Eventos
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
12
| 13
| 14
| 15
| 16
| 17
Start: 11/17/2023 16:31
ESCOLA DE FAMILIAS O próximo luns 4 de decembro levarase a cabo a 1ª sesión da Escola de Familias do CPI Plurilingüe Santa Lucía. Unha das preocupacións comúns, de toda a comunidade educativa é o benestar emocional das crianzas.Para favorecelo, dende o centro educativo promovemos a realización dun obradoiro de Xestión emocional positiva dende a familia co que poderedes adquirir ferramentas e coñecementos para mellorar a capacidade de regulación emocional dos vosos fillos e fillas. Logrando así, un mellor benestar físico e emocional. A sesión será impartida por Belén Montesa Lou e Juan Carlos Permuy psicólogos xerais sanitarios especializados na Prevención das condutas adictivas e en Terapia familiar sistémica. Co fin de facilitar a conciliación, a rapazada poderá permanecer nas instalacións co acompañamento de persoal do servizo de conciliación, mentres as súas familias participan na actividade. Para facer unha previsión das persoas participantes, agradecemos a confirmación de asistencia ao correo electróni e teléfono do centro escolar. Teléfono:886159528 AGARDÁMOSVOS!!! A vosa presenza é moi importante. O LUNS 4 DE DECEMBRO ÁS 18:30 NO SALÓN DE ACTOS DO CPI PLURILINGÜE SANTA LUCÍA
| 18
|