CONVOCATORÍA ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

11/10/2022 09:19
Etc/GMT

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Según o establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, pola que se establece o calendario de celebración de eleccións de membros de consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, convócanse eleccións ao Consello Escolar nos

seguintes sectores:

                                -Representantes do profesorado

                               -Representantes do alumnado

                               -Representantes dos pais/nais/titores legais

 

Publicación dos correspondentes censos electorais dos diferentes sectores. Período de reclamación: do 10 ao 17 de novembro

 

Prazo de presentación de candidaturas de diferentes sectores: do 11 ao 18 de novembro

 

A directora e Presidenta da Xunta Electoral

María Fernández Ferro

 

 

Club de Lectura


RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

10/25/2022 07:47
Etc/GMT

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR 

Segundo a Resolución do 19 de setembro de 2022, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públcios, comenza o proceso de renovación parcial do noso consello escolar.

Serán renovados os seguintes sectores:

-profesorado: renovaranse 3 membros

-familias: renovarase 1 membro ( o menos votado da última renovación)

-alumnado: renovarase 1 membro ( o menos votado da última renovación)

-PAS: non se renovará

O primeiro paso deste proceso será a constitución da Xunta Electoral que guiará e controlará dita renovación.

A Xunta Electoral estará formada, por: a directora, un profesor/a, un pai, nai ou titor/a legar, un alumno/a e un membro do PAS. Os 4 últimos designados por sorteo público que se levará a cabo o próximo venres 28 de outubro de 2022 ás 12:00 na biblioteca do noso centro educativo.

A directora

María Fernández Ferro

REUNIÓN INICIO CURSO ESO

Recordamos ás familias do alumnado da ESO que o luns 3 de outubro ás 18:20 terá lugar a reunion de inicio de curso 2022-2023 no salón de actos.

MENÚS 1º TRIMESTRE

09/07/2022 10:42
Etc/GMT

Estimadas familias. Benvidos a un novo curso!!

Aquí vos deixamos o enlace aos menús do 1º trimestre.

 

Menús 1º trimestre

Reunións comezo de curso

 

O vindeiro MARTES 6 de setembro convidámosvos a asistir ás reunións de comezo de curso para os seguintes grupos e no seguinte horario (no salón de actos para Primaria e no patio de infantil para Infantil):

 

EDUCACIÓN PRIMARIA EDUCACIÓN INFANTIL
10:00 1º e 2º 4 e 5 anos 16:30
12:30 3º e 5º 3 anos 17:30

RECOLLIDA DE VALES PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

07/11/2022 11:05
Etc/GMT

RECOLLIDA DE VALES PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

Mañan, martes 12 de xullo e mércoles 13 de xullo, farase entrega dos vales para a adquisición de libros de texto en 1º e 2º de Primaria e dos vales para compra de material escolar para Primaria e ESO, en horario de 9:00 a 12:00.

 

  • VALES para a adquisición de LIBROS DE TEXTO (1º e 2º E.P.).
  • VALES para a compra de MATERIAL ESCOLAR (EDUCACIÓN PRIMARIA e ESO).

 

Un saúdo

A dirección

LISTAS MATERIAL ESCOLAR

 

A continuación atoparedes os enlaces ao material escolar para o curso 2022-2023 da etapa de Primaria.

*Todo o material debe vir co nome da alumna ou do alumno podéndose reutilizar material de cursos pasados.

* A lista queda aberta a calquera material que se necesite en setembro ou durante o curso escolar (como os libros de lectura).

 

FONDO LIBROS: Listaxes provisionais

Informamos que o luns 4 de xullo 2022 publicarase no centro a adxudicación provisional de libros de texto para o alumnado que cursará 3º e 4º de primaria no curso 2022/23.

O prazo de reclamación á listaxe provisional será de dous días tras a súa publicación:  5 e 6 de xullo de 2022.

As listaxes provisionais indican o número de libros que vai recibir cada alumno/a. Só nas listaxes definitivas pódese consultar os libros que se lle asigna por materia.

 

Powered by Drupal - Design by artinet