Solicitude de utilización do servizo de comedor escolar para o ano 2018/2019.

    O vindeiro 21 de xuño entregarase o impreso de solicitude de utilización do servizo de comedor escolar para o curso 2018/2019 ao alumnado de 4º a 6º de infantil e de 1º a 5º de primaria do CPI Santa Lucía que actualmente emprega este servizo.

     O alumnado que no curso 2018/2019 vaia cursar estudos de Educación secundaria obrigatoria, poderá cubrir a solicitude de utilización do servizo de comedor escolar que se inclúe no sobre de matrícula que se lle entregará xunto co boletín de cualificacións.

     O alumnado que no curso actual non estea empregando este servizo e queira solicitalo para o vindeiro curso, pode pedir os impresos na conserxería do centro.

Powered by Drupal - Design by artinet