Os monumentos do mundo, 5ºB EI

Que sabedes sobre os monumentos do mundo? Os nenos e nenas de 5º B de EI cóntavolo todo !

 

PROCESO DE MATRÍCULA CURSO 2019/20

PROCESO DE MATRÍCULA CURSO 2019/20

(Alumnado novo que se matricule por 1ª vez no CPI Santa Lucía ou alumnado da ESO que xa estivo matriculado no noso centro no curso 2018/19)

Prazo para formalizar a matrícula:

·         Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño de 2019

·          ESO.:

 i.   Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2019 (alumnos/as procedentes de educación primaria e alumnos/as da ESO que aproban todo en xuño)

ii.    Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2019 (alumnos/as que suspenderon algunha  materias en xuño)

 

Descarga de información e impresos

Publicadas as listaxes de alumnado admitido nas Actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019.

De acordo co establecido na Orde do 4 de febreiro de 2019, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG 20/2/2019).

Publicadas as listaxes de seleccionados/as e de suplentes, ordenados por puntuación.

Máis información en http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Visita á base "O Campiño"

Amosámosvos as fotos da excursión de 3º de Educación Primaira do curso pasado á base "O Campiño". Preme na foto para ver unha presentación das mesmas.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Visita á base "O Campiño"

XV Xornadas de nais e pais, Educar en igualdade. Organizadas pola Secretaría Xeral de Igualdade.

Sobre a coeducación e prevención da violencia de xénero desde as familias, para as nais e pais e as súas fillas e fillos.
http://igualdade.xunta.gal/gl/programas/secretaria-xeral-da-igualdade-organiza-xv-xornadas-de-nais-e-pais-educar-en-igualdade.

 

 

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019_20

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinado a alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos no curso 2019/20.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (20/05/2019) e rematará o día 21 de xuño de 2019 (este incluído).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos for­mularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros do­centes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

·         Orde do 3 de maio de 2019

·         Formulario de solicitude (Anexo I e II)

·        Resumo das instrucións

      Prazos

Proceso de admisión-matrícula para o curso 2019/2020

2ª Fase.- SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO NOSO CENTRO. Curso 2019/2020.

Solicitude de admisión: (alumnado doutros centros ou que se incorpore ao sistema educativo por primeira vez)

Este suposto é para o alumnado que solicita praza no noso centro e non pertence a un dos centros adscritos reflectidos na fase anterior.

Prazo do 1 ao 20 de marzo.

 

Powered by Drupal - Design by artinet