Skip to Content

Novas

Román Rodríguez salienta a modernización das universidades galegas na inauguración do IV Simposio Internacional Aprendizaxe-Servizo Universidade

Novas eduxunta - Ven, 2024-10-18 10:22
Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, participou hoxe na inauguración do IV Simposio Internacional de Aprendizaxe-Servizo Universidade, un evento que promove o coñecemento de novas metodoloxías de ensino como unha vía para a innovación educativa na Universidade. O titular de Educación destacou que Galicia é pioneira neste eido, xa que foi precursora no modelo de graos e másteres duais, que combinan as aulas co traballo directamente conectado coa sociedade.

A xornada, que se celebra na Facultade de Ciencias da Educación, inclúe conferencias e mesas sectoriais coa implicación das tres universidades públicas galegas e a participación de expertos de universidades nacionais e internacionais, como Harvard University, Università di Verona, University of Galway e Universidade do Porto. Román Rodríguez subliñou que a Xunta aposta por unha oferta académica diversificada, innovadora e adaptada aos novos retos profesionais. Tamén agradeceu á Universidade de Santiago de Compostela por organizar este evento que busca pechar a fenda entre o coñecemento académico e o mundo real, xerando sinerxías que benefician á sociedade no seu conxunto.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

A Xunta inaugura as obras de mellora do Colexio Vicente Arias de la Maza, en Lalín, cun investimento de medio millón de euros

Novas eduxunta - Xov, 2024-10-17 16:02

Summary: 

O conselleiro de Educación pon en valor a importancia desta actuación para mellorar o día a día da comunidade escolar e para mellorar a eficiencia enerxética do centro

Co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica investíronse 2,8M€ nos centros de Lalín e está xa comprometida a ampliación do Instituto IES Ramón Mª Aller Ulloa

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, comprobou hoxe o resultado das obras do Colexio CEIP Vicente Arias de la Maza, en Lalín. Cun orzamento de 537.000€, a actuación que supuxo o cambio de cubertas do centro e a renovación de fiestras e portas, entre outras melloras.

O titular de Educación do Goberno galego puxo en valor a importancia desta actuación “no día a día da comunidade educativa, dado que vai supoñer un maio confort térmico para todos os usuarios do colexio”, explicou. Así mesmo, sinalou que este tipo de intervencións “melloran de xeito moi significativo a eficiencia enerxética dos centros, un dos principais obxectivos do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta da Xunta para a renovación dos edificios educativos”, dixo.

A intervención no colexio de Vilatuxe abrangue a substitución das cubertas dos dous edificios docentes do colexio e da pista cuberta. Nesta última tamén se procedeu ao revestimento interior do polideportivo, cunha chapa de aceiro. Ademais, renováronse un total de 46 ventás e fiestras, o equivalente a 121 metros cadrados, nos edificios educativos e nos vestiarios da pista deportiva. As novas carpinterías son de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre con cámara de aire intermedia.

Román Rodríguez destacou que esta obra vén completar un investimento de máis de 2,8M€ en melloras nos centros educativos lalinenses ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, entre as que destaca a construción da nova central de biomasa do Colexio CEIP Xesús Golmar (máis de 1M€), a rehabilitación integral do CEIP Xoaquín Loriga (660.000€) ou a renovación de fiestras e cuberta do CEIP Plurilingüe Varela Buxán (356.000€). Ademais, lembrou que xa está comprometida a obra de ampliación do Instituto IES Ramón María Aller ulloa, cun importe estimado de 2,5M€, co obxectivo de reforzar a oferta de FP que existe xa no Deza e facilitar a implantación de novos ciclos.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (código de procedemento ED003A)

Novas eduxunta - Xov, 2024-10-17 12:30
Idioma Gallego

Publícase a resolución do 16 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 18 de outubro ata o día xoves 24 de outubro de 2024, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 18 de outubro de 2024.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

File: 

Resolución do 16 de outubro de 2024 convocatoria corpo 598

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Convocatoria de elaboración das listas de interinidades e substitucións en especialidades de catedráticos e profesores de música e artes escénicas (593) e (594), e de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A)

Novas eduxunta - Xov, 2024-10-17 12:21
Idioma Gallego

Publícase a resolución do 16 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593), do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) e do corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ vernes día 18 de outubro ata o día xoves 24 de outubro de 2024, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ vernes día 18 de outubro de 2024.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

File: 

Resolución do 16 outubro de 2024 convocatoria corpos 593, 594 e 595

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Ensinanzas de música Ensinanzas superiores de música

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A)

Novas eduxunta - Xov, 2024-10-17 11:53
Idioma Gallego

Publícase a resolución do 16 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 18 de outubro ata o día xoves 24 de outubro de 2024, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 18 de outubro de 2024.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

File: 

Resolución do 16 de outubro de 2024 convocatoria corpo 592

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de idiomas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)

Novas eduxunta - Xov, 2024-10-17 11:46
Idioma Gallego

Publícase a resolución do 17 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 18 de outubro ata o día xoves 24 de outubro de 2024, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 18 de outubro de 2024.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

File: 

Resolución do 17 de outubro de 2024 convocatoria corpo 590

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial Formación Profesional Básica Educación de persoas adultas Bacharelato de adultos Ensinanzas de educación secundaria

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2024/25

Novas eduxunta - Xov, 2024-10-17 08:25
Idioma Gallego

Xúntase arquivo coa Resolución do 16 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, integrado no PLAN LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de bibliotecas escolares, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.

  • O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados a partir do día seguinte da data da publicación no portal educativo.

 

File: 

Resolución do 16 de outubro de 2024 Anexo I Guía de solicitude

Tema: 

Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

A Xunta subliña o potencial do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO, ao que destina 6 M€ para a súa actividade científica

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-16 19:35

Summary: 

O secretario xeral de Universidades e a directora da Axencia Galega de Innovación visitan este centro da Universidade de Vigo, que é un dos máis excelentes de Galicia

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia destaca o potencial científico do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina CINBIO, da Universidade de Vigo, que forma parte da Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia, que aglutina os axentes investigadores máis punteiros que operan nas universidades galegas.

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron esta mañá o centro para coñecer de primeira man as principais liñas de investigación que está liderando así como para explicar o apoio da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que se materializa nunha inxección de preto de 6M€ nos últimos anos.

Esta visita forma parte da rolda de encontros que os representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP están realizando aos centros de investigación universitaria e tecnolóxicos para coñecer o seu funcionamento e atender as necesidades no eido do I+D+i buscando posibles colaboracións e sinerxías logo da nova estrutura do Goberno galego.

Na área dos nanomateriais, a axenda científica do CINBIO concéntrase no estudo da aplicación de propiedades ópticas, catalíticas, magnéticas, térmicas e de transporte en diferentes nanomateriais e sistemas. No eido da biomedicina, as liñas prioritarias de investigación inclúen o estudo de biomarcadores, terapias avanzadas e as bases moleculares das enfermidades, co obxectivo de deseñar novas terapias e tratamentos que aproveiten o potencial da nanotecnoloxía. 

171 investigadores

Actualmente o CINBIO conta con 171 investigadores, entre os que destaca a incorporación do profesor Luis M. Liz Marzan, un referente internacional neste eido, así como a captación de tres investigadores posdoutorais con alto potencial procedente de ETH Zúrich. A traxectoria excelente deste centro queda reflectida tamén nas más de 600 publicacións levadas a cabo no período 2020-23, o 58% delas en coautoría internacional, ou os 16,5M€ captados en proxectos competitivos internacionais nese mesmo período.   

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

A Xunta pon a disposición do alumnado a ‘Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais’

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-16 13:09

Summary: 

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa e o director da Axencia para a  Modernización Tecnolóxica de Galicia fan fincapé na necesidade de que os rapaces conten coas ferramentas necesarias para o uso responsable da tecnoloxía

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia vén de poñer a disposición do alumnado a Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais, un documento que aborda, desde unha linguaxe sinxela e directa, a pegada dixital, os seus efectos e os riscos que implica.

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, participaron esta mañá no instituto IES A Pontepedriña de Santiago de Compostela na presentación desta guía que se enmarca dentro do programa Pegada Dixital, unha das accións da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 para unha convivencia dixital responsable.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP salientou a necesidade de “ofrecer aos alumnos información e ferramentas para a adquisición de competencias e destrezas para o uso responsable, útil, seguro e ético destas novas formas de comunicación e interacción”. Con esta guía trátase, por tanto, de axudar aos rapaces a que fagan un uso proveitoso das tecnoloxías e que xestionen con seguridade os seus perfís nas redes sociais.

Pola súa banda, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia sinalou que unha das prioridades da Xunta “é poñer á disposición da comunidade educativa todas as ferramentas tecnolóxicas dispoñibles” e con ese propósito puxéronse en marcha iniciativas como Abalar ou E-Dixgal. Un proceso de dixitalización que vai acompañado de formación e concienciación no uso adecuado da tecnoloxía como “esta guía que forma parte do programa de 250 obradoiros sobre Pegada dixital e uso seguro das redes sociais, que desenvolvemos en centros educativos desde hai dous cursos”.

A guía conta con apartados específicos sobre pegada dixital, redes sociais e dispositivos móbiles. No primeiro dos apartados aborda como se constrúe a pegada dixital, os riscos dunha pegada negativa e pautas para construír unha pegada positiva.

No apartado das redes sociais faise fincapé no poder dos datos persoais e danse pautas para protexerse nas redes así como para a configuración de privacidade e de seguridade, ao igual que para o caso dos dispositivos móbiles.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Proxectos de formación. Resolución de avaliación. Curso 2023-2024

Novas eduxunta - Mér, 2024-10-16 08:33
Idioma Gallego

Publicada a resolución de avaliación dos proxectos de formación para profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial presentados á convocatoria do 14 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2023-2024 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional.
 
Contra a presente resolución poderase interpor un recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A resolución do devandito recurso esgotará a vía administrativa.

 

Tema: 

Formación

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación Profesional

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE)

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-15 19:08
Idioma Gallego

Resolución do 15 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE),dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.

  • O prazo de envío de solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación desta Resolución en https://www.edu.xunta.gal/portal/ e rematará o día 13 de novembro de 2024.

 

 

File: 

Resolución do 15 de outubro de 2024: Convocatoria

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

Convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-15 18:39
Idioma Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 15 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.

Esta resolución vén publicada ao abeiro do Plan MEGA e está dirixida aos centros educativos públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Neste programa ofértanse 4 modalidades relacionadas coa innovación educativa:

1. Mat-Lab: o centro educativo como promotor do razoamento científico e do uso das novas tecnoloxías, con especial fincapé na competencia matemática

2. Leo-Lab: o centro educativo como promotor da mellora da comprensión lectora da comunidade escolar

3. Inter-Lab: o centro educativo como promotor da competencia en comunicación lingüística, da competencia plurilingüe e da internacionalización do seu alumnado

4. Sosti-Lab: o centro educativo comprometido cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

O prazo de solicitudes estará aberto dende o día seguinte á publicación desta resolución no portal educativo ata o día 13 de novembro, ámbolos dous incluídos.

 

Acceso á aplicación

 

File: 

Resolución do 15 de outubro de 2024: Convocatoria

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas Educativos

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas

A Xunta reforza o plantel de profesorado en case 300 centros a través do programa PROA+

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-15 12:03

Summary: 

Publícase a resolución provisional do programa, cuxos docentes se incorporarán ás aulas nos vindeiros días, cumprindo o calendario previsto no marco do Plan MEGA

Mañá ábrese o prazo de presentación de solicitudes da terceira medida do plan, o programa de Centros Referentes, dotado con 2M€

A mesa sectorial analiza hoxe a proposta da Consellería de Educación para reforzar a Inspección Educativa

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o Instituto IES de Cacheiras (Teo), onde anunciou que a Xunta vai reforzar o plantel de profesorado en case 300 centros a través do programa PROA+, a segunda das medidas do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia.

O departamento educativo do Goberno galego vén de publicar a resolución provisional deste programa, segundo o cal 298 centros terán este reforzo docente. Deles, 97 son centros da provincia da Coruña, 42 da de Lugo, 53 da de Ourense e 106 da de Pontevedra. Un dos centros beneficiarios desta segunda medida do Plan MEGA é, precisamente, o IES de Cacheiras que, ao igual ca o resto dos seleccionados, recibirá o novo profesor nos vindeiros días.

Tal e como explicou o conselleiro, “con esta nova incorporación de profesorado seguimos cumprindo co calendario previsto para este plan, que comezou coa incorporación en setembro dos primeiros docentes de reforzo, vencellados ao primeiro programa, o Promociona”, afirmou.

Rede de centros referentes

Román Rodríguez salientou que hoxe tamén se publica a convocatoria do programa de referentes, que ten como finalidade crear unha rede de centros educativos que destaquen en materia de inclusión e innovación educativa e supoñan un exemplo de boas prácticas para o conxunto da comunidade educativa e, especialmente, para que poidan influír positivamente noutros centros similares.

Os centros que desexen sumarse a este terceiro programa do Plan MEGA poderán solicitalo desde mañá ata o 13 de novembro. Poderán facelo en dúas modalidades diferentes, unha centrada nos proxectos de inclusión educativa e outra nos de innovación.

Poderán participar neste programa os centros públicos que impartan ensinanzas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria. Deberán elaborar un proxecto educativo centrado nalgunha das oito áreas de mellora ou ámbitos presentados na convocatoria: igualdade, convivencia, inclusión, benestar emocional, competencia matemática, competencia lectora, internacionalización e sostibilidade. Os detalles de cada área de mellora poden consultarse no Portal Educativo.

Os centros seleccionados desenvolverán o seu proxecto ao longo do curso 2024/25, para o que contarán co apoio específico do departamento educativo da Xunta a través de asesoramento, formación específica e difusión de boas prácticas. Asemade, darase aos centros dunha asignación extraordinaria para o desenvolvemento dos proxectos, para o que a convocatoria está dotada cun orzamento de ata 2M€.

Iniciativas innovadoras en Teo

No transcurso da visita ao IES de Cacheiras, o conselleiro puido coñecer de primeira man varias das iniciativas innovadoras desenvolvidas por este centro. Así mesmo, houbo demostracións dos clubs de lectura, de ciencia, de debate e oratoria e de teatro e tamén se presentaron os proxectos de voluntariado, así como as diferentes iniciativas que o centro desenvolve en prol da igualdade e da inclusión educativa, entre outros.

Reforzo da Inspección Educativa

Por outra banda, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP levou hoxe á Mesa Sectorial a proposta para reforzar a Inspección Educativa e, en concreto, para cubrir de forma provisional as vacantes existentes neste corpo, ben sexa porque os titulares das prazas se atopan en situación de prestación de servizos especiais ou outras circunstancias excepcionais, ben por causa de xubilación.

Estas prazas cubriranse de forma provisional a través dunha proba de coñecementos. En calquera caso, será necesario que os aspirantes sexan funcionarios de carreira do corpo docente cunha antigüidade mínima de oito anos.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Concurso relatos Samaín

Novas do centro - Mar, 2024-10-15 09:59

Concurso literario para o alumnado  5º e 6º de EP e alumnado de toda a ESO  .  Temática. SAMAÍN O prazo de entrega remata o luns 28 de outubro.  O estilo pode ser o seguinte:  - Conto, narrativa, banda deseñada e teatro cunha extensión máxima de 2 folios (4 carillas). -  - Poesía, de temática e métrica libre, cunha extensión máxima de 1 folio (2 carillas).    - O relato non poderá elaborarse na aula.   Os textos serán manuscritos e íntegramente en galego. Deben ser orixinais, sendo excluidos aqueles que teñan fragmentos ou partes de outros textos.   En canto as premios, haberá un para os mellores relatos de cada Ciclo Educativo (3ºC de EP, 1ºC da ESO e 2ºC da ESO). A aula con máis participantes no concurso gozará dunha sesión de cine de terror.   Indicar ó principio de cada traballo: Nome completo, curso e centro
Categorías: Novas

Resolución provisional Programa PROA+ (FSE+)

Novas eduxunta - Mar, 2024-10-15 08:30
Idioma Gallego

Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos conforme o disposto no apartado 13 da Resolución do 4 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+ FSE+) nos centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos cursos 2024/25 e 2025/26.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+)

Tema: 

Atención á diversidade Programas e plans PROA

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Atención á diversidade e orientación
Categorías: Novas
Distribuir contido


by Dr. Radut