Saltar navegación.
Inicio

Novas da Biblioteca de Infantil e Primaria

Inauguración da Biblioteca de Infantil e Primaria para o curso 2021-2022

Biblioteca de Infantil e Primaria 2021Preme para ver unha presentación

08/11/2021

O pasado domingo 24 de outubro, foi o Día das Bibliotecas Escolares. Por este motivo, celebramos a inauguración da biblioteca de Infantil e Primaria para este curso escolar... con contacontos, xincana e escape room!

Día do Libro 2021 no Feal

Feira do Libro 2021Preme para ver máis fotos

28/04/2021

Deixamos algunhas imaxes da nosa Feira do Libro do pasado 23 de abril no álbum "Biblioteca 2021" da nosa Galería, aínda que tamén podedes velas en forma de vídeo.

Seguindo coa nosa celebración do Día do Libro, a mascota da Biblioteca de Infantil e Primaria pedíulle ás nenas e aos nenos que mandasen unha foto "recreando" a portada do seu libro favorito. Neste outro vídeo, podedes ver todas as fotos que recibimos. Grazas a todas as familias pola súa colaboración.

Portadas recreadas 2021Preme para ver máis portadas recreadas

Feira do Libro na Biblioteca de Infantil e Primaria o 23 de abril

Feira do Libro 2021Preme para ver o cartaz completo

19/04/2021

Se che gusta xogar, se queres debuxar ou aprender a cociñar.

Se che gusta viaxar, se queres investigar ou aprender a bailar...

Ven á 1ª Feira do Libro do Feal.

Nela vas atopar todo o que o teu maxín poida imaxinar.

Esperámoste o 23 de abril! Verás que ben o pasarás!

Premios do concurso de mensaxes de amor 2021

Mensaxes de amor

25/02/2021

Esta semana, na Biblio de Paco do CPI do Feal, fíxose entrega dos diplomas e agasallos aos gañadores do concurso "Mensaxes de amor". Parabéns aos gañadores e grazas a todos por participar. Achegamos un pdf que ilustra a entrega de premios.

Premio ao mellor relato de medo da Biblioteca de Infantil e Primaria

Lucía Alves Paz

07/12/2020

Achegamos o traballo premiado no novo concurso de relatos de medo organizado pola Biblioteca de Infantil e Primaria e o Equipo de Dinamización lingüística. A gañadora é Lucía Alves Paz, de 6º A de Primaria. Parabéns!

Premios dos concursos de mensaxes de amor e marcapáxinas na Biblioteca de Infantil e Primaria

Paco

29/11/2020

Esta semana, na Biblio de Paco do CPI do Feal, fíxose entrega dos diplomas e agasallos aos gañadores do concurso "Mensaxes de amor", que debido á COVID non puido levarse a cabo no mes de marzo. Parabéns aos gañadores.

Ademais, o pasado 24 de outubro, celebrouse o "Día das bibliotecas", e Paco propúxolle ás nenas e nenos de EI e EP, que fixesen un marcapáxinas co libro que máis lles gustase. A decisión foi moi difícil porque os marcapáxinas presentados eran moi bos. Grazas por participar.

Xa temos gañadora do concurso de relatos de medo

Sara Teijeiro Villadóniga

11/02/2020

No concurso de relatos de medo organizado pola Biblioteca de Infantil e Primaria, Paco tívoo moi difícil, pois as historias presentadas tiñan unha grande calidade.

A gañadora é Sara Teijeiro Villadóniga, de 5º C de Primaria. Parabéns!!! Podedes gozar do seu relato en isuu.

Xincana da nosa nova biblioteca

17/12/2019

Para inaugurar a nova biblio, a nosa mascota Paco propuxo facer unha xincana por todo o cole. As alumnas e alumnos tiveron que facer oito probas, todas super divertidas. Cando chegaron á nova biblio, recibiron como agasallo un marcapáxinas co seu nome. Pasárono xenial!!!!

Visita da escritora María Canosa

María Canosa no FealFai clic para ampliar a foto

26/11/2019

O pasado martes 19 de novembro, os nenos/as de 6º de Primaria tivemos a visita da autora María Canosa para presentarnos, regalarnos e asinarnos o seu libro "Acuario". A actividade estaba organizada polo Concello de Narón.

Dereitos da Infancia

Dereitos da Infancia 2019Fai clic para ver a presentación de Prezi

18/11/2019

O 20 de novembro celebramos o día dos Dereitos d@ nen@. Nós, os adultos, debemos proporcionarlles estas ferramentas que lles dean ás para poder voar libres, felices e en igualdadade. Hai moitos destes dereitos que non se cumpren en moitos lugares do mundo... Traballemos para que a nosa infancia consiga telos!!!!!

Na presentación de Prezi que achegamos, participaron todos os niveis de Infantil e Primaria para representar cada un dos dereitos.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido