Actividades

O amor

Estivemos estes días un pouquiño romanticóns escribindo un cento de mensaxes fermosas para a nosa familia, a nosa ou o noso mellor amigo, á nosa mascota, para aquel libro que nos encantou ou esa canción que non somos capaces de sacar da cabeza....
Que quede ben clariño... Estamos totalmente namorados da vida!

Día da paz

Este ano enchimos a nosa ría cunha morea de peixes cargados de bos desexos!
Ademáis os alumn@s de 6º de Educación Primaria fixéronnos uns paneis de realidade aumentada con diferentes persoas ás que lles foi adicado este día para que puidésemos aprender un pouco máis. Foi moi divertido!

Aniversario Xosé

Onte tivemos un día moi especial lembrando ao noso conserxe Xosé.

Rodeados dos seus familiares, representantes do Concello, antigos compañeiros, familias, alumnado e persoal do centro fixemos un pequeno e  emotivo acto no que quixemos descatar os seus valores e a súa labor como compañeiro e persoa,  dentro desta comunidade educativa.

Os dereitos do neno e a nena

Con motivo da celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, David del Oro Miguéns, Martín Otero Isorna e Juan Manuel Vázquez Suárez aproveitan para facernos unhas estupendas recomendacións sobre os libros da colección "Os dereitos do Neno e a Nena" que temos na biblioteca.

Non os perdades porque están XENIAL!

Deporte escolar

Amosámosvos as últimas xornadas de Deporte Escolar ás que nos levou o profe de Educación Física, Fernando, ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Deporte escolar

Neste trimestre asistimos co mestre Fernando a varias actividades deportivas e recibimos a compañeir@s doutros centros cos que disfrutamos practicando diferentes deportes.

O 12 de decembro fomos correr á azucareira de Portas os alumn@s de 4º, 5º, 6º de Educación Primaria e 1º da ESO.

O 19 de decembro, os alumn@s de 1º da ESO xogamos balonmán, fútbol, baloncesto e datchball con compañeiros de Cesures en equipos mixtos. 

Día da música

Non pode faltar o noso día da música! Que viva a música e siga!


Día contra a violencia de xénero

Quedounos atrás amosarvos outra das actividades levadas a cabo con motivo do Día contra a violencia de Xénero.

O magosto

No magosto... Castañas e castañas!

Para unha boa dixestión... Xogos populares por cada rincón!

Samaín

Como todos os anos, na última semana de outubro facemos un montón de actividades relacionadas co Samaín, festa de orixe Celta que está moi enraizada no noso Concello.

Comezamos coa decoración da biblioteca, tivemos cinema de medo nos recreos, recomendamos lecturas de medo para todas as idades, puxemos a voar a nosa imaxinación para participar no concurso de cabazas organizado pola Anpa As Lombas e como non... o último día viñemos terroríficamente ben caracterizados para amedrentar a todo aquel compañeiro ou profe que se nos arrimase.

Como non hai festa sen comida... pois tamén comimos unha morea de aterradores doces e lambetadas!

Non queremos esquencernos das familias. Moitísimas grazas pola vosa colaboración unha vez máis!

Ollade ollade se sodes valentes!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer