NOVAS
Novas
Resolución provisional de centros adheridos ao programa Bibliotecas Escolares Solidarias Voluntariado para o curso 2024/25
Xúntase arquivo coa Resolución provisional de centros adheridos ao programa Bibliotecas Escolares Solidarias Voluntariado nas modalidades de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria e Voluntariado na biblioteca escolar Secundaria e outras ensinanzas para o curso 2024/25.
Ábrese un prazo de tres días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación no portal educativo, para efectuar reclamacións ou renuncia.
Anuncio principal:
Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2024/25Tema:
Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolaresEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosConvocatoria da Primeira Proba da fase A do procedemento para cubrir con carácter provisional postos de traballo de inspección educativa da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2024/25
Anuncio principal:
Publicación do procedemento para cubrir con carácter provisional postos de traballo de inspección educativa no curso 2024/25Tema:
Inspección Educativa Destinos provisionais e outros concursosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaColectivo:
ProfesoradoRelación de centros seleccionados para participar nos programas do Plan Eduemprende 2024-2025
Publicada a Resolución do 21 de novembro de 2024 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos para participar nos programas do Plan Eduemprende durante o curso 2024-2025.
Tema:
Programas e plans eduemprendeEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Coordinación co Sistema ProdutivoColectivo:
CentrosSección:
Boletín Portada de boletínGalicia comparte coas Illas Baleares o seu modelo de Formación Profesional innovadora que é referente a nivel estatal
Summary:
Coinciden na necesidade de seguir impulsando as ensinanzas de FP, que en Galicia acadan cifras récord de matrículas e inserción laboral
Coñecen os diferentes proxectos que se están a desenvolver nas catro áreas de especialización do Centro Galego da Innovación da FP en Ourense
Comproban o funcionamento do Centro Integrado de FP Carlos Oroza de Pontevedra, especializado na hostalaría, un sector moi importante na economía balear
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o conseller de Educación e Universidades das Illas Baleares, Antoni Vera, visitan hoxe dous centros de referencia na Formación Profesional: o Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros, en Ourense, e o Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza, en Pontevedra, para dar a coñecer e compartir o modelo galego nestas ensinanzas.
Deste xeito, Galicia amósalle á delegación balear o seu facer na Formación Profesional, con accións que poderían ser exportables á Comunidade balear e que xa se están aplicando nas nosas aulas. Como afirmou o representante do Goberno balear, a industria de servizos demanda cada vez máis perfís especializados, polo que é preciso impulsar unha maior oferta formativa e ampliar as súas infraestruturas da rede de centros integrados.
No transcurso da visita, os dous conselleiros coincidiron na necesidade de seguir impulsando o avance das ensinanzas de FP, que se teñen consolidado nos últimos anos como un referente de calidade, innovación e empregabilidade e xeran unha enorme confianza nos sectores produtivos. Neste sentido, Román Rodríguez reafirmou que a FP é “un eixo estratéxico, unha política de país que nos serve para dar oportunidades laborais e de futuro a cada vez máis persoas”.
En Galicia, declarou o representante da Xunta, a FP “avanzou en todos os ámbitos, pero destaca o incremento de alumnado, con preto de 69.000 matriculados este curso, o dobre que en 2009, e unha taxa de empregabilidade do 86 %”.
A innovación do Eduardo BarreirosNeste sentido, Román Rodríguez destacou a labor que se realiza desde o Centro Eduardo Barreiros, onde se concentran as liñas estratéxicas da Formación Profesional: a conexión co mundo laboral, o emprendemento e a innovación. Alí, Antoni Vera e o seu equipo puideron coñecer os diferentes proxectos e iniciativas que se están a desenvolver nas catro áreas do centro: Innovación aplicada, Emprendemento industrial, Formación de alta especialización e Comunicación estratéxica e internacionalización.
Así mesmo, coñeceron como se traballa na visibilización do labor do centro como un referente de innovación, formación e emprendemento industrial no ecosistema da Formación Profesional.
O conseller de Educación e Universidades das Illas Baleares tamén se interesou polo programa de formación de alta especialización para docentes de FP que se imparte neste centro, con 96 actividades multidisciplinares e 1.440 prazas, así como polo programa InnovaTech FP, a través do que os alumnos se enfrontan á resolución de retos tecnolóxicos expostos por empresas. Así mesmo, Antoni Vera e o seu equipo coñeceron como se traballa na visibilización do labor do centro como un referente de innovación, formación e emprendemento industrial no ecosistema da formación profesional.
O sector da hostalaríaA visita remata no Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra, un centro especializado na hostalaría, un sector moi importante para a economía balear, onde a delegación insular coñece a oferta formativa enfocada no sector culinario e turístico.
O alumnado deste centro ten a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos no desenvolvemento de produtos tan orixinais como xabóns e aceites derivados de camelia. Actualmente, o Carlos Oroza conta con 352 alumnos e cunha ampla oferta formativa na que destacan ciclos de Cociña e restauración, Panadaría, repostaría e confeitaría, Servizos en restauración, Dirección de cociña, Xestión de aloxamentos turísticos e Guía, información e asistencia turísticas, entre outros.
A recente ampliación das instalacións deste centro, cun novo edificio, é outro dos ámbitos de interese debido ao obxectivo de ampliar a rede de centros integrados nas Illas Baleares.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica
Xúntase a Resolución do 20 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica, nos niveis de infantil e primaria (701402) e no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702403) nos centros docentes públicos que dependen desta consellería (código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet desta consellería, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" activado no procedemento normalizado ED003A
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
Anuncio principal:
Publicación convocatoria listas de relixión evanxélica (primaria e secundaria)Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Programas e plans Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoria BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos HumanosColectivo:
ProfesoradoResolución definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica
Xúntase a Resolución do 20 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702400), nos centros docentes públicos que dependen desta consellería(código de procedemento ED003A)
- As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet desta consellería, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" activado no procedemento normalizado ED003A
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
Anuncio principal:
Publicación convocatoria listas de relixión católica (secundaria)Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Programas e plans Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos HumanosColectivo:
ProfesoradoGalicia presenta por primeira vez na Feira SIMO de Madrid o seu modelo educativo de éxito
Summary:
A Xunta difunde os seus programas de innovación nun innovador stand propio nesta cita de referencia tecnolóxica para profesionais da educación en España
Román Rodríguez pon en valor o traballo do Goberno autonómico para lograr situar o ensino galego como “un referente a nivel nacional e internacional”
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe a Feira SIMO Educación 2024, un dos eventos máis importantes no ámbito da tecnoloxía para os profesionais do ensino en España con máis de 9.000 visitantes, onde por primeira vez a Xunta instala un stand para amosar o modelo educativo galego de éxito acreditado polos seus resultados.
O representante da Xunta de Galicia, ademais de coñecer toda a oferta tecnolóxica das empresas e entidades participantes e poder dialogar con profesionais e expertos nesta 10ª edición da feira que se celebra en Ifema, tamén mostrou o traballo que se fai desde o Goberno galego en materia de educación. “O sistema educativo galego é un referente a nivel nacional e internacional, algo que indican os principais indicadores comparativos”, sinalou Román Rodríguez.
Galicia atópase entre as comunidades que máis inviste por alumno, foi capaz de reducir a mínimos o abandono escolar e mellorou resultados académicos sendo líderes en ciencia, pensamento creativo e equidade. Así mesmo, é a comunidade que mellor garante a igualdade de oportunidades entre o alumnado, a que ten unha das mellores rateos alumno/profesor, así como o mellor nivel de inglés de todas as comunidades.
Neste sentido, o titular de Educación afirmou que se está a vivir “unha dinámica progresiva, pero non nos podemos conformar, pois debemos avanzar na calidade, na equidade e na igualdade de oportunidades”.
Ágora Dixital, Nova Arquitectura, Polos Creativos...O expositor da Consellería de Educación, que está atendido por profesionais da Consellería, foi realizado polo Centro de Innovación Educativa e Dixital. Este stand chamou a atención dos asistentes a feira polo emprego da intelixencia artificial, tecnoloxías innovadoras, unha pantalla holográfica e distintos vídeos divulgativos nos que explican os programas de innovación educativa da Xunta, entre os que destacan o Plan de nova arquitectura pedagóxica, os Polos Creativos ou o Plan MEGA de mellora educativa de Galicia. Tamén o traballo que se realiza desde o Centro da Innovación da FP Eduardo Barreiros e a potente rede de centros integrados de Formación Profesional, que posibilita unha matrícula récord.
