NOVAS
Novas eduxunta
Convocatoria do programa educativo Cinema con perspectiva 2024-2025
Resolución do 6 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa educativo “Cinema con perspectiva” dirixido a centros educativos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2024/25.
File:
Resolución do 6 de novembro de 2024: Convocatoria SolicitudeTema:
Programas e plansEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e ConvivenciaColectivo:
CentrosSección:
Boletín Portada de boletínPuntuacións provisionais obtidas polas persoas candidatas aos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade, correspondentes ao curso 2023/24
Anuncio principal:
Orde do 24 de xullo de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, curso 2023/24Tema:
Premios autonómicosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de danza Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Ensinanzas de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoCorrección de erros da Resolución da Secretaría Xeral de Universidades pola que comunica o resultado da avaliación do rendemento das persoas investigadoras contratadas no Programa de axudas para a atracción e retención do talento investigador
Xúntase a Corrección de erros da Resolución da Secretaría Xeral de Universidades pola que comunica o resultado da avaliación do rendemento das persoas investigadoras contratadas no Programa de axudas para a atracción e retención do talento investigador na categoría de personal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Anuncio principal:
Axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do SUG para o ano 2020Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Planificación e Estruturación da InvestigaciónColectivo:
AlumnadoA Xunta investirá en 2025 preto de 71 M€ en obras en centros educativos, un 13% máis
Summary:
A folla de ruta do Goberno galego para a modernización dos centros inicia unha segunda fase con 200M€ para os próximos catro anos
A intervención en Oroso ten un orzamento de máis de 310.000€ e vai dirixida a mellorar o confort térmico e a eficiencia enerxética do centro
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, explicou esta mañá que os Orzamentos da Xunta para 2025 inclúen 70,7M€ para obras en centros educativos a través do Plan de nova arquitectura pedagóxica. Fíxoo nunha visita ao Colexio CEIP Plurilingüe de Sigüeiro, no concello coruñés de Oroso, onde presentou o proxecto de renovación da cuberta deste centro, unha das obras incluídas no plan e na que a Xunta investirá máis de 310.000€
O titular do departamento educativo do Goberno galego sinalou que a partida para obras de 2025 se incrementa nun 12,8% respecto da do ano 2024, cando se destinaron 62,6M€. “O obxectivo é impulsar o Plan de nova arquitectura pedagóxica, que comeza agora unha segunda fase cun investimento inicial de 200M€ para os próximos catro anos”, destacou Román Rodríguez. “Desde 2021 executamos máis de 2.700 obras de modernización de centros educativos no marco deste plan”, recordou.
Mellora da eficienciaNo caso da intervención do cambio de cuberta do Colexio CEIP Plurilingüe de Sigüeiro, o conselleiro explicou que a intervención vai dirixida a mellorar o confort térmico e a eficiencia enerxética do centro e, polo tanto, o día a día da comunidade educativa deste colexio. Neste sentido, sinalou que a obra entronca directamente cos obxectivos do Plan de nova arquitectura pedagóxica, a través do que se traballa activamente para acadar uns centros con menor consumo e máis verdes.
A obra consistirá na colocación de cuberta de panel sándwich de 30 mm de espesor na edificación principal e no anexo posterior. As partes que na actualidade son de paneis de policarbonato mudaranse por unhas placas de policarbonato celular. A maiores, instalaranse novas baixantes e unha nova canle de recollida de augas pluviais en aceiro galvanizado. A obra licitarase antes de final de ano e o seu comezo está previsto para o final do curso 2024/25, unha vez remate a contratación.
