Eventos
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Según o establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021, pola que se establece o calendario de celebración de eleccións de membros dos consellos escolare de centros docentes sostidos con fondos públicos; convócanse eleccións ao consello escolar nos seguintes sectores:
-Representantes do profesorado
-Representantes do alumnado
-Representantes dos pais/nais/titores legais
-Representantes do PAS
Publicación dos correspondentes censos electorais dos diferentes sectores. Período de reclamación: do 8 ao 15 de novembro.
Prazo de presentación de candidaturas dos diferentes sectores: do 9 ao 16 de novembro.
En Moraña, 8 de novembro de 2021
A directora e Presidenta da Xunta Electoral
María Fernández Ferro
Hxe, celébrase o Día Mundial sen Alcol.
Para celebralo publicamos o manifesto que nos envían desde o Departamento de Conductas Adictivas do Concello de Cuntil.
OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO ABUSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DENDE A FAMILIA.
Estimadas familias, convidámosvos a participar neste obradoiro que se realizará o martes 30 de novembro ás 18:00 horas por videoconferecia.
Está enfocado ás familias de Ed. Primaria (máis adiante farase outro para as familias de ESO)
No siguiente enlace tendes os detalles para poder participar.
Obradoiro novas tecnoloxías Primaria
Un saúdo
A dirección
PRESENTACIÓN LIBRO VIOLETA DOS HOMES E MULLERES DE MORAÑA
Dende o Concello convídannos a asistir á presentación do "Libro violeta dos homes e mulleres de Moraña" feito polos nenos e nenas do noso centro e as súas nais.
A súa presentación será o venres 26 de novembro no auditorio do edificio Multiusos de Moraña.
Un saúdo
A dirección
Publicada a listaxe provisional de alumnado admitido e excluído no proceso de distribución de máscaras no taboleiro de anuncios do noso centro.
Tal e como indicaban as instrucións da orde de convocatoria, todo aquel alumnado ao que se lle concedeu a axuda de material neste curso 2021-2022 doi beneficiario desta prestación.
Un saúdo
A directora
María Fernández Ferro