Skip to Content

Día da Paz

Entrega de premios Concurso de relatos sobre a Paz

O pasado venres fixemos a entrega de premios do "concurso de relatos sobre a paz".

Estamos moi contentos pola gran participación do alumnado así coma pola calidade dos traballos presentados.

Coma sempre, premiouse aos grupos de maior participación, sendo estes 5°A de primaria e 1°A da ESO, e tamén aos mellores relatos de cada curso:
5°EP: Loaira Tejero Gómez
6°EP: Azeb Touriño Martínez e Antía Barreiro Riveiro
1°ESO: Sara Guimarey Catoira
2°ESO: non se presentou ningún alumno ao concurso, agardamos que para a próxima se animen.
3°ESO: Alba Isorna Felpeto
4°ESO: Raquel García Busto
Parabéns para tod@s @s participantes e en especial para estas pedazo de escritoras!!
Deixámosvos algunhas fotos da xornada.

Un mundo en paz

 No CPI Progreso avogamos fírmemente por un mundo en PAZ!

 

Día da paz

O 31 de xaneiro todos os anos celebramos o Día da Paz. Este ano facémolo con música e decoración nas ventás do centro.

Agardamos que vos guste!

Día da paz

Este ano enchimos a nosa ría cunha morea de peixes cargados de bos desexos!
Ademáis os alumn@s de 6º de Educación Primaria fixéronnos uns paneis de realidade aumentada con diferentes persoas ás que lles foi adicado este día para que puidésemos aprender un pouco máis. Foi moi divertido!

Día da Paz

Ollade o ben que cantan as nenas e os nenos de Catoira!

 

Día da paz

Distribuir contido


by Dr. Radut