Nos últimos anos a Xunta investiu máis de 5M€ nos centros educativos de Oroso, incluíndo a construción do Colexio CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés. No último ano destináronse 40.000€ a pequenas actuacións como a substitución da impermeabilización da cuberta dos vestiarios do Instituto IES de Oroso ou a reparación de formigóns de aleiros e asfaltado da rampla de acceso ao pavillón no Colexio CEIP Plurilingüe de Sigüeiro.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta reforza o seu compromiso co ensino do portugués tras cuadriplicar o número de alumnos en dez anos
Summary:
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa recorda no Parlamento o acordo co Instituto Camões, que facilita a acreditación gratuíta de niveis de portugués
Idioma GallegoA directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, reafirmou hoxe no Parlamento o apoio da Xunta ao fomento do ensino do portugués en Galicia, un compromiso reflectido no crecemento de estudantes. Nos últimos 10 anos, o número de alumnos de portugués multiplicouse por catro, acadando neste curso un total de 4.513 estudantes de 77 centros.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou na súa intervención a principal novidade deste ano, o recente acordo co Instituto Camões, que facilita ao alumnado galego a posibilidade de certificar gratuitamente os seus niveis de competencia en portugués. Esta colaboración pioneira permite obter certificacións nos niveis A1, A2 e B1 do Marco Común Europeo ao finalizar a ESO e o Bacharelato. Galicia convértese, así, na primeira Comunidade Autónoma en formalizar un convenio deste tipo, un paso relevante que se enmarca na Lei Valentín Paz Andrade para a promoción do portugués e o fortalecemento dos vínculos coa lusofonía.
No referido ao ámbito educativo, este curso favorecerase a aprendizaxe de portugués a través de 11 auxiliares de conversa. Outra iniciativa son os cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado das escolas oficiais de idiomas. Ademais, o alumnado de Bacharelato tamén pode afondar no seu coñecemento do idioma participando na convocatoria para vivir unha aprendizaxe inmersiva en Portugal con estadías no verán.
Así mesmo, a directora xeral recordou outras iniciativas en marcha para promover o ensino do portugués, como os programas Escola de Fronteira e Ponte... nas ondas!, ambos en funcionamento desde o curso pasado. Escola de Fronteira fomenta competencias bilingües e interculturais entre centros galegos e portugueses e contou o curso pasado coa participación de seis colexios. Pola súa parte, Ponte... nas ondas!, recoñecido pola UNESCO en 2022, busca preservar e transmitir o patrimonio cultural galego-portugués a través dun modelo de educación patrimonial, e xa conta coa colaboración de 20 centros.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional2ª Resolución de concesión das axudas para completar a etapa de Formación posdoutoral 2024
Anuncio principal:
Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2024Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-TecnolóxicaColectivo:
AlumnadoEstadías formativas en empresas ou organismos equiparados 2024. Resolución da avaliación
Publicada a resolución de avaliación da Comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2024 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
Tema:
Formación Estadías formativas en empresas ou instituciónsEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación ProfesionalColectivo:
Profesorado Centros EmpresasSección:
Boletín Portada de boletínRelación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de Catedráticos de música e artes escénicas (593) e do corpo de profesores de música e artes escénicas
Xúntase a Resolución do 7 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades 593100 Tecnoloxía musical e 593476 Jazz-contrabaixo do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593) e en diversas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) (Código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A
- Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
- Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas
Anuncio principal:
Convocatoria de elaboración das listas de interinidades e substitucións en especialidades de catedráticos e profesores de música e artes escénicas (593) e (594), e de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A)Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Ensinanzas de música Ensinanzas superiores de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoRelación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de Secundaria (590)
Xúntase a Resolución do 07 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades 590107 Informática, 590206 Instalacións electrotécnicas e 590227 Sistemas e aplicacións informáticas do corpo de profesores de ensino secundario (590) (Código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incluido no procedemento normalizado ED003A
- Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
- Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas.
Anuncio principal:
Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial Formación Profesional Básica Educación de persoas adultas Bacharelato de adultos Ensinanzas de educación secundariaDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoA Xunta actualizará o decreto de formación do profesorado para axustalo ás necesidades actuais como elemento chave para a calidade do ensino
Summary:
Inicia o proceso para recoller achegas previas para a nova normativa que modernizará estas actividades e as adaptará á dixitalización, entre outros
Substituirá á normativa de 2011 e avanzará sobre o traballo realizado nos últimos anos, con récord de participación docente nas actividades do Plan de formación
O conselleiro Román Rodríguez participa hoxe na xornada de mentorización de novas direccións de centros de ensino, unha actividade do Plan de formación docente
Idioma GallegoA Xunta de Galicia vai traballar nun novo decreto para regular a formación do profesorado e axustala ás necesidades actuais e blindala como elemento chave para a calidade do ensino e a mellora permanente da atención que recibe o alumnado. Con esta finalidade, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP iniciará esta semana o proceso coa publicación no Portal de Transparencia do anuncio para recoller achegas previas de cara a elaborar un novo decreto que modernice estas actividades e as adapte aos novos desafíos.
O novo texto avanzará sobre o texto vixente, que data de 2011, e regulará un modelo de formación permanente con vocación de mellora, pensamento innovador e sustentado no traballo realizado en anos anteriores, nos que se veñen rexistrando récords de participación nas actividades do Plan de formación do profesorado. Non en balde, o curso pasado realizáronse un total de 5.854 actividades, un 6% máis ca no curso anterior, das que gozaron máis de 31.370 docentes, o 87% do profesorado galego.
Precisamente, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participa hoxe nunha das actividades previstas no Plan de formación do profesorado deste ano, unha xornada de mentorización de novas direccións de centros de ensino. É a primeira vez que se celebra esta actividade, de nivel avanzado, no marco do itinerario específico de formación de equipos directivos, no que a Xunta está a facer un especial fincapé polo papel fundamental destas persoas nos centros.
Novos retos sociais e tecnolóxicosA nova normativa terá carácter proactivo, con intención de anticiparse aos continuos e cada vez máis rápidos cambios que afectan en xeral á sociedade e, como parte dela, ao sistema educativo en eidos como a dixitalización, a intelixencia artificial, a internacionalización ou o incremento da multiculturalidade nas aulas, entre outros.
Tamén buscará a promoción e o desenvolvemento das competencias profesionais do profesorado para contribuír á mellora da calidade da educación, conxugando a súa necesaria actualización -para facer fronte ás novas necesidades da sociedade actual- coa resposta que debe dar ás súas expectativas de mellora no exercicio profesional.
Para iso, proporase unha resposta dinámica e flexible ás esixencias do sistema educativo, concedendo un especial protagonismo ás necesidades de cada centro. De feito, situarase aos centros de ensino como núcleo central da acción formativa do profesorado, aínda que á fronte da Rede de formación permanente do profesorado seguirán, ademais do servizo encargado na Consellería, o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e os centros de Formación e Recursos (CFR).
Así mesmo, o novo texto fomentará a investigación e a innovación educativa, así como a constitución de redes de colaboración e coaprendizaxe docente.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución definitiva da convocatoria do programa Radio na Biblio para o curso 2024/25
Xúntase arquivo coa Resolución do 4 de novembro de 2024 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de participación no programa Radio na Biblio nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2024/25.
Anuncio principal:
Convocatoria de Radio na Biblio, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros públicos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2024/25Tema:
Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolaresEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
CentrosPreto de 1400 alumnos de 51 centros educativos galegos formaranse no uso seguro das tecnoloxías a través da VI Ciberliga
Summary:
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa participa na inauguración do certame, na que os estudantes aprenden competencias en ciberseguridade
A iniciativa, da Garda Civil, entronca coa aposta da Xunta polo benestar dixital
Idioma GallegoA directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou hoxe na presentación da VI Ciberliga 2024/25 no Instituto IES Alfredo Brañas. A iniciativa, impulsada pola Garda Civil, ten o propósito de formar a preto de 1.400 estudantes de 4º da ESO de 51 centros educativos en competencias de ciberseguridade e uso responsable das novas tecnoloxías.
O certame persegue, ademais de fomentar unha contorna dixital segura e sensibilizar sobre ciberseguridade, ofrecer ao alumnado unha formación práctica e motivadora a través de actividades lúdicas. Deste xeito, as novas xeracións adquiren habilidades clave para os retos da sociedade actual mediante unha experiencia educativa que combina aprendizaxe e diversión.
Esta actividade entronca coa aposta da Xunta de Galicia polo benestar dixital do alumnado, que inclúe tamén iniciativas como os programas Pegada Dixital ou Navega con rumbo, este último desenvolvido en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia. Os obxectivos da Ciberliga coinciden tamén cos da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, promovendo unha interacción adecuada e responsable en contornas dixitais.
Dúas fasesA liga estrutúrase en dúas fases diferenciadas. A primeira, unha etapa clasificatoria que se realizará en liña entre o 25 e o 29 de novembro, permitirá a cada centro elixir a data e hora que mellor se adapten á súa organización. Neste proceso inicial, os participantes recibirán formación sobre o uso seguro das tecnoloxías, a través dunha sesión en streaming que combina explicacións teóricas e prácticas. Tras esta introdución, realizarán unha competición na que deberán resolver un ciber-reto, que inclúe unha exposición explicativa e unha práctica final para aplicar os coñecementos adquiridos.
Os equipos mellor puntuados en cada centro educativo pasarán á fase final galega, da que sairá a selección dos cinco mellores grupos que representarán a Galicia a nivel nacional. Esta última etapa está prevista de forma presencial entre o 10 e o 14 de marzo de 2025 nas instalacións da Academia de Oficiais da Garda Civil en Aranjuez (Madrid). Alí, ademais de afrontar o reto final, os participantes asistirán a actividades complementarias e realizarán novos exercicios prácticos, enfocados a seguir desenvolvendo as súas habilidades en ciberseguridade.
A VI Ciberliga reúne centros educativos das catro provincias galegas:
Provincia
Concello
Centro
A Coruña
Arzúa
CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Rosario
A Coruña
As Pontes de García Rodríguez
IES Moncho Valcarce
A Coruña
Betanzos
IES Francisco Aguiar
A Coruña
Boimorto
CPI Armando Cotarelo Valledor
A Coruña
Cambre
IES David Buján
A Coruña
Carballo
IES Alfredo Brañas
A Coruña
Coristanco
EFA Fonteboa
A Coruña
Ferrol
CPR Plurilingüe Valle-Inclán 1
A Coruña
Narón
IES As Telleiras
A Coruña
Padrón
IES Camilo José Cela
A Coruña
Sada
IES Isaac Díaz Pardo
A Coruña
Santiago de Compostela
IES Plurilingüe Rosalía de Castro
A Coruña
Rois
CPI Plurilingüe dos Dices
A Coruña
Touro
CPI Plurilingüe Fonte Díaz
A Coruña
Zas
IES Maximino Romero de Lema
Lugo
Alfoz
IES Alfoz – Valadouro
Lugo
A Pastoriza
IES Fonmiñá
Lugo
Burela
IES Perdouro
Lugo
Cervo
IES Marqués de Sargadelos
Lugo
Cospeito
CPI Plurilingüe Virxe do Monte
Lugo
Foz
CPR Plurilingüe Martínez Otero
Lugo
Lugo
CPR Fingoi
Lugo
Lugo
IES Muralla Romana
Lugo
Meira
IES Pedregal de Irimia
Lugo
Mondoñedo
IES Plurilingüe San Rosendo
Lugo
Monforte de Lemos
IES A Pinguela
Lugo
Monforte de Lemos
IES Francisco Daviña Rey
Lugo
Monforte de Lemos
CPR Plurilingüe Real Colegio Padres Escolapios
Lugo
Sarria
CPR Nuestra Señora de la Asunción
Lugo
Sarria
CPR Plurilingüe La Merced
Ourense
Ourense
IES Universidade Laboral Ourense
Ourense
Castro Caldelas
CPI Virxe dos Remedios
Ourense
Coles
CPI Plurilingüe Antonio Faílde
Ourense
O Barco de Valdeorras
IES Lauro Olmo
Ourense
O Pereiro de Aguiar
CPR Miraflores
Ourense
Ourense
CPR Plurilingüe María Auxiliadora
Ourense
Ourense
CPI Plurilingüe José García García
Ourense
Viana do Bolo
IES Carlos Casares
Pontevedra
Baiona
CPI Cova Terreña
Pontevedra
Catoira
CPI do Progreso
Pontevedra
Marín
CPR Plurilingüe San Narciso
Pontevedra
Meaño
IES de Meaño
Pontevedra
Mos
IES de Mos
Pontevedra
Moaña
IES Plurilingüe A Paralaia
Pontevedra
Nigrán
CPR Plurilingüe Ángel de la Guarda
Pontevedra
Pontevedra
FESB Colexio Sagrado Corazón Placeres
Pontevedra
Vigo
CPR Plurilingüe Las Acacias
Pontevedra
Vigo
IES A Guía
Pontevedra
Vigo
IES Castelao
Pontevedra
Vigo
CPR Plurilingüe Losada
Pontevedra
Vigo
CPR Plurilingüe María Inmaculada
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRelación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo 593 e 595
Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e pública a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593) e do corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
- Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
- Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.
Prazo: dende o 7 ata o 11 de novembro ambos incluídos
Anuncio principal:
Convocatoria de elaboración das listas de interinidades e substitucións en especialidades de catedráticos e profesores de música e artes escénicas (593) e (594), e de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A)Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Ensinanzas de música Ensinanzas superiores de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoListaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas nos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2023/24 en centros públicos de Galicia
Anuncio principal:
Convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2023/24 en centros públicos de GaliciaTema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais Ensinanzas de arte dramática Ensinanzas superiores de deseño Ensinanzas superiores de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoConvocatoria de selección de centros para participar no Programa Aventura DigiCraft 2024/25
Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se convoca a selección de centros para participar no programa Aventuras DigiCraft no marco do Plan DIGITALENT durante o curso 2024/25.
Solicitude: https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/
Os centros interesados en participar deben consignar unha solicitude por cada unha das modalidades que solicita.
File:
ConvocatoriaTema:
Información xeral Programas e plans Convenios de colaboraciónEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional Entidades autonómicasColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínO alumnado da ESO mellorará o seu coñecemento en física grazas a unha iniciativa da Xunta e o IGFAE
Summary:
A Consellería de Educación e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías alíanse e crean un kit de Polos Creativos para aprender ciencia dun xeito didáctico
O proxecto de innovación, que chegará a 500 centros que imparten Secundaria na Comunidade, está composto por 420 pezas de construción encaixables
Idioma GallegoA Xunta de Galicia e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) alíanse para que o alumnado galego mellore os seus coñecementos científicos. Fano a través do programa de Polos Creativos, que suma un novo kit singular elaborado entre ambas institucións e que chegará a 500 centros da Comunidade que imparten ESO. A iniciativa foi presentada hoxe polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o director do IGFAE, Carlos Salgado, nunha xornada de traballo para o envío do material aos centros de ensino.
O proxecto leva por nome A materia peza a peza e, como afirmou o conselleiro, trátase “dun esforzo didáctico para achegar aos nosos mozos a este campo de coñecemento de maneira amena e sinxela”. Non en balde, Galicia é, segundo o último informe PISA, a comunidade autónoma onde os estudantes teñen maior competencia en ciencias, algo que iniciativas como esta aspiran a consolidar. De feito, con 506 puntos, Galicia ocupa a octava posición a nivel internacional, fronte ao posto 27 de España con 486 puntos.
Concretamente, este novo kit dos Polos Creativos está composto por 420 pezas de distintas cores, cada unha das cales representa unha partícula elemental da materia, e unha guía didáctica. O kit conta con 180 pezas laranxas que corresponden aos chamados quarks up, 180 azuis que representan quarks down e 60 brancas que son os electróns. Con estas pezas, como se explicou na presentación, é posible construír protóns e neutróns que, xunto con electróns, posibilitan a construción de átomos, cos seus diversos isótopos e a súa agregación en moléculas.
Estimular as vocacións STEMDeste xeito, a través destes materiais poderase explicar dunha maneira moi didáctica o que é a física de partículas, a rama da física que estuda os compoñentes elementais da materia e as interaccións entre eles. “Queremos estimular as vocacións STEM que son fundamentais, cada vez máis, na nosa sociedade. Parecen competencias duras, pero se se fan dun xeito amable, divertido, práctico, visual e manipulativo -como propón este kit de Polos Creativos- é moito máis doado que os adolescentes galegos poidan aproximarse a cuestións complicadas como estas”, afirmou o conselleiro na presentación.
Durante a xornada púxose de manifesto a importancia da divulgación nesta materia desde idades temperás. “Cando somos quen de ver como repercute na nosa vida cotiá e facémolo dun xeito adaptado, apréndese moito mellor”, apuntou o conselleiro ante os participantes, que realizaron 500 kits -un total de 215.000 pezas- para repartir nos máis de 450 centros educativos que imparten ESO e dotar tamén dos mesmos aos centros de formación e recursos, que son os espazos onde o profesorado mellora os seus coñecementos.
A presentación levouse a cabo nas novas instalacións do IGFAE- organismo mixto da Xunta e a Universidade de Santiago- onde o Goberno autonómico está a investir 4,8 millóns de euros en rehabilitación e mellora das infraestruturas de investigación.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta destaca o valor da I Semana do Emprendemento do instituto de Sabón para achegar ao alumnado as experiencias de éxito neste eido
Summary:
A directora xeral de FP sinala que a Xunta fomenta a cultura emprendendora a través de iniciativas como os viveiros de empresa e as aulas de emprendemento
O obxectivo do evento é que o alumnado coñeza casos de éxito de empresarios que cursaron no seu momento os mesmos ciclos que eles cursan agora
Idioma GallegoA directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participou esta mañá na inauguración da I Semana do Emprendemento organizada polo Instituto IES de Sabón, unha iniciativa da que destacou o seu valor para achegar ao alumnado “á realidade empresarial desde outra perspectiva, a de o autoemprego, que non sempre é valorada en primeira opción”. “Desde a Xunta levamos máis dunha década impulsando a cultura do emprendemento entre o alumnado a través do Plan Eduemprende, con especial impulso á rede de viveiros de empresa, presente xa en 33 centros educativos”, destacou a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.
Así mesmo, puxo en valor as 100 aulas de emprendemento despregadas pola Xunta en centros que imparten ensinanzas de FP, entre eles o IES de Sabón. A través deste programa desenvólvense actividades que fomenten e canalicen as iniciativas emprendedoras do alumnado e ofrécese soporte administrativo e técnico para as primeiras fases dun proxecto. Se acada un nivel de madurez suficiente para a súa posta en marcha, faranse as xestións necesarias para a súa integración nun viveiro de empresa da Consellería fanse despois.
Precisamente o IES de Sabón decidiu celebrar esta Semana do Emprendemento no marco da súa adhesión a este programa, co obxectivo de que o alumnado coñeza casos de éxito de empresarios que cursaron no seu momento os mesmos ciclos que eles cursan agora. Así mesmo, o evento busca ser un punto de encontro entre o centro e algunhas empresas onde o alumnado pode realizar as súas prácticas. Ata o vindeiro venres, cada unha das xornadas dedicarase a cada unha das familias profesionais que se imparten no centro, en concreto Hostalaría e turismo, Actividades físicas e deportivas, Administración e xestión e Electricidade e electrónica. Participan no evento tamén alumnos de outros centros da comarca da Coruña.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalJudith Fernández subliña o labor da Inspección Educativa como garante do bo funcionamento do sistema
Summary:
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa abre un curso de formación para novos inspectores
Idioma GallegoA directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, salienta o labor que leva a cabo a Inspección Educativa como unha das pezas clave para garantir o correcto funcionamento do sistema. Así o puxo de manifesto durante a apertura dun curso de formación para novos profesionais do servizo de Inspección.
O curso, que se celebra no Centro Autonómico de Formación e Innovación, CAFI, en Santiago de Compostela, desenvolverase ao longo de seis xornadas de traballo neste mes de novembro. No día de hoxe abórdanse cuestións como a xestión dos recursos humanos nos centros educativos e a Formación Profesional. Na xornada de mañá abordarase o proceso de admisión do alumnado nos centros e o manexo da aplicación ao respecto, a dixitalización e a práctica inspectora coa formulación, desenvolvemento e resolución de casos prácticos. O curso continuará o xoves centrado nas Ensinanzas de Réxime Especial como son as de idiomas, deportivas e artísticas. Tamén haberá novas sesións formativas os días 18, 19 e 20 de novembro.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución provisional de centros admitidos na convocatoria do programa Clubs de Lectura para o curso 2024/25
Xúntase arquivo coa Resolución provisional de centros admitidos na convocatoria do programa Clubs de Lectura nas modalidades de nova incorporación e de continuidade.
Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións ou renuncias.
Anuncio principal:
Convocatoria do programa Clubs de Lectura en centros públicos titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional para o curso 2024/25Tema:
Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolaresEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado CentrosConvocatoria XIII Programa Educativo Navega con Rumbo
Resolución do 4 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a XIII edición do programa educativo Navega con Rumbo dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2024-2025.
File:
Resolución do 4 de novembro de 2024 Anexo ITema:
Programas e plansEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e ConvivenciaColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletín- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »