Obradoiro Día da Muller e da Nena na Ciencia
Mércores, 12 Febreiro, 2020
Esta semana, co gallo do Día da Muller e da Nena na Ciencia, o Club de Ciencia organizou un obradoiro para o alumnado de 3º ESO.
A sesión constou de tres experimentos moi coloridos .O primeiro deles foi “A botella azul”, onde puidemos observar a reacción de oxidación de glucosa polo osíxeno do aire contido nunha botella. Para iso empregouse un indicador: o azul de metileno, que presenta esta cor na forma reducida da glucosa.
Outro experimento que parece maxia consiste en pratear os céntimos de euro. Estas moedas son de cobre e presentan a cor laranxa deste metal. Cando se somerxen na auga, con pH moi básico e virutas de cinc, durante uns minutos e se vai quecendo a disolución suavemente, os céntimos vólvense de cor prata. Se lavamos as moedas e as achegamos a unha chama a cor tórnase dourada. Deste xeito, podemos observar os céntimos en tres cores diferentes.
O experimento “A chuvia de ouro” é unha reacción de precipitación en que, partindo de dúas disolucións incoloras, obtemos un precipitado de cor amarela intensa.