Apertura do prazo de admisión de colaboradores/as para o comedor escolar 2018/2019

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI SANTA LUCÍA, COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2018-2019.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2018-2019, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2018, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2018.

Durante o curso escolar 2018-2019 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Documentación a achegar

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer