matemáticas
Cintia, profesora de matemáticas, propúxolle ao seu alumnado de 1º ESO o reto matemático de pasar de tres cadrados a un só.
Podedes ver as instruccións e o resultado final no blog da biblioteca: A Quinta dos Libros
Desde o ano 2000, declarado pola UNESCO Ano Mundial das Matemáticas, instituíuse en España a celebración do día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM).
A data escollida para esta celebración coincide coa do nacemento do insigne matemático Pedro Puig Adam, quen naceu o 12 de maio de 1900 e foi o iniciador da didáctica das matemáticas en España.
A finais do mes de marzo, de non estarmos confinados, montariamos a Cúpula de Leonardo no centro, pero non foi posible... No seu lugar, invitamos o alumnado a montar na casa a Ponte Autoportante de Leonardo.
Imaxe de Core77
A devandita ponte está recollida nun dos seus códices, o Códice Atlanticus (nos folios 69r e 71v). Trátase dunha ponte "ideada tanto para perseguir como para fuxir do inimigo". O feito orixinal desta ponte lixeira en forma de arco é que non requiría cravos, parafusos, cordas nin ningún outro medio para permanecer ergueita. O propio peso dos seus elementos era responsable de mantelos unidos.
Con que material a queres construír? Escolle o que máis che preste!
Espaguetes cortados pola metade
Lapis
Paus de madeira
Pallas de bebidas ás que lles podes facer uns cortes
Calquera outro material que teñas pola casa
Os pasos que debes seguir son os seguintes:
Imaxe de Core77
Como sabedes o proxecto da biblioteca deste ano é “O Río Miño”, seremos capaces de levantar unha ponte que cruce o Miño e que una o concello do Rosal coa veciña Portugal?
Pontes feitas por @bblanc0
Animádevos a facelo! Convertédevos en enxeñeiros ou enxeñeiras por un día!!!
Mandade as vosas fotografías ao seguinte enderezo de correo electrónico
merceds.profe@gmail.com
O alumnado do Club de Ciencia de primaria está a elaborar un Tangram para que o resto do alumnado do centro poida crear figuras con el.
Algunha das pezas está decorada coa temática do proxecto deste ano do centro "O río Miño".
Hoxe, as "Mozas de 2º" fixeron un programa de radio en que reflexionaron sobre a non existencia dun Premio Nobel de Matemáticas. Esta idea xurdiu a raíz dunha pregunta que realizou unha alumna do Club de Ciencia durante unha clase de Matemáticas.
Podedes escoitar o programa na seguinte ligazón.
Farto das típicas felicitacións de San Valentín?
O Club de Ciencia suxíreche outras formas de dicilo... non deixes de ler os carteis dos taboleiros
Moitas grazas a Cintia polos corazóns feitos co seu alumnado
O Club de Ciencia deséxavos unhas felices festas con esta árbore fractal
Árbore realizada polo alumnado participante no Club de Ciencia e grazas á colaboración de todo o CPI na realización e decoración de cada un dos tetraedos que forman as árbores.
Catro integrantes do club do ciencia gravaron hoxe un programa especial por mor do 25 N en que falaron de por que se escolleu esta data como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e cal foi o proceso para a elaboración do gráfico coas estatísticas das mulleres asasinadas por violencia de xénero en España dende o ano 2003 ata hoxe.
O programa poderase escoitar en Ivoox a partir da vindeira semana.
Durante o recreo do xoves 28 de novembro proxectarse unha montaxe da gravación do programa na pantalla da entrada do CPI.
Editado: Preme aquí para escoitar o programa
O club de ciencia reuniuse os mércores 6 e 20 de novembro de 14:30 a 16:30 h.
Durante o mes de novembro con motivo do Día Internacional da Violencia contra a Muller, o club de ciencia elaborou un gráfico no que se representa o número de mulleres vítimas mortais por violencia de xénero en España a mans das súas parellas ou exparellas.
Para a súa realización o alumnado:
- investigou porque se elixiu esta data,
- buscou en que páxinas investigar os datos necesarios para crear o gráfico,
- mediu a parede en que se colocaría o gráfico
- fixo os cálculos necesarios para facer a escala o gráfico.
O resultado final foi o seguinte:
O profesorado do Club de Ciencias do departamento de Matemáticas seleccionou catro cancións que soarán no timbre musical desta semana.