Actividades

8 M: Día da Muller

O 8 M é o día das mulleres e dende o CPI Progreso de Catoira traballamos por educar en igualdade e poñendo en valor ás mulleres e a todo o seu potencial. 

O noso composteiro

Xa dispoñemos de un composteiro propio!!! Canto vai medrar a nosa horta de agora en diante...

Deporte escolar

No Plan Xogade ademáis de practicar deportes diferentes, tamén aproveitamos para facer migas con compañeiros e compañeiras doutros centros.

Actividades de nadal

Durante o nadal fixemos unha morea de actividades. Aquí vos deixamos mostra das mesmas.

Día da música

O día da música é un día para festexar con música. Asique no CPI Progreso baixamos ao auditorio municipal para escoitar as actuacións do alumnado da Escola de Música Municipal de Catoira e a obra de teatro musical A alquimista.  Parabéns a tod@s porque foi un concerto fantástico!!!!

Que viva a música!!! 

 

Exposicións de final de trimestre

Estes días o alumnado de Ed. Primaria estivo facendo exposicións dos diferentes proxectos que estiveron a levar a cabo ao longo deste trimestre. Ollade que ben o fan!!!


Deporte escolar en Portas

Noutro día de choiva, alumnas e alumnos de 6º de EP e 1º da ESO,  fomos facer deporte con compañeiras e compañeiros de Portas.

Visita ao Museo de Pontevedra

A pasada semana o alumnado de 6º de EP e 4º da ESO visitou o Museo de Pontevedra. Aínda que o día non nos acompañou moito, puidemos aprender unha morea de cousas e dar un paseo pola cidade.

O Magosto

O venres 11 de novembro celebramos o MAGOSTO con moitas castañas e xogos populares para facer a dixestión!

25N

O CPI Progreso únese a loita en contra da violencia machista.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer