Actividades

Vídeos contra o CIBERACOSO, SEXTING E GROOMING

Durante o 3º trimestre deste curso que acaba de rematar, todo o alumnado da ESO participou nunha campaña contra o Ciberacoso, o Sexting e o Grooming e fixérono motivados por un grupo de alumnas e alumnos de 4º ESO que explicaron os riscos do mal uso das redes sociais. Queremos deixarvos constancia do bo traballo que fixeron.

 

Concurso de fotografía xuvenil Museo de Pontevedra

Queremos felicitar a Evelyn Freiría Conde e Daniela Rodríguez Tourís polos seus galardóns dentro do Concurso de fotografía xuvenil "Pegadas do Mar e da terra" do Museo de Pontevedra. Seguro que con esas cámaras novas seguiredes cultivando a vosa creatividade. Estades cheas de talento, noraboa!

Despedida Elsa

No día de onte, 12 de maio fixémoslle un pequeno acto de despedida á nosa cociñeira Elsa que se traslada a outro centro de traballo. Queríamos despedila co agarimo que se merece por ser tan boa profesional e compañeira durante 12 anos que nos acompañou e sempre cun sorriso na cara exesto amable. 

GRAZAS POR TODO!

2 de abril "Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo"

Nesta curtametraxe: "Un pai descobre que o seu fillo flota, algo que lle fai ser diferente dos nen@s que o rodean. Con todo, o pai fai todo o posible por disimular a extraña habilidade do seu fillo, ata que, un día, de forma inevitable,a verdade sae á luz. É entón cando o pai se ve obrigado a tomar unha decisión: renegar del ou aceptalo tal e como é"

A vida é diversidad, polo que educar e aprender para a diversidade é educar e aprender para a vida. A comunidade educativa do CPI Progreso está comprometida cunha educación inclusiva.

As árbores de Galicia

 Este interesante libro de árbores de Galicia elaborouno o alumnado de 1º da ESO na materia de Bioloxía coa profesora Susana.

Día da paz

O 31 de xaneiro todos os anos celebramos o Día da Paz. Este ano facémolo con música e decoración nas ventás do centro.

Agardamos que vos guste!

Felicitación de Nadal

O C.P.I. Progreso de Catoira en nome de todo o seu alumando, profesorado e persoal non docente quere desexarlles a todas as familias que forman parte desta comunidade educativa unhas felices festas e un feliz aninovo. Non se nos ocurre outro  mellor xeito de facelo que con música! Para iso, o alumnado de 4º de E.P. preparou esta divertida panxoliña... agardamos que lles guste!

FELICES FESTAS!

Sairemos o xoves 24 a partir das 22:30 horas no Canal Rías Baixas!

Mira a promo para enterarte de todo...

https://www.youtube.com/watch?v=7JO9g0Ia_Ww&feature=youtu.be

Aventuras de 5º de infantil

Tras unha longa viaxe dando a volta ao mundo con Willy Fog, os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil queren amosarvos o seu album de fotos.
Sen dúbida é un bonito recordo das aventuras vividas este trimestre.

Día contra a violencia de xénero

Estas obras de arte están feitas por  alumnos e alumnas de 4º da ESO. GRAN TRABALLO ARTISTAS!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer