A auga conduce a electricidade?
Mércores, 25 de xaneiro, 2023.
O mes de xaneiro adicámolo a un científico-inventor-periodista-político-filósofo... coma foi Benjamin Franklin, que naceu neste mes e que en xuño de 1752 realizou o seu famoso experimento cunha cometa que tiña pendurando unha chave metálica e que, durante unha tormenta eléctrica, observou como o raio pasaba á cometa (con armazón de metal), e de aí á chave, e da chave ao exterior, confirmando así a natureza eléctrica. A partir disto, inventou o pararraios...
No noso Club de Ciencia non repetimos a experiencia de Franklin, pero si que nos serviu de inspiración para coñecer e experimentar de primeira man se a auga é realmente conductora ou non, observando que a auga pura (destilada) non conduce a electricidade, pero cando engadimos sal, si que o fai. Ademais tamén observamos como a electricidade é capaz de descompoñer o sal nos seus compoñentes: sodio e cloro. En definitiva: UNHA EXPERIENCIA ELECTRIZANTE!