Saltar navegación.
Inicio

Novas da Biblioteca de Infantil e Primaria

Suxestións de lectura para os máis pequenos

Lecturas infantís para o verán 2023Preme para ver a presentación

13/06/2023

O Equipo da Biblioteca de Infantil e Primaria fixo unha selección de libros para este verán. O próximo curso máis!

III Feira do Libro do Feal

15/05/2023

O pasado 11 de maio, a nosa Biblioteca de Infantil e Primaria organizou a súa III Feira do Libro, que tamén abriu as súas portas ás familias durante a tarde. Subimos unha montaxe de vídeo feita por Keko á nosa canle de YouTube, e ademais algunhas fotos á nosa Galería.

Feira do Libro 2023Preme para ver máis fotos

A nosa canteira de contacontos

20/04/2023

Este ano, @s voluntari@s da Biblio de Paco propuxéronlle organizar uns contacontos para os máis peques do cole. Aquí vos deixamos as dúas primeiras entregas, con público de 1º e 2º de Primaria. Icía e Ainhoa contaron o conto "Unha árbore", mentres que Daniela e Marina elixiron "O crocodilo ao que non lle gustaba a auga".

Paco confírmanos que foron un exitazo!!! Xa estamos agardando impacientes os seguintes.

Presentación de "Lúa" no Feal

20/04/2023

Aquí tedes imaxes da visita de Pepablo Patinho ao Feal o pasado luns, para presentar o seu libro "Lúa" ao noso alumnado na Biblioteca de Paco.

Estreámonos nas redes

07/03/2023

O CPI do Feal, estréase nas redes sociais. Xa temos Instagram, onde poderedes ollar publicacións de actividades de bibliotecas, actividades complementarias, asi como novas xerais do centro.

Día de Rosalía 2023

25/02/2023

O 23 de febreiro (polo aniversario do seu nacemento), celébrase o día de Rosalía de Castro. Por este motivo, creamos entre todos “O xardín de Rosalía”, un recuncho para homenaxeala cheo de pensamentos (a súa flor preferida).

O pasado venres 24, clase por clase, o noso alumnado de Infantil e Primaria colocou as flores no xardín de Rosalía. Alí estaba Rosalía, coa que os nenos conversaron. Como agradecemento, Rosalía recitoulles algún dos seus poemas. Grazas por facelo tan fermoso!

Para completar este artigo, engadimos diversos recursos educativos sobre o tema recompilados polo equipo da Biblioteca de Infantil e Primaria.

Eu son libre. Nada pode parar os meus pensamentos, eles son os que dirixen o meu destino”. Rosalía de Castro

Semana da Ilustración

14/02/2023

Cada 30 de xaneiro, coincidindo con día de nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Para conmemorar este día, as nenas e nenos de EI e EP fixeron ilustracións dos seus libros favoritos. Aquí tedes unha presentación coas ilustracións escollidas en cada clase. Son uns artistas!

Suxestións de lectura para o Nadal e Diario Lector

Bruno e Elba

15/12/2022

A proposta  que fixo Paco de facer un Diario de lecturas comeza a dar os seus froitos. Os primeiros (e Paco espera que non sexan os derradeiros) en rematalo foron Elba Quintía e Bruno Oreona (os dous de 3º B de Primaria).

Por outra parte, deixamos aquí algunhas suxestións para ler en Nadal.

Libros para o Nadal 2022Preme para ver as suxestións

Mes da Ciencia na Biblioteca de Infantil e Primaria

Mes da Ciencia 2022

14/12/2022

Durante o pasado mes de novembro, celebramos o mes da Ciencia cunha selección de libros científicos, e con novas actividades coas gafas de realidade virtual.

Desde a web do Feal, aproveitamos para recomendar o mellor programa de divulgación científica que hai na televisión española nestes momentos: Órbita Laika.

Gafas virtuais 2022

Concursos de Samaín en Primaria

Pepe

18/11/2022

Aquí tedes os resultados dos nosos concursos de Samaín:

Sección de "Microrrelatos de medo" (5º e 6º de Primaria)

  • Gañadora: Daniela Alvariño Fraga (6º EP), co relato "O misterio da mansión do Feal".
  • Finalistas: Ainhoa Dopico García (6º EP), co relato "Truco e Trato", e Alex Castro Martínez (5º EP), co relato " Unha noite de Samaín".

Sección de "Crea o teu monstro" (3º e 4º de Primaria)

  • Gañador: Liam Alfonso Fernández, co monstro Pepe.
  • Finalistas: Alicia Filgueira, Damián Izquierdo, Fernando Sinay Ramos, Hugo Díaz Novo, Inés Pereira Cagiao, Javier Gómez Cives, Laura Rivera Montero e Nicolás Pumariño Aneiros.

Ademais, podedes escoitar un podcast onde se explican todas as nosas actividades de Samaín. Os mellores da primeira sección len os seus relatos, o gañador da segunda fala do seu monstro, e tamén hai fragmentos dos contacontos de Infantil.

Concursantes

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido