Inicio do curso escolar 2020/21.

Estimadas familias:

Informámosvos de que, segundo vén de anunciar a Consellería de Educación, U. e F.P. na súa páxina web, o curso escolar 2020/21 comezará o vindeiro xoves 10 de setembro, coa incorporación gradual do alumnado, do seguinte xeito:

Xoves 10 setembro: 4º e 5º infantil e 1º, 2º, e 3º primaria.

Venres 11 setembro: 6º infantil e 4º, 5º e 6º primaria.

Mércores 16 setembro: 1º e 2º ESO.

Xoves 17 setembro: 3º ESO.

Venres 18 setembro: 4º ESO.

Podedes consultar toda a información na páxina web da Consellería de Educación, U. e F.P.

http://www.edu.xunta.es/portal/node/31756

 

Un saúdo,

Silvia Padrón

directora.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

RECOLLIDA DE VALES

- VALES PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO (1º e 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

- VALES PARA A COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR (EDUCACIÓN PRIMARIA e ESO)

DATAS DE RECOLLIDA:

Por motivos de organización asignamos as seguintes datas de recollida, en función do curso no que estea matriculado o alumno/a para o ano 2020/21, dos vales de axuda para libros e para material escolar. As persoas que non poidan vir o día asignado poderano facer nos seguintes días.

  • 1º e 2º curso de Educación Primaria ---------------- luns, 13 de xullo de 2020
  • 3º e 4º curso de Educación Primaria ---------------- martes, 14 de xullo de 2020
  • 5º e 6º curso de Educación Primaria ---------------- mércores, 15 de xullo de 2020
  • Todos os cursos da ESO ------------------------------- xoves, 16 de xullo de 2020
  • Todos os que nos viñeron os días anteriores ----- venres, 17 de xullo de 2020

- Os alumnos/as da ESO con materias pendentes recollerán os vales en setembro.

- HORARIO: DE 9:30 horas - 13:30 horas

- Recoller os pais, titor/a legal ou persoa autorizada.

- A persoa autorizada deberá preseNtar o formulario de autorización, fotocopia do DNI do pai/nai/titor/a legar e DNI orixinal do autorizado/a

- O formulario de autorización pode recollerse no Centro ou descargarse na páxina web. Descarga formulario de autorización.

 


 

Fondo Libros_Listaxes provisionais

FONDO LIBROS

(3º e 4º de Educación Primaria - 3º e 4º de ESO)

 

- Data publicación das listaxes provisionais: 10 de xullo de 2020.

- A consulta das listaxes realizarase no CPI Plurilingüe Santa Lucía.

- Nas listaxes provisionais indícase o número de libros que vai recibir cada alumno/a, para saber os libros das materias que se lle asigna a cada alumno/a é necesario esperar as listaxes definitivas.

- Reclamación á publicación da listaxe provisional: 13 e 14 de xullo de 2020.

- Datas de publicación das listaxes definitivas:

       - De EP (3º e 4º): 17 de xullo de 2020.

       - De ESO (3º e 4º): 14 de setembro de 2020.

- Os libros entregaranse aos alumnos/as no Centro no mes de setembro.


 

Calendario das probas extraordinarias de Setembro na ESO. Curso 2019/2020

Pódense consultar aquí, xunto cas datas de entrega dos boletíns de cualificacións e resto de documentación e prazo de revisión de exames

Apertura do prazo de admisión de colaboradores/as para o comedor escolar 2020/21.

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI PLURILINGÜE SANTA LUCÍA, COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2020/21.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2020/21, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 10 de setembro de 2020, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2020.

Durante o curso escolar 2020/21 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Solicitude para presentarse como colaborador/a do servizo de comedor escolar.

Baremo para colaboradores/as do servizo de comedor escolar.

Solicitude de utilización do servizo de comedor escolar para o curso 2020/2021.

Estimadas familias:

Poñemos á vosa disposición o formulario de SOLICITUDE DE UTILIZACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR para o curso 2020/21.

Rogamos leades as instrucións que se inclúen no arquivo anterior. A documentación requirida debe ser entregada na secretaría do centro.

Un saúdo,

Silvia Padrón

directora.

 

ACTUALIZACIÓN DE DATOS PARA O CURSO 2020/21. Alumnado de Educación Infantil e Primaria

ACTUALIZACIÓN DE DATOS

 EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Todo o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria que estivese matriculado no CPI Plurilingüe Santa Lucía o curso 2019/20 e vaia continuar os seus estudos no noso Centro durante o ano académico 2020/21 debe entregar na Secretaría do colexio o seguinte impreso:

 ·     Formulario de actualización de datos. Descargar. O presente formulario, debidamente cuberto e asinado, deberá entregarse na Secretaría do CPI Plurilingüe Santa Lucía do 13 ao 17 de xullo de 2020.

 

MATRÍCULA CURSO 2020/21

 

PROCESO DE MATRÍCULA CURSO 2020/21

(Alumnado novo que se matricule por 1ª vez no CPI Santa Lucía ou alumnado da ESO que xa estivo matriculado no noso centro no curso 2019/20)

Prazo para formalizar a matrícula:

i.   Prazo ordinario: do 1 ao 10 de xullo de 2020

ii.    Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020 (alumnos/as da ESO que suspenderon algunha  materia en xuño)

Descarga de información e impresos

Circular de final de curso 2019/2020 na ESO

Pódese consultar nesta ligazón.

Powered by Drupal - Design by artinet