Departamento de Orientación relativa á orientación académica para o curso 20/21
Nas seguintes ligazóns pódese atopar información relativa á orientación académicas por cursos, de cara ao vindeiro curso 2020/2021
Orientación académica: paso de 6º de Educación Primaria a 1º de ESO
Orientación académica: paso de 1º de ESO a 2º de ESO
Orientación académica: paso de 2º de ESO a 3º de ESO
Orientación académica: paso de 3º de ESO a 4º de ESO
Departamento de Orientación do CPI Plurilingüe Santa Lucía
31 de Maio Día Mundial sen tabaco
Dende o CPI Plurilingüe Santa Lucía facémonos eco da información transmitida desde o Proxecto de prevención das condutas aditivas de Cuntis, Barro , Campo Lameiro, Moraña e Portas no Día Mundial sen tabaco o 31 de Maio promovido pola Organización Mundial da Saúde (OMS)
Nos seguintes enlaces tedes información relacionada con esta data:
CIRCULAR FAMILIAS: RECOLLIDA DE MATERIAL DO ALUMNADO NO CENTRO.
- Nos vindeiros días os titores/as entregarán a cada alumno/a todo o material que teña no centro. Poderá acceder un proxenitor, o alumno, ou este acompañado polo proxenitor.
- Rogamos a todas as persoas que accedan ao recinto escolar que en todo momento respecten as medidas de prevención e hixiene, mantendo a distancia mínima interpersoal de 2 metros de distancia. É obrigatorio o uso de mascarilla.
- A entrega de material realizarase na propia aula do alumno. Só entrará un proxenitor/alumno de cada vez, o seguinte deberá esperar na porta da aula. A saída do edificio realizarase polos patios cubertos.
- Cada alumno deberá vir provisto dunha bolsa/mochila para recoller o seu material.
- Antes e despois do proceso de entrega de material, o proxenitor deberá desinfectar as mans co xel hidroalcohólico que lle facilitará o titor/a.
- No caso de irmáns, o proxenitor poderá acudir nos diversos días nos que está citado; tamén ten a opción de vir o último día no que está citado un dos seus fillos. Nese caso, o proxenitor deberá pedir o material do outro fillo/a na conserxería.
- Os alumnos/as que teñan no seu domicilio algún libro ou mochila viaxeira da biblioteca deberán entregalo o mesmo día na biblioteca do centro.
- Rogamos a todas as persoas que accedan ao recinto escolar que abandonen o mesmo unha vez rematado o trámite, co obxectivo de evitar aglomeracións.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Un saúdo,
Silvia Padrón
Directora.
Semana do 1 ao 5 de xuño.
Recollida do material por parte do alumnado de ed. Infantil, 1º e 2º de EP, de tal xeito.
Horas. |
Luns 1 |
Martes 2 |
Mércores 3 |
Xoves 4 |
Venres 5 |
9:30 a 11:30 h |
|
1º A EP |
1º A EP |
2º A EP |
2º A EP |
11:30 a 13:30 h |
|
1º B EP |
1º B EP |
2º B EP |
2º B EP |
Recollida do material por parte do alumnado de 3º e 4º de ESO, de tal xeito.
Horas. |
Luns 1 |
Martes 2 |
Mércores 3 |
Xoves 4 |
Venres 5 |
10:00 a 13:00 h |
|
|
4º ESO A |
3º ESO A |
3º ESO B |
Semana do 8 ao 12 de xuño.
Recollida de material e devolución de libros por parte do alumnado de 3º e 4º de EP.
Horas. |
Luns 8 |
Martes 9 |
Mércores 10 |
Xoves 11 |
Venres 12 |
9:30 a 11:30 h |
3ºA EP 4ºA EP |
3ºA EP 4ºA EP |
3ºA EP 4ºA EP |
|
|
11:30 a 13:30 h |
3ºB EP 4ºB EP |
3ºB EP 4ºB EP |
3ºB EP 4ºB EP |
|
Recollida do material por parte do alumnado de 1º e 2º de ESO, de tal xeito.
Horas.
Luns 8 |
Martes 9 |
Mércores 10 |
Xoves 11 |
Venres 12 |
|
10:00 a 13:00 h |
2º ESO A |
2º ESO B |
1º ESO A |
1º ESO B |
|
Semana do 15 ao 19 de xuño.
Recollida do material por parte do alumnado de Infantil.
Horas. |
Luns 15 |
Martes 16 |
Mércores 17 |
Xoves 18 |
Venres 19 |
9:30 a 11:30 h |
|
4º EI
|
4º EI |
6º EI A
|
6º EI A
|
11:30 a 13:30 h |
|
5º EI
|
5º EI
|
6ºEI B
|
6ºEI B
|
Recollida de material e devolución de ordenadores E-Dixgal (á espera de instrucións) do alumnado de 5º e 6º de EP.
Horas. |
Luns 15 |
Martes 16 |
Mércores 17 |
Xoves 18 |
Venres 19 |
9:30 a 11:30 h |
|
|
5ºA 6ºA |
5ºA 6ºA |
5ºA 6ºA |
11:30 a 13:30 h |
|
|
5ºB 6ºB |
5ºB 6ºB |
5ºB 6ºB |
SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO NOSO CENTRO. Curso 2020/2021
Solicitude de admisión para o alumnado que no curso 2019/2020 estivo matriculado noutros centros ou que se incorpore ao sistema educativo por primeira vez.
o Listaxe provisional de alumnado admitido. Admisión curso 2020/2021 (publicado 25/05/2020). Prazo de reclamación das listaxes provisionais: 26, 27 e 28 de maio de 2020.
o Listaxe definitiva de alumnado admitido. Admisión curso 2020/2021 (publicado 16/06/2020).
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021_22
Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinado a alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos no curso 2021/22.
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (21/05/2021) e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Horario de atención no centro educativo: 9:45 - 12:00 ou de 13:30 - 14:00.
Letras Galegas
Preme neste enlace e escribe as túas dúas palabras favoritas en lingua galega.
https://www.menti.com/fkt68wub4m
Proceso de admisión-matrícula para o curso 2020/2021
Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021
2ª Fase.- SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO NOSO CENTRO. Curso 2020/2021.
Solicitude de admisión de alumnado doutros centros ou que se incorpore ao sistema educativo por primeira vez.
Este suposto é para o alumnado que solicita praza no noso centro e non pertence a un dos centros adscritos reflectidos na fase anterior.
Prazo do 11 ao 18 de maio.
· Resolución do 7 de maio de 2020: Restablecemento do procedemento de admisión
· Anexo II: Formulario de solicitude de admisión.
· Vacantes ofertadas polo CPI Plurilingüe Santa Lucía para o curso 2020/21.
Todos/as os que opten por presentar a solicitude de xeito presencial, deben solicitar cita previa no número de teléfono do centro, 886159528, de Luns a Venres en horario de 09.00h a 14:00h. A solicitude debe presentarse no centro cuberta e asinada por ambos proxenitores; por favor lean con atención a documentación que deberían entregar e rogamos a máxima atención para facer todo o proceso do xeito requirido. Documento.
Agradecemos moito a súa colaboración.
Para máis información e para recoller os impresos de admisión pódense dirixir á Secretaría do CPI Plurilingüe Santa Lucía en horario de atención ó público de 9:00 – 14:00 horas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »