Saltar navegación.
Inicio

Novas da Biblioteca de Infantil e Primaria

Suxestións da Biblioteca de Infantil e Primaria para Samaín

Samaín 2022Preme para ver as suxestións

27/10/2022

Aquí tedes unha selección de libros, cancións e curtas elaborada polo equipo da Biblioteca de Infantil e Primaria, para entretervos en Samaín.

Día das Bibliotecas 2022

Día das Bibliotecas 2022Preme para ver máis fotos

25/10/2022

Onte celebramos o Día das Bibliotecas 2022 con dúas actividades. Pola mañá, o alumnado de Infantil e Primaria saíu a ler ao aire libre, como podedes ver nalgunhas fotos do álbum "Biblioteca 2022" da nosa Galería. Pola tarde, as familias visitaron a Biblioteca de Infantil e Primaria, e achegamos unha pequena montaxe con fotos da visita.

Xornada de portas abertas na Biblioteca de Infantil e Primaria

Portas abertas 2022

19/10/2022

O próximo luns 24 de outubro, entre as 16:00 e as 18:00, as familias están invitadas a visitar a nosa Biblioteca de Infantil e Primaria. Esta xornada de portas abertas, organízase para celebrar o Día das Bibliotecas.

O "Decálogo do lector" feito por 2º B de Primaria

Decálogo do lector 2022Preme para ver o vídeo en genially

19/06/2022

Para rematar as actividades da Biblioteca de Infantil e Primaria por este curso, aquí tedes o simpático Decálogo do lector elaborado polo alumnado de 2º B de Primaria.

Despedida do curso 2021-2022 na Biblioteca de Infantil e Primaria

Gafas RD

26/05/2022

Para despedir o curso na biblio de Paco, organizouse unha xincana con gafas de realidade virtual. Cada grupo "entraba" en diversos libros famosos (Frankenstein, O gato con botas, Hansