Axudas para libros de texto e material escolar curso 2018-19

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2018-19

Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinado a alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos no curso 2018/19.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (22/05/2018) e rematará o día 22 de xuño de 2018 (este incluído).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos for­mularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros do­centes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

·         Orde do 9 de maio de 2018

·         Formulario de solicitude (Anexo I e II)

Resumo das instrucións

 

Powered by Drupal - Design by artinet