Ademais, están a realizarse demostracións en directo dos proxectos Galiverso, no que se emprega a realidade virtual con fins pedagóxicos; Ágora Dixital, unha plataforma de recursos dixitais a disposición dos docentes para axudalos a desenvolver o seu labor na aula con propostas de aprendizaxe innovadoras e experimentais, e cREAgal, unha iniciativa que permite avanzar na ensinanza híbrida con materiais dixitais adaptados aos currículos educativos galegos e na que hai recursos gratuítos deseñados por un cento de docentes.
Para completar a participación do Goberno galego nesta feira educativa, representantes da Consellería interveñen en conferencias e mesas redondas que se celebran. É o caso da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, que participa na conferencia Datos e intelixencia artificial en educación, para analizar a importancia destas ferramentas á hora de mellorar a toma de decisións en educación.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución definitiva de centros seleccionados para participar no programa de formación Observa_Acción ao abeiro da RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2024
Resolución definitiva de centros seleccionados para participar no programa de formación Observa_Acción ao abeiro da RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2024/25 e 2025/26, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.
Anuncio principal:
Programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2024/25 e 2025/26, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacionalTema:
Formación OBSERVA_ACCIÓN Plans e actuacións en innovación educativaEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Programas de Formación Centro Autonómico de Formación e Innovación - CAFI e CFRs Centro de formación e recursos da Coruña Centro de formación e recursos de Ferrol Centro de formación e recursos de Lugo Centro de formación e recursos de Ourense Centro de formación e recursos de Pontevedra Centro de formación e recursos de VigoColectivo:
Profesorado CentrosUn cento de militares acreditan as súas competencias profesionais ao abeiro dun acordo entre a Consellería de Educación e o Ministerio de Defensa
Summary:
A directora xeral de FP e os representantes do Ministerio de Defensa en Galicia fan un seguimento deste acordo que abre novas vías profesionais
Idioma GallegoA directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, mantivo hoxe unha reunión co delegado do Ministerio de Defensa en Galicia, Coronel Bernal Martín, para facer un seguimento do acordo acadado hai un ano entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e o Ministerio de Defensa co fin de facilitar ao persoal militar o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da súa experiencia laboral ou por vías non formativas.
Grazas a este acordo, arredor dun cento militares e reservistas de Especial Dispoñibilidade puideron acreditar as súas competencias profesionais para un total de 183 unidades de ámbitos como a vixilancia e seguridade privada, amarre de porto e monoboias, actividades auxiliares de mantemento de máquinas, equipos e instalacións de buque, servizos administrativos ou condución de vehículos pesados.
A directora xeral explicou que o recoñecemento oficial das competencias adquiridas polas persoas que prestaron servizos militares mellorará as súas condicións laborais, abrindo novas posibilidades de inserción profesional e facilitando a súa adaptación ao mercado laboral civil. En Galicia, os centros de referencia para estas acreditacións son os centros integrados de FP CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, CIFP Universidade Laboral (Culleredo), CIFP Fraga do Eume (Pontedeume), CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol) e o CIFP A Xunqueira (Pontevedra).
Precisamente o impulso da acreditación de competencias profesionais é un dos sete eixos nos que se basea a Estratexia de FP Galicia 2030, onde se fai fincapé, entre outros, na colaboración co tecido socioeconómico a través das entidades empresariais e profesionais para actualizar e adaptar a oferta a esas necesidades e mellorar a empregabilidade e a formación dos traballadores.
Impulso do emprendementoPor outra banda, a directora xeral de FP tamén se reuniu esta mañá con representantes de seis asociacións e entidades empresariais de Galicia para avanzar no aproveitamento de sinerxías entre o ámbito educativo e o tecido produtivo.
Na xuntanza avaliouse o seguimento do programa Atrévete, enmarcado no Plan Eduemprende, co fin de seguir fortalecendo o apoio a iniciativas de emprendemento do alumnado, fomentando a creación de proxectos innovadores e viables, o desenvolvemento de proxectos conxuntos de innovación e transferencia tecnolóxica. Tamén se abordou o impulso da FP Dual Intensiva, dos procedementos de acreditación de competencias profesionais e a orientación vocacional e profesional adecuada, unha ferramenta fundamental para axudar aos estudantes a tomar decisións informadas e acertadas respecto ao seu futuro profesional.
Na reunión de traballo participaron as asociacións de empresarios de Sabón-Arteixo, de Ribeira, Sete Pontes, Polígono de San Cibrao e de Pontevedra, a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal e a Área empresarial do Tambre.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRelación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)
Xúntase a Resolución do 19 de novembro da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en certas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A)
- As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A.
- Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
- Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas.
Anuncio principal:
Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A)Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de idiomas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
Profesorado2ª Resolución de concesión das axudas de apoio predoutoral 2024
Publicado no DOG do día 18 de novembro a segunda resolución da Orde do 27 de decembro de 2023 das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG (convocatoria 2024).
Anuncio principal:
Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para o 2024Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-TecnolóxicaColectivo:
AlumnadoProxectos de formación para profesorado FP e E. de réxime especial. Resolución provisional 24-25
Publicada a resolución provisional de proxectos de formación presentados á convocatoria do 30 de setembro do 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2024-2025 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional.
Prazo para presentar reclamacións: ata o 22 de novembro de 2024.
Tema:
FormaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación ProfesionalColectivo:
Profesorado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínO Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta beneficia a 84 centros da provincia de Ourense
Summary:
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita a biblioteca escolar do Colexio CEIP Virxe de Covadonga
Destaca o papel fundamental da biblioteca para reforzar a comprensión lectora, un dos obxectivos prioritarios do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia
Idioma GallegoA directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o CEIP Virxe de Covadonga, un dos 84 centros educativos da provincia de Ourense que participan no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe). A través deste plan, a Xunta de Galicia apoia as bibliotecas escolares como espazos estratéxicos para mellorar a calidade do ensino mediante a aportación de recursos tanto para ferramentas de aprendizaxe e recursos para material didáctico.
Neste curso 2024/2025 o Plambe incorpora catro novos centros, que recibirán formación específica e apoio técnico a través da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Ademais, os 80 centros que renovan a súa participación contarán con axudas para ampliar os fondos bibliográficos, modernizar o mobiliario e equipamentos ou sufragar gastos de mantemento e xestión das súas bibliotecas.
O obxectivo principal deste programa é transformar as bibliotecas escolares en espazos dinámicos e innovadores, promovendo tanto a comprensión lectora como o hábito lector. A renovación dos recursos busca, ademais, fomentar a creatividade, ampliar as oportunidades de aprendizaxe e consolidar a biblioteca como un apoio esencial para o desenvolvemento das competencias do alumnado.
Centro
Concello
Centro
Concello
CEIP Padre Feijo
Allariz
CEIP Plurilingüe Irmáns Vilar
Ourense
IES de Allariz
Allariz
CEIP Plurilingüe
Ourense
CEIP Plurilingüe Ramón
Amoeiro
CIFP A Carbaleira-Marcos
Ourense
Otero Pedrayo
Amoeiro
CIFP Portovelo
Ourense
CEIP Virxe de Guadalupe
Avión
CEIP Amadeo Rodríguez Baroso
Ourense
CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas
Bande
CEIP Manuel Sueiro
Ourense
CEIP Filomena Dato *
Barbadás
IES As Lagoas
Ourense
CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro
Barbadás
CEIP Plurilingüe de Seixalbo
Ourense
CEIP Ramón Otero Pedrayo
Barco de Valdeoras, O
CPI Plurilingüe José García García
Ourense
CEIP Plurilingüe Julio
Barco de Valdeoras, O
CEIP Plurilingüe Albino Núñez
Ourense
CEIP de Fenosa
Barco de Valdeoras, O
CEE Miño
Ourense
IES Lauro Olmo
Barco de Valdeoras, O
CEIP A Ponte
Ourense
CEIP Guriarán Canalejas
Barco de Valdeoras, O
CEIP Mariñamansa *
Ourense
IES Marta guisela
Barco de Valdeoras, O
CIFP AFarixa *
Ourense
CEIP Plurilingüe Condesa
Barco de Valdeoras, O
IES O Couto
Ourense
CEIP Nosa Señora de Xuvencos
Boborás
CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey
Pereiro de Aguiar, O
CEIP Pena Corneira
Carbaleda de Avia
IES Xermán Ancochea Quevedo
Pobra de Trives, A
IES Nº1
Carballiño, O
CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso
Pobra de Trives, A
CEIP San Marcos
Cartele
CEIP PlurilingüeCarlos Cid Aregui
Rairiz de Veiga
CEIP Plurilingüe Raúl Fernández
Castrelo do Val
CEIP Plurilingüe Ribadavia
Ribadavia
IES Celanova Celso Emilio Fereiro
Celanova
CRA Amencer
Ribadavia
CEIP Plurilingüe Curros Enríquez
Celanova
IES O Ribeiro
Ribadavia
CEIP Carmen García Carasco
Cenlle
IES Cosme López Rodríguez
Rúa,A
CPI Antonio Faílde
Coles
CEIP Manuel Respino
Rúa,A
CEIP Santa María A Real
Entrimo
CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño
Rubiá
CPI Plurilingüe Laureano Prieto
Gudiña, A
CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira
San Amaro
CEIP Virxeda Penada Sela
Irixo, O
CPI Virxe da Saleta
SanCristovo
CEIP O Castiñeiro *
Laza
CEIP Saco e Arce
Toén
CEIP Plurilingüedo Xurés
Lobios
IES García-Barbón
Verín
CPI Teras de Maside
Maside
CEIP Princesa de España
Verín
CEIP AugustoAssía
Mezquita,A
IES Castro de Baronceli
Verín
CEIP Plurilingüe de Luíntra
Nogueira de Ramuín
CEIP Plurilingüe Amaro Refojo
Verín
CEIP de Oímbra
Oímbra
CEIPBibei
Viana do Bolo
CEIP Virxe de Covadonga
Ourense
IESCarlosCasares
Viana do Bolo
IES 12 de Outubro
Ourense
CEIP Plurilingüe de Vilar deB ario
Vilar de Bario
IES Ramón Otero Pedrayo
Ourense
CEIP Rosalía de Castro
Xinzo de Limia
CEIP Curros Enríquez
Ourense
CEIP Carlos Casares
Xinzo de Limia
CEIP Vista hermosa
Ourense
CEIP Padre Crespo
Xunqueira de Ambía
*Centros de nova incorporación este curso
Recoñecemento ao traballo educativo do CEIP Virxe de CovadongaDurante a visita, Judith Fernández puxo en valor o compromiso da comunidade educativa do CEIP Virxe de Covadonga co desenvolvemento da súa biblioteca escolar. “Este centro exemplifica como as bibliotecas poden ser motores de transformación educativa, participando en programas da Xunta como o Plambe, a Biblioteca Creativa e Lectura e Familias”, indicou.
A directora xeral tamén eloxiou o labor de alumnos e docentes, tanto na xestión da biblioteca como na dinamización do club de lectura. Estes proxectos permiten mellorar a inclusión, reforzar a comprensión lectora, empregar distintas fontes de información e potenciar as competencias clave do alumnado. A biblioteca, ademais, está a converterse nun espazo de referencia para toda a comunidade educativa, facilitando o acceso á lectura e contribuíndo a alcanzar maiores éxitos académicos.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución definitiva de centros seleccionados Programa EduReferentes
Resolución definitiva do 15 de novembro de 2024 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2024/25, conforme ao disposto no apartado noveno da Resolución do 29 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.
Anuncio principal:
Convocatoria programa educativo EduReferentes 2024/2025Tema:
Programas e plansEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Formación Profesional BásicaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e ConvivenciaColectivo:
Alumnado CentrosResolución definitiva do 15 de novembro do 2024 dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para centros docentes públicos durante o curso 2024/25
Anuncio principal:
Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos durante o curso 2024/25Tema:
Programas e plans Plans e actuacións en innovación educativaEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoria BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas EducativosColectivo:
Profesorado CentrosMáis de 178.000 alumnos de 670 centros participarán este curso nos 45 programas educativos da Xunta integrados no Plan Proxecta
Summary:
A iniciativa comprende as iniciativas didácticas que ofertan as consellerías do Goberno galego en colaboración con outras institucións
No seu desenvolvemento implicaranse máis de 7.700 docentes
Idioma GallegoMáis de 178.000 alumnos de 670 centros participarán este curso nos 45 programas educativos integrados no Plan Proxecta. Liderado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, este plan comprende as diferentes iniciativas didácticas que ofertan as consellerías da Xunta en colaboración, nalgúns casos, con outras institucións.
A oferta de actividades, que complementa os currículos, está relacionada cos ámbitos da saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a lingua, o patrimonio, a solidariedade, o medio ambiente, o desenvolvemento sustentable, a igualdade, o consumo responsable, o voluntariado, a interculturalidade, a convivencia, a educación emocional, a normalización lingüística e os dereitos da infancia ou a mobilidade. No seu desenvolvemento implicaranse tamén máis de 7.700 docentes de todos os niveis educativos non universitarios.
Un ano máis, os programas con máis número de centros integrados son Proxectos de vida activa e deportiva, o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, seguido de Nutriescolas, unha iniciativa para que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro.
O número de centros integrados en cada programa recóllese na seguinte táboa:
Programas
Centros participantes
Proxectos de vida activa e deportiva (PVAD)
380
Nutriescolas
139
Donas de si
77
ProxectoTERRA
45
Correspondentes xuvenís
44
MeteoEscolas
42
Por 365 días de respecto e igualdade
41
Apuntámonos a non beber
39
Vexo veo Xacobeo
31
Quérote+
30
Recíclate con Sogama
28
Consumópolis
27
Clases sen fume
27
Parlamento Xove
26
Proxecto Ríos
25
Proxecto de innovación en dinamización lingüística
25
Educación patrimonial
24
Mobilidade sostible e segura
24
Aprendo programando
22
Mestres gandeiros
20
Nós tamén creamos!
20
Paisaxe e Sustentabilidade
18
Proxecto didáctico Antonio Fraguas
17
Protexe os animais
16
Galicons-net
15
Voluntariado miúdo: Móvete!
14
Naturézate
13
Salvavidas
13
Rapazas emprendedoras nas TIC
11
Fotografía en curso
10
Protexe o teu medio
8
Fitofaladoiro
8
Educación en dereitos da infancia e cidadanía global
8
Escola Verde
7
Xente con Don
7
Rede de Centros Escolares Solidarios
7
Rede de Eco Hortas Escolares
6
Pasaporte solidario
6
Contame un conto
6
O monte vivo
5
Activistas polo mundo que queremos
4
Sementando coeducación dende o rural: os coidados como xermolo para a sustentabilidade da vida
3
Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional
3
Cinema en curso
3
Moitavista na Escola
1
O Plan Proxecta ten como finalidade ser unha referencia para o fomento da innovación educativa mediante a metodoloxía centrada na realización de proxectos nos centros de ensino. Foméntase así o desenvolvemento de habilidades básicas e transversais entre o alumnado arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible promovidos polas Nacións Unidas na Axenda 2030.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta dota o Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires dun Polo Creativo coma o que teñen os centros educativos galegos
Summary:
O conselleiro de Educación, que inaugurou o espazo, sinala que esta dotación contribúe a achegar a estes alumnos á realidade académica galega
Destaca o apoio do Goberno galego ao proxecto educativo do centro, que leva décadas contribuíndo á difusión da nosa cultura na diáspora
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, vén de inaugurar o Polo Creativo do Colexio Santiago Apóstolo, o centro educativo da diáspora galega en Arxentina. A nova dotación foi achegada pola Xunta de Galicia “para achegar aos alumnos deste centro á realidade académica dos colexios e institutos galegos, favorecendo que avancen en cuestións fundamentais para a súa vida diaria como a resolución de retos a través da creatividade e o traballo en equipo”, destacou o conselleiro.
O material enviado polo Goberno galego ao Colexio Santiago Apóstolo inclúe, ao igual ca o presente nos centros galegos, equipamento especializado de audiovisual e fotografía, electrónica e robótica, fabricación e construción e téxtil e informática, con kits adaptados aos diferentes niveis educativos.
Deste xeito, o Polo Creativo do colexio bonaerense conta con equipos de electrónica básicos e avanzados para diferentes idades, robots de chan e programables, placas microbit, microcontroladores, sistemas domóticos, circuítos de papel, escaneado e impresión 3D, tabletas, xogos de construción de pezas encaixables e sistemas para a creación de audiovisuais, entre outros.
Os Polos Creativos son espazos educativos innovadores a través dos que se fomenta a creatividade, a resolución de problemas en diversos campos do saber e o desenvolvemento de competencias dixitais, científico-tecnolóxicas e artísticas. Funcionan como un centro de actividades no que se traballa en equipo a intelixencia artificial e outras tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual, a realidade virtual e a impresión 3D, as tecnoloxías de control computerizado e fabricación aditiva, o mecanizado de diferentes materiais, a electromecánica, a robótica e os microcontroladores, entre outras.
Apoio ao centroEsta nova contribución ao Colexio Santiago Apóstolo súmase ao apoio da Xunta de Galicia a este centro, tanto a través do profesorado como de materiais. De feito, o pasado ano inaugurouse a obra de renovación e ampliación do sexto andar do colexio, acondicionado para acoller novos servizos educativos como a biblioteca, salas de lectura e de informática e laboratorio de física e química, ademais de espazos de almacén e departamentos para os profesores. O Goberno galego achegou dotación para os laboratorios, pantallas dixitais e ordenadores, entre outras ferramentas, para estes novos espazos.
“O Colexio Santiago Apóstolo é unha parte fundamental da que é a maior comunidade galega no estranxeiro, a de Arxentina. Para o Goberno galego é moi importante apoiar o proxecto educativo deste centro, que leva décadas contribuíndo á difusión da cultura galega e dos valores da nosa identidade”, salientou Román Rodríguez.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA UNED súmase ao programa STEMBach, que a Xunta reforza con máis recursos para alumnado e docentes
Summary:
A directora xeral de Innovación Educativa dá a benvida aos 53 centros que este curso participan en STEMBach, programa no que xa titularon máis de 1.000 estudantes
Idioma GallegoA directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, deu hoxe a benvida aos participantes no encontro de centros STEMBach, cita onde se presentaron as principais novidades do programa para este curso escolar. Entre as melloras introducidas pola Xunta destacan a creación dunha nova Rede STEMBach para ofrecer apoio tanto ao alumnado como ao profesorado e a incorporación da UNED, que se suma ás tres universidades galegas no recoñecemento de créditos ECTS aos estudantes deste Bacharelato de excelencia.
Este ano, incorporase oito novos centros ata acadar un total de 53 que ofrecen STEMBach, unha acción que se implantou por primeira vez no curso 2018/2019 e no que xa se titularon máis de 1.000 estudantes. O programa enmárcase na Estratexia de educación dixital 2030, que busca consolidar os bos resultados de Galicia en áreas como as ciencias, onde, segundo o último informe PISA, o estudantado galego destaca como o mellor preparado en todo o Estado.
Con esta finalidade, a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP sinalou que a nova Rede STEMBach estará configurada “como unha estrutura de apoio e reforzo con propostas que fomenten a colaboración para mellorar o rendemento do alumnado nas materias STEM”, co fin de intensificar a formación científica, fomentar a colaboración coas universidades e impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas.
Beneficios para os estudantesNo que atinxe ao alumnado, existen varios beneficios: recóllese no seu expediente oficialmente o feito de ter cursado esta ensinanza e teñen prioridade para participar en determinadas accións específicas das universidades, ademais de visibilidade do seu traballo en feiras científicas, entre outros. Neste senso, hoxe ábrese a convocatoria para premiar proxectos de investigación dos estudantes de STEMBach no curso 2024/25, que serán defendidos e expostos polo alumnado nun acto público ao final do curso.
En canto ao recoñecemento de créditos ECTS universitarios, os estudantes que superen o STEMBach e se matriculen nunha das universidades participantes verán recoñecido o seu mérito cun máximo de 6 créditos ECTS de libre configuración ao longo da súa traxectoria universitaria. A participación no Programa Mentoring STEMbach de cada universidade será un requisito para obter estes créditos. Para iso, ademais da colaboración coas tres universidades públicas galegas, a Consellería incorpora tamén a este proxecto o Consorcio Universitario Centro Asociado á UNED en Lugo.
Máis apoio aos docentes implicadosNo que respecta ao profesorado, poderán usar as instalacións do Centro de Innovación Educativa e Dixital, que ten a súa sede no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, para desenvolver proxectos, recursos especializados en STEM e un repositorio compartido de charlas, publicacións científicas e licenzas para formación continua. Igualmente, o programa promoverá encontros entre profesorado e alumnado do STEMBach para intercambiar experiencias e apoio mutuo e crearase un espazo virtual onde compartir recursos, guías de estratexias docentes e repositorios de charlas e actividades.
A directora xeral agradeceu o traballo dos docentes e a colaboración das universidades en STEMBach para “desenvolver competencias fundamentais como a creatividade, o emprendemento, a resolución de problemas e o traballo en equipo, elementos esenciais para a formación do alumnado”. Tamén destacou a importancia de “crear un contexto que fomente a excelencia académica e o interese pola investigación científica”.
Contacto coa Universidade en BacharelatoO STEMBach ten unha duración de dous cursos académicos e enfócase a alumnado de calquera modalidade de Bacharelato. No segundo curso, desenvolven un proxecto de investigación, relacionado cos ámbitos de coñecemento das materias cursadas, co-dirixido por docentes de departamentos universitarios ou entidades de investigación.
Así mesmo, estes estudantes cursan unha materia de afondamento extracurricular relacionada co ámbito STEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría ou matemáticas) cunha carga lectiva semanal de dúas ou tres horas fóra do horario ordinario do alumnado. A maiores, realiza actividades complementarias de formación, organizadas polo centro en colaboración con universidades, entidades centradas na investigación ou profesionais de recoñecida competencia neste eido, como conferencias, obradoiros ou proxectos.
CENTRO
CONCELLO
PROVINCIA DA CORUÑA
CPR Plurilingüe Alca *
Ames
CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Del Carmen
Betanzos
IES Brión
Brión
IES Afonso X O Sabio
Cambre
IES Punta Candieira *
Cedeira
CPR Plurilingüe Compañía de María
A Coruña
CPR Plurilingüe Liceo La Paz
A Coruña
CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha
A Coruña
IES Salvador de Madariaga
A Coruña
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda
A Coruña
CPR Plurilingüe Cristo Rey *
A Coruña
IES A Sardiñeira *
A Coruña
IES Agra do Orzán
A Coruña
CPR Plurilingüe Rías Altas
Culleredo
CPR Tirso de Molina
Ferrol
IES Sofía Casanova
Ferrol
IES Concepción Arenal
Ferrol
IES María Casares
Oleiros
IES de Ortigueira
Ortigueira
CPR Plurilingüe Compañía de María
Santiago de Compostela
IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Santiago de Compostela
IES Lamas de Abade
Santiago de Compostela
IES Arcebispo Xelmírez II
Santiago de Compostela
IES de Cacheiras *
Teo
PROVINCIA DE LUGO
IES Lucus Augusti
Lugo
IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes
Lugo
IES Francisco Daviña Rey
Monforte de Lemos
PROVINCIA DE OURENSE
CPR Plurilingüe Miraflores
O Pereiro de Aguiar
CPR Plurilingüe Santa María
Ourense
IES Eduardo Blanco Amor
Ourense
IES As Lagoas
Ourense
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
IES Primeiro de Marzo
Baiona
IES Ramón Cabanillas
Cambados
IES María Soliño
Cangas
IES de Rodeira *
Cangas
IES Plurilingüe Aquis Celenis
Caldas de Reis
IES Ramón Mª Aller Ulloa
Lalín
IES Laxeiro
Lalín
IES Plurilingüe A Paralaia
Moaña
IES As Barxas
Moaña
IES Val Miñor
Nigrán
IES A Xunqueira II
Pontevedra
CPR Santiago Apostol
Soutomaior
IES San Paio
Tui
IES de Valga
Valga
CPR Plurilingüe Compañía de María
Vigo
CPR Plurilingüe Miralba
Vigo
CPR Plurilingüe Las Acacias *
Vigo
IES República Oriental de Uruguay
Vigo
IES Valadares
Vigo
IES Armando Cotarelo Valledor *
Vilagarcía de Arousa
*Centros de nova incorporación este curso
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRelación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en varias especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)
Xúntase a Resolución do 13 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades 590002, 590003, 590012, 590015, 590106, 590110, 590111, 590112, 590124, 590125, 590205, 590210, 590212, 590214 e 590231 do corpo de profesores de ensino secundario (590) (Código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
- Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
- Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.
- Prazo: 18 a 20 de novembro de 2024 ambos incluidos.
Anuncio principal:
Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial Formación Profesional Básica Educación de persoas adultas Bacharelato de adultos Ensinanzas de educación secundariaDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoRelación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598)
Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (Código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
- Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
- Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.
- Prazo: 18 a 20 de novembro ambos incluidos.
Anuncio principal:
Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (código de procedemento ED003A)Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
Profesorado- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »