NOVAS
Novas eduxunta
Resolución provisional de centros seleccionados na convocatoria do programa Biblioteca Creativa para o curso 2024/25
Xúntase arquivo coa Resolución provisional de centros seleccionados na convocatoria do programa Biblioteca Creativa nas modalidades de nova incorporación e de continuidade.
Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións ou renuncias.
Anuncio principal:
Convocatoria do proxecto Biblioteca Creativa para centros públicos que acollan ensinanzas de educación infantil e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para curso 2024/25Tema:
Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolaresEnsinanza:
Educación infantil Educación primariaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado CentrosAmpliación do prazo de solicitude dos programas do Plan Eduemprende 2024-2025
Ampliado o prazo para presentación de solicitudes de participación nos programas do Plan Eduemprende 2024-2025 ata o 28 de outubro, inclusive.
Tema:
Programas e plans eduemprendeEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Orientación e Innovación ProfesionalColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínA Xunta promoverá en 97 centros de secundaria de toda Galicia charlas a prol da elección de profesión sen deixarse limitar por prexuízos de xénero
Summary:
Trátase dos beneficiarios da 3ª edición do programa Que non te líen, ti elixes, impulsado polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Do total de centros, 33 pertencen á provincia da Coruña, 32 á de Pontevedra, 22 á de Lugo e 10 á provincia de Ourense
O obxectivo é seguir avanzando na presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados como o forestal, a construción, o marítimo-pesqueiro, o do metal ou as TIC, contribuíndo a unha sociedade máis xusta e equitativa
Idioma GallegoA Xunta de Galicia vén de resolver a convocatoria da 3ª edición do programa Que non te líen, ti elixes, a primeira deste curso 2024-2025. Así, no marco da iniciativa impulsada polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, un total de 97 centros de secundaria de toda a Comunidade acollerán charlas a prol de que as mulleres escollan profesión atendendo ás súas capacidades ou motivacións persoais, sen deixarse limitar por prexuízos ou estereotipos de xénero.
En concreto, 33 dos beneficiarios pertencen á provincia da Coruña, 32 á de Pontevedra, 22 á de Lugo e 10 á provincia de Ourense. Todos son centros educativos galegos sostidos con fondos públicos onde estuda alumnado de 3º e 4º da ESO. A finalidade do programa no que participarán é seguir avanzando na presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados como o forestal, a construción, o marítimo-pesqueiro, o do metal ou as TIC, contribuíndo a unha sociedade máis xusta e equitativa.
Así, nesta nova andaina do programa Que non te líen, ti elixes, as charlas didácticas e debates promovidos nos centros seguirán estando dirixidos por persoal de asociacións, fundacións e clústeres de sectores con escasa representatividade feminina, que porán sobre a mesa cuestións como as condicións laborais dos diferentes ámbitos profesionais, que constatan maiores salarios para os empregos que soen estar ocupados por homes. Tamén porán en valor mulleres referentes de éxito en ámbitos profesionais con reducida presenza feminina, para que poidan servir de exemplo ás novas xeracións.
Balance das edicións anterioresA resolución da 3ª edición da iniciativa mellora os datos acadados nas anteriores. Así, na estrea do programa percorréronse uns 75 centros de ensinanza que estaban -polo xeral- situados preto de institutos de formación profesional nos que se ofrece cualificación de familias de sectores tradicionalmente masculinizados, cun total superior ás 140 charlas. Mentres, na segunda edición foron case 90 os centros onde se desenvolveron case 200 accións. En total, beneficiáronse nestes casos case 11.000 alumnos.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRomán Rodríguez agradece á CIUG o traballo desenvolto nos últimos meses que converte a Galicia na primeira comunidade do Estado en ter publicados os modelos de proba de acceso á universidade
Summary:
Subliña que Galicia ten os deberes feitos desde agosto coa presentación dos modelos de exame “en tempo, prazo e forma”, o que dá certezas aos profesores e aos alumnos
Gaba que a proposta dunha proba común que garanta a igualdade de oportunidades se abra paso no resto dos territorios, cun acordo entre 12 CCAA que aglutinan o 70% do alumnado e apoiado pola Conferencia de Reitores
Destaca a importancia de, “sempre desde o marco legal”, acadar “sinerxías e converxencias” en canto ás datas, contidos, estrutura e criterios de avaliación
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse esta mañá cos representantes da Comisión Interuniversitaria (CIUG), para avaliar o desenvolvemento da Proba de Acceso á Universidade (PAU) que estrea formato en 2025, fixada para os días 3, 4 e 5 de xuño.
O titular de Educación do Goberno galego gabou “o intenso traballo” desenvolvido pola CIUG nos últimos meses, o que posibilitou que Galicia sexa a única comunidade autónoma que xa coñeza desde o pasado verán os modelos e a estrutura.
“En Galicia temos os deberes feitos desde agosto coa publicación dos modelos en prazo, tempo e forma”, explicou o conselleiro logo da xuntanza na que estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e na que participaron como representantes da CIUG María Teresa Flores pola Universidade de Santiago de Compostela, Pedro Armas pola da Coruña e Iván Area pola de Vigo.
Así pois, o traballo realizado ata o momento permite aos docentes e aos estudantes abordar o curso de 2º de Bacharelato desde o principio coas normas claras no que atinxe aos contidos académicos e poder presentarse con tranquilidade á PAU.
Román Rodríguez expresou que a liña aberta por Galicia é un traballo recoñecido a nivel estatal ata o punto de que foi compartida por outras comunidades autónomas e mesmo avalado pola Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), polo que a proposta dunha proba común que garanta a igualdade de oportunidades entre todos os estudantes independentemente de onde vivan estase abrindo camiño no resto dos territorios pese á inoperancia do Ministerio neste asunto.
Coordinación e sinerxíasNeste senso, explicou que o reto é, sempre dentro do marco legal, “buscar sinerxías e converxencias” cunha proba “o máis homoxénea posible” en canto a datas, contidos, estrutura dos exames e criterios de avaliación, que permita acabar coas desigualdades que se estaban dando ata o momento nun sistema que funciona como distrito universitario único “pero con 17 portas de entrada diferentes”.
Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia leva meses coordinándose coas tres universidades públicas galegas, a través da Comisión Interuniversitaria de Galicia, e con outras 11 comunidades que gobernan en conxunto para o 70% do alumnado para establecer un sistema o máis homoxéneo posible, un traballo que lle correspondería ao Goberno do Estado.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta e a Asociación de Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia colaboran para impulsar a acreditación de competencias neste eido
Summary:
A directora xeral de FP reúnese con este colectivo no Centro Integrado de FP A Xunqueira, en Pontevedra, un dos centros de referencia de acreditación nesta materia xunto co CIFP Ánxel Casal-Monte Alto da Coruña
Case 150 profesionais deste sector beneficiáronse xa da acreditación de competencias, unha vía pola cal un traballador pode certificar as habilitades e coñecementos específicos dun campo profesional, o que lle abre vías no mercado laboral
Idioma GallegoO Goberno galego, en colaboración coa Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia (BAMAD Galicia), traballa para impulsar a acreditación de competencias profesionais neste eido, unha vía administrativa pola cal un traballador pode certificar as súas habilidades e coñecementos específicos dun campo profesional específico, o que lle abre vías no mercado laboral.
A directora xera de FP, Eugenia Pérez, e a devandita entidade reuníronse no Centro Integrado de FP CIFP A Xunqueira, de Pontevedra, para facer un seguimento do proceso de acreditación de competencias neste campo e darlle un novo impulso a este procedemento ao abeiro do Plan FPGal360.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP explicou que, a través deste plan, a Xunta ten como obxectivo potenciar a capacitación profesional da poboación en xeral e a vía da acreditación de competencias é unha delas. “O reto que nos marcamos é reducir o abandono escolar, mellorar a inserción laboral e incentivar a formación daquelas persoas que no seu momento saíron do sistema educativo”, abondou Eugenia Pérez. Así mesmo, gabou a importancia da colaboración con este tipo de entidades e colectivos xa que permite “un resultado máis óptimo do proceso ao acadar un maior número de persoas acreditadas”.
Ao proceso de acreditación de competencias poden apuntarse os candidatos que reúnan unha serie de requisitos mínimos en canto a número de horas traballadas e/ou cursadas en formación non formal e a superación do mesmo permite aos traballadores a adquisición de unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións profesionais. Así pois, esta vía demostra que un profesional non só posúe certas habilidades, senón que as demostrou ante a Administración. Isto repercute de xeito positivo no mundo laboral xa que permite ao acreditado mellorar as súas condicións, unha mellor adaptación aos cambios do mercado ou un recoñecemento internacional das súas competencias profesionais.
Centros referentesO CIFP A Xunqueira de Pontevedra xunto co Ánxel Casal-Monte Alto da Coruña son referentes en Galicia en canto a certificación no eido de arquivos e bibliotecas. Desde que o pasado ano se iniciou a colaboración con esta asociación, 145 persoas puideron certificar un total de 676 unidades de competencia. No CIFP A Xunqueira fixérono 50 persoas con 240 unidades acreditadas mentres que no Ánxel Casal-Monte Alto foron 95 persoas e 436 unidades.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta mellora a confortabilidade do colexio da Lama, en Pontevedra, coa impermeabilización da fachada e o cambio de ventás da zona da biblioteca
Summary:
O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, visita o centro, onde o Goberno galego vén de investir 60.000€
Idioma GallegoO director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta de Galicia, Jesús Álvarez, visitou o colexio CEIP A Lama, en Pontevedra, para supervisar o remate das obras de mellora da confortabilidade do colexio, onde o Goberno galego vén de investir 60.000 euros.
A intervención, enmarcada no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, consistiu na impemeabilización da fachada e o cambio de ventás da zona da biblioteca escolar, que acolle tamén o Polo Creativo do centro. Isto permitirá evitar filtracións e, ao mesmo tempo, mellorar o confort deste espazo que é un dos máis activos do colexio desde o punto de vista académico.
Cómpre lembrar que, desde principios do ano pasado, o centro conta cun espazo renovado de biblioteca escolar máis amplo e mellor equipado grazas ao apoio da Xunta que, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, investiu un total de 55.000€ na obra de remodelación e mellora que levou aparellado o reforzo do equipamento e mobiliario e adquisición de novos fondos bibliográficos.
Ademais de salientar o compromiso do Goberno galego na aposta polo ensino no rural con infraestruturas modernas, confortables e totalmente equipadas, o director xeral gabou o “dinamismo” da biblioteca escolar deste centro que desde o curso 2009-10 forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalPrograma de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2024/25 e 2025/26, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional
Normativa reguladora: RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2024/25 e 2025/26, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.
- Persoas destinatarias: Persoal docente de centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
- O prazo de presentación de solicitudes e da documentación será dende o día seguinte á publicación da presente resolución no portal educativo e ata o día 31 de outubro de 2024, incluído.
File:
Resolución do 11 de outubro de 2024 Anexo I (Solicitude) Anexo II (Renuncia)Tema:
Formación OBSERVA_ACCIÓN Plans e actuacións en innovación educativaEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Programas de Formación Centro Autonómico de Formación e Innovación - CAFI e CFRs Centro de formación e recursos da Coruña Centro de formación e recursos de Ferrol Centro de formación e recursos de Lugo Centro de formación e recursos de Ourense Centro de formación e recursos de Pontevedra Centro de formación e recursos de VigoColectivo:
Profesorado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínDocumento informativo correspondente á Fase 2 do programa Observa_Acción
Documento informativo correspondente á Fase 2 do programa Observa_Acción relativo á RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.
Anuncio principal:
Programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacionalTema:
Formación OBSERVA_ACCIÓN Plans e actuacións en innovación educativaEnsinanza:
Educación infantil Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Servizo de Programas de FormaciónColectivo:
Profesorado CentrosSección:
InnovaciónResolución definitiva programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais
Resolución definitiva do 10 de outubro de 2024 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2024/25, conforme ao disposto no apartado 7 da resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.
Anuncio principal:
Convocatoria programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociaisTema:
Programas e plansEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
Alumnado CentrosRueda destaca o papel da mocidade na preservación do Camiño de Santiago e da cultura galega
Summary:
Resalta que Galicia bateu a principios de outubro o récord total anual de peregrinos que visitaron Santiago, superando as 446.100 compostelas de 2023
Idioma GallegoO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o papel da mocidade á hora de preservar e divulgar o Camiño de Santiago como un elemento fundamental da cultura de Galicia: “Mentres a xente nova, os que estades aquí e tantos colexios en toda Galicia, vivades o Camiño, o Camiño ten futuro. Teño aquí diante o futuro de Galicia”, resaltou.
Durante a entrega dos premios ‘Escola no Camiño’, organizados por Faro de Vigo e La Opinión A Coruña e El Correo Gallego xunto a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades de FP, salientou que este tipo de iniciativas permiten que os escolares descubran as rutas xacobeas e reflexionen sobre o significado dun Camiño milenario que desde hai séculos permite unir culturas e promover a convivencia entre pobos: “A través do Camiño de Santiago apréndese todo”, apuntou o presidente.
Rueda resaltou que Galicia bateu a principios de mes o récord total anual de peregrinos, ao superar as 446.100 compostelas de 2023, con case dous meses do ano aínda por diante: “Iso é unha cousa que vai a máis porque os que veñen de fóra se dan conta de como queremos aquí o Camiño”, destacou.
Nesta terceira edición de ‘Escola no Camiño’ participaron 70 centros de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato das provincias da Coruña e Pontevedra e que máis de 2.000 alumnos presentaron os seus traballos na categoría de Debuxo e máis de 300 en Literatura e Audiovisual.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalO conselleiro de Ciencia confía en que o encontro internacional de computación cuántica teña retorno en Galicia con novos proxectos e investimentos
Summary:
Román Rodríguez clausura a cita organizada por Fujitsu con 300 profesionais de 13 países e destaca a aposta da Xunta por esta tecnoloxía a través do CESGA
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, clausurou esta tarde o encontro International Quantum Business Conference, unha cita que reúne esta semana en Santiago a 300 profesionais de 13 países especializados nas tecnoloxías cuánticas. Nela amosouse confiado en que a súa celebración na nosa Comunidade teña retorno con novos proxectos e investimentos que nos permitan seguir avanzando neste eido.
O responsable de Ciencia da Xunta destacou o potencial destas tecnoloxías que permitirán avanzar na resolución de problemas complexos que os computadores tradicionais non son capaces; acelerar o desenvolvemento doutras tecnoloxías; mellorar a competitividade dos distintos sectores, e contribuír ao benestar social.
Apuntou, así mesmo, que Galicia vén apostando decididamente por este campo nos últimos anos para situarse como un referente nestas tecnoloxías e, así, impulsar a ciencia, atraer talento e xerar novas oportunidades para a industria, no marco do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia. De feito, sinalou o noso carácter pioneiro con infraestruturas como o QMIO, o computador cuántico do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o máis potente do Sur de Europa instalado nunha institución pública.
Por último, Román Rodríguez lembrou que para avanzar nas tecnoloxías cuánticas resulta clave a colaboración constante entre todos os axentes especializados co fin de aproveitar ao máximo as súas capacidades. Para reforzar estas conexións, Galicia ten constituído unha Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, formada polos distintos axentes do ecosistema galego de I+D+i, co obxectivo de deseñar unha folla de ruta común que impulse a industria e o capital humano.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta amosa ao Goberno central os resultados do modelo de éxito da FP galega logo de 15 anos de aposta continua
Summary:
O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, exerce de anfitrión na visita da ministra de Vivenda ao Centro Integrado de Formación Profesional Someso, na Coruña
Idioma GallegoA Xunta amosou hoxe ao Goberno central os resultados do modelo de éxito da FP galega logo de 15 anos de traballo e aposta continúa por estas ensinanzas. Foi no Centro Integrado de Formación Profesional CIFP Someso, na Coruña, onde o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, exerceu de anfitrión coa ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, que quixo coñecer este centro durante unha viaxe institucional á cidade este xoves. Ao acto tamén acudiu a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.
Diego Calvo agradeceu o interese do Executivo central polo bo traballo de Galicia nesta materia, subliñou “a aposta do Goberno galego pola Formación Profesional e a atención ás necesidades das empresas desde estas ensinanzas, impulsando a formación dual, na que somos pioneiros en España”. Sinalou que, froito do impulso da Xunta a estas ensinanzas desde 2009, este ano acádase o récord de matriculación, con de 68.823 alumnos. “Duplicamos os matriculados na FP neste período”, destacou o conselleiro de Presidencia, quen salientou “a calidade dos docentes que traballan en cada un dos centros” como un dos piares do éxito destas ensinanzas.
O CIFP Someso é un centro de sobresaínte no sector da construción e forma parte da rede de 28 centros integrados de FP da Xunta. Cinco deles, incluído o CIFP Someso, forman parte da Rede Estatal de Centros de Excelencia en FP, o que demostra o bo desempeño da nosa Comunidade nestas ensinanzas.
Nos últimos anos, o centro coruñés consolidouse como referente, desenvolvendo oito proxectos de innovación autonómicos en ámbitos como a bioconstrucción, solucións enerxéticas sustentables, novas tecnoloxías de soldadura para estruturas metálicas e o impulso da enerxía eólica mariña. Todos lograron resultados notables, e por iso, a Xunta solicita ao Goberno estatal “a descentralización dos fondos para axilizar a xestión e reducir a burocracia, co obxectivo de seguir obtendo os bos resultados na FP en Galicia”.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución centros seleccionados no programa educativo " Que non te líen, ti elixes". (1ª Convocatoria)
Resolución definitiva do 8 de outubro de 2024 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar na 1º convocatoria do curso 2024/25 no programa educativo Que non te líen, ti elixes, conforme ao disposto no apartado décimo da Resolución conxunta do 17 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Anuncio principal:
Convocatoria programa educativo “Que non te líen, ti elixes”Tema:
Programas e plansEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e ConvivenciaColectivo:
Alumnado CentrosRomán Rodríguez fixa como obxectivo que todos os galegos estuden como mínimo ata os 18 anos
Summary:
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participa na inauguración de Edugal 2024, o XIII Salón de Educación e Formación en Galicia
Anima aos mozos a achegarse aos stands dos centros integrados de FP para coñecer de primeira man as posibilidades que ofrecen estas ensinanzas
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, fixa como obxectivo que todos os galegos estuden como mínimo ata os 18 anos. Así o afirmou durante a inauguración do XIII Salón de Educación e Formación de Galicia, Edugal, onde explicou que, aínda que en España a lei marca a escolarización obrigatoria ata os 16 anos, desde a Xunta trabállase para que a mocidade galega continúe formándose tras acadar esa idade.
O conselleiro destacou a importancia de incentivar aos máis novos para que non abandone o sistema educativo tras rematar a ESO, senón que continúen a súa formación en opcións como o Bacharelato, a Formación Profesional ou a Universidade. Por iso, animou aos estudantes a visitar os stands da feira para coñecer de primeira man a ampla oferta formativa dispoñible e a obter información sobre formación e emprego.
Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, salientou que para acadar este obxectivo, este ano vaise poñer en marcha o Plan FPGal360, un programa que fortalecerá a Formación Profesional, promoverá a redución do abandono escolar e mellorará a inserción laboral da mocidade galega. “Queremos que cada mozo e moza vexa na FP unha opción de éxito, que lles abra as portas ao mercado laboral”, subliñou o conselleiro. Tamén fixo referencia aos avances de Galicia en educación, ao reducir a taxa de abandono escolar ao 9%, cumprindo co obxectivo fixado pola Unión Europea para 2030. “Este logro é froito do traballo conxunto de toda a comunidade educativa”, engadiu, destacando o papel clave da Formación Profesional neste avance.
Récord de matrícula na FPO titular de Educación convidou aos estudantes a aproveitar Edugal como unha oportunidade para explorar o abanico de opcións formativas que ofrece a FP en Galicia, destacando o récord de 68.823 matriculacións neste curso, un incremento do 7% respecto ao ano anterior. Este crecemento demostra a consolidación da FP en todas as súas modalidades e familias profesionais en todo o territorio galego.
Román Rodríguez tamén expresou o seu agradecemento pola colaboración entre entidades públicas e privadas para facer posible este evento, que se converte nun punto de referencia para estudantes, profesionais do ensino e centros formativos. “Edugal é un escaparate da FP galega, que axuda aos estudantes a tomar decisións ben fundamentadas sobre o seu futuro académico e profesional”, concluíu.
Escaparate da FP galegaA Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional conta cun espazo propio en Edugal, dedicado a promocionar a Formación Profesional entre o alumnado, as familias e as empresas da contorna de Pontevedra. No expositor participan centros educativos da área, como varios centros integrados de Formación Profesional, entre eles o CIFP Escola de Cantería de Galicia de Poio. Estes espazos ofrecen información sobre os programas formativos, saídas profesionais, emprendemento, acreditación de competencias e proxectos de innovación. Entre as iniciativas presentadas polos estudantes, destacan un simulador forestal, un vehículo eléctrico e varios produtos elaborados, como viños e aceites. Ademais, o alumnado dos CIFP Carlos Oroza de Pontevedra e Manuel Antonio de Vigo organiza demostracións de cociña en directo.
Aposta polo emprendemento e pola artesaníaDurante a xornada de hoxe, tamén participou en Edugal o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, cun relatorio sobre as oportunidades para o emprendemento en Galicia. Na súa intervención, referiuse á Rede de polos con 14 centros activos e con máis de 2.500 proxectos atendidos ata o momento e a axudas dispoñibles como a cota cero para novas altas de autónomos ou o Bono Remuda para sufragar parte dos gastos de transmisión de empresas rendibles que vaian pechar. Tamén aludiu a iniciativas novidosas como o proxecto pioneiro de coliving que está a impulsar a Xunta para atraer nómades dixitais ou traballadores en remoto ao noso rural.
A maiores, interveu a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, que puxo de relevo as posibilidades que ofrece o sector artesán ás novas xeracións para o inicio de novas actividades empresariais. Nesa liña, destacou as oportunidades de negocio dos máis de 800 obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia e o reto de remuda xeracional que existe neste eido fundamental da nosa economía. Un reto ao que está a facer fronte o Goberno autonómico cunha estratexia integral da que forma parte o programa pioneiro Aprender da tradición. Oficios e técnicas, que deu comezo xa a dous de seis novos cursos para seguir apostando por novas caras á fronte da nosa artesanía.
Precisamente no posto da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración instalado en Edugal haberá -deica este venres, e en horario de mañá- obradoiros organizados pola Fundación Artesanía de Galicia arredor do torno cerámico, das cianotipias, do gyotaku aplicado a saquetas de tea e do marmoleado. A maiores, ofreceranse charlas sobre como elaborar un currículum vítae ou sobre como preparar unha entrevista de traballo, ademais de prestarse información sobre a ferramenta EMi aplicada nas oficinas de emprego para casar oferta e demanda laboral en tempo real ou sobre a Rede de polos de emprendemento.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRomán Rodríguez reitera no Parlamento que Galicia conta este curso con máis profesores malia ter menos alumnos
Summary:
Ademais, por primeira vez o alumnado galego pode estudar de balde ata a universidade, grazas á nova gratuidade das matrículas impulsada pola Xunta
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, sinalou hoxe no Parlamento como un dobre reto superado a organización do curso 2024/25 no marco da maior modernización acometida no ensino galego no marco dos últimos 30 anos. Como proba destacou que este ano o sistema educativo galego conta con máis profesores ca nunca, 31.603, malia ao descenso de alumnos, con 4.000 menos nas etapas de Infantil e Primaria.
Neste sentido, salientou como un dos piares deste camiño de melloras o acordo asinado cos sindicatos, que permite manter abertas más de 200 aulas este ano e arredor de 900 nos próximos tres, que coas rateos anteriores pecharían.
O titular do departamento educativo da Xunta fixo fincapé na progresividade do acordo e en que a Consellería está a aplicar todos o seus puntos. As propias organizacións recoñecen que xa se están a notar as melloras. Así mesmo, puxo en valor medidas como a ponderación do alumnado con necesidades educativas especiais para ofrecer unha atención máis personalizada, reforzando a Galicia como a comunidade co ensino máis inclusivo de España.
Ensino de balde ata a universidadeRomán Rodríguez incidiu tamén na importancia nesta senda de mellora do ensino galego a gratuidade das matrículas universitarias e das ensinanzas artísticas superiores, impulsada pola Xunta para garantir a educación totalmente gratuíta para os galegos desde a escola infantil aos estudos superiores, unha medida pioneira e única en España.
“Despois de conxelar as taxas durante 14 anos consecutivos, quixemos dar un paso máis”, afirmou o conselleiro, lembrando que preto de 20.000 estudantes universitarios e de ensinanzas artísticas se van poder beneficiar da gratuidade da matrícula. “A universalización do acceso ás ensinanzas superiores vaise traducir nun aforro medio de 3.000€ que se suma ás medidas xa existentes”, dixo o conselleiro.
Cumprimento de rateosNo referido a peticións concretas por parte dalgunhas comunidades educativas, o conselleiro afirmou que en todos os casos se cumpren tanto as rateos como o número de alumnos máximo establecidos para os agrupamentos.
Así, en relación ás preguntas realizadas sobre os centros de Muxía (colexios CEIP Virxe da Barca, CEIP de Vilarmide-Eduardo Noya e CEIP dos Muíños), Laxe (CPI Plurilingüe Cabo da Area), Fisterra (CEIP Areouta), Cee (CEIP Plurilingüe Vila de Cee) e Carnota (CEIP do Pindo), Miño (CPI Castro Baxoi) e Alfoz (CEIP Plurilingüe do Castro de Ouro), Román Rodríguez explicou que todas as unidades están por debaixo das rateos máximas establecidas. De feito a rateo global nestes centros están entre os cinco e os 12 alumnos por profesor.
Atención á diversidadeNo que se refire á atención á diversidade, estase a ponderar ao alumnado con necesidades educativas especiais tanto en Infantil como en Primaria, ademais de reforzar os recursos para atender ao alumnado cos especialistas que necesitan en cada momento.
Neste caso puxo como exemplo o CEIP dos Muíños (Muxía), que este curso ten cinco alumnos máis e vai contar cun docente máis e un especialista en Pedagoxía Terapéutica a maiores que o curso pasado, ou o CEIP do Pindo (Carnota), que con menos alumnos conta cos mesmos especialistas (un en Audición e Linguaxe e outro en Pedagoxía Terapéutica).
Tamén se reforzou o cadro de persoal do CPI Castro Baxoi (Miño), que aumenta un especialistas en Audición en Linguaxe (hai 2 do centro, ademais de 2,5 especialistas en Pedagoxía Terapéutica); mentres que no caso do CEIP Plurilingüe do Castro de Ouro (Alfoz) se axustou ás necesidades do alumnado, pasando de ter un especialista en Pedagoxía Terapéutica compartido a ter un en Audición e Linguaxe tamén compartido, isto por riba do que lle corresponde por catálogo.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalAberto o prazo para que o alumnado galego que estuda portugués no seu centro educativo poida acreditar o seu nivel nesta lingua de xeito gratuíto
Summary:
Os institutos públicos galegos teñen ata o 23 de outubro para inscribirse nas probas, que se realizarán a través dunha plataforma electrónica nos propios centros
Están dirixidas a estudantes de 4º de ESO e 2º de Bacharelato que estean a cursar portugués como lingua estranxeira nun centro público galego
Esta acción é froito dun acordo pioneiro entre a Xunta e o Instituto Camões que non ten ningunha outra comunidade autónoma
Idioma GallegoA Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de abrir a convocatoria para que os institutos galegos que imparten lingua portuguesa soliciten participar nas probas Camões Junior para certificar o nivel de competencias dos estudantes nesta lingua a través dun exame totalmente gratuíto para as familias.
As probas están destinadas a alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato que no presente curso estea a cursar Portugués como primeira ou segunda lingua estranxeira nun instituto público galego. Os centros, que son os encargados de seleccionar ao alumnado participante, dispoñen de prazo ata o día 23 deste mes para participar nesta acción que se desenvolve por primeira vez este curso grazas a un acordo pioneiro acadado entre a Xunta de Galicia e o Instituto Camões.
As probas, que se realizan a través dunha plataforma electrónica, consisten nun único exame para avaliar o grao de desempeño global nas competencias de comprensión e de expresión oral (un 50% da puntuación total) e de comprensión e expresión escrita (outro 50%) co fin de acreditar o nivel lingüístico A1, A2 ou B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
Para acadar a certificación os estudantes terán que superar as probas do Exame de Portugués Lingua Estranxeira Camões Júnior, pero non terán que desprazarse para facelo, senón que as farán desde o seu centro educativo a través dunha plataforma electrónica.
O Instituto Camões será o encargado da organización e xestión das probas, que se que de forma xeral se levarán a cabo nas instalacións de cada centro educativo nas datas acordadas entre ambas partes.
Cómpre lembrar que Galicia é a primeira Comunidade Autónoma en subscribir un acordo deste tipo co Instiuto Camões que, ademais, deriva da aplicación da Lei Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa o vínculos coa lusofonía. Ademais, están en marcha programas como Escolas de fronteira ou Ponte nas Ondas para fomentar a relación dos escolares de ambos os países.
Arredor de 5.500 alumnosPrecisamente o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP reafirmou hoxe no Parlamento de Galicia o compromiso do Goberno galego coa aprendizaxe da lingua lusa nos centros educativos galegos. Segundo as últimas cifras, estudan portugués unhas 5.500 persoas tanto en institutos como en escolas de idiomas.
Román Rodríguez tamén defendeu a continuidade do ensino do portugués no Instituto IES San Paio (Tui), que conta este curso coa mesma dotación de profesorado para o ensino desta lingua ca o ano pasado. “En ningún caso está en perigo o ensino do portugués”, explicou, sinalando que o Regulamento Orgánico dos Institutos establece que, para ter un departamento dunha lingua (agás inglés), esta ten que ser a primeira optativa no centro, o que non ocorre neste centro.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalPublicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024/2025 do corpo de mestres
Xúntase a Resolución do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións definitivas de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024/25 correspondentes ás especialidades do corpo de mestres.
As persoas interesadas poderán formular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), un recurso potestativo de reposición, utilizando o procedemento ED001A, no prazo dun (1) mes a contar dende o día seguinte ao da súa publicación no portal de Internet da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, https://www.edu.xunta.gal, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
- Prazo de presentación de recurso: do 10 de outubro de 2024 ao 11 de novembro de 2024
As listaxes definitivas de persoas admitidas poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/
Anuncio principal:
Publicación das listaxes provisorias de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024/2025 do corpo de mestresServizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Programas e plans Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación infantil Educación primariaDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaColectivo:
ProfesoradoListas definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024/25
Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproban as listas definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024-2025 correspondente aos corpos de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas e de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.
As persoas participantes poderán formular recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A, opción “Recurso” da solicitude no corpo e especialidade correspondente, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
Prazo: do 10 de outubro ata o 11 de novembro (ambos incluídos).
Anuncio principal:
Listas provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024/2025Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Programas e plans Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial Ensinanzas de idiomas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoResolución do 8 de outubro de 2024 pola que se regula a selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario de Galicia para obter a e-certificación de portugués lingua estranxeira (Camões Júnior), curso 2024/2025
Resolución do 8 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa pola que se regula a selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da comunidade autónoma de Galicia para certificar o seu nivel de lingua portuguesa mediante a e-certificación de portugués lingua estranxeira (Camões Júnior) durante o curso 2024/2025.
- O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Portal Educativo http://www.edu.xunta.gal.
Acceso á aplicación para realizar a solicitude: Acceso á aplicación
File:
Resolución do 8 de outubro de 2024Tema:
Lingua estranxeiraEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas EducativosColectivo:
Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletín Linguas estranxeirasAviso de precaución por ventos
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e MeteoGalicia, informan dun fenómeno meteorolóxicos adverso de nivel LARANXA POR VENTOS en toda a Comunidade Autónoma de Galicia., dende as 06:00 ata as 14:00 do 9/10/2024.
Ante a devandita situación a Comisión Escolar de Alertas, acordou o seguinte:
- A SUSPENSIÓN de actividades no exterior DURANTE O MÉRCORES 9 en todos os centros educativos de Galicia.
- Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.
File:
ActaTema:
Información xeral Alertas e avisosDepartamento:
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional Secretaría Xeral TécnicaColectivo:
Profesorado Alumnado Familias Centros Empresas- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »