Actividades
Día da música
Achegámosvos un recopilatorio das actuacións que o alumnado da Escola de Música Municipal de Catoira nos ofreceu para festexar un ano máis a patroa dos músicos.
Noraboa a tod@s eles porque cada ano son mellores músicos!
Agradecer a inestimable colaboración de todo o profesorado da escola, directiva e ás familias por facilitalo. É a nosa actividade favorita!
Como din os os xenerais da Ulla: QUE VIVA LA MÚSICA Y SIGA!
- APIs de Blogue
O Samaín
No Samaín fixemos un montón de cousas! Decoramos terroríficamente as aulas, fixemos merendolas, xogamos a un xogo de pistas e participamos no concurso de cabeiras!
- APIs de Blogue
25 de Novembro: Día contra a violencia de xénero
Sobran as palabras...
Traballo levado a cabo polo alumnado de 6º de Eucación Primaria.
- APIs de Blogue
Excursión 2º da ESO a Braga (Portugal)
O alumnado de 2º da ESO realizou nos días 27 e 28 de maio unha viaxe a Braga (Portugal), onde puido pór en práctica algúns dos contidos traballados na materia de Lingua Galega e Literatura ao longo do curso.
Nestes dous días visitaron Braga e Guimaraes e asistiron a un curso de cultura portuguesa na Universidade de Minho.
Esta actividade foi financiada polo propio alumnado que conseguiu o diñeiro a través da organización dunha actividade cultural.
Muito obrigad@s a tod@s as pessoas que nos ajudaram!
- APIs de Blogue
O circo
Que ven o pasamos o día que viñeron estas tres mozas a amosarnos o seu espectáculo!
Estivo xenial!
- APIs de Blogue
Horto escolar
Temos estupendas novas que contarvos!
Fai uns días comezamos a traballar enérxicamente no noso recén estreado horto exterior. Para mostra... Este vídeo!
Atentos porque seguiremos con máis produtos en breve!
- APIs de Blogue
Día do Autismo
Dende o CPI Progreso de Catoira queremos sumarnos á celebración do Día das Persoas con Autismo.
Ademais de outras actividades que faremos nas aulas deixámosvos unha mostra da principal actividade que fixemos esta mañá.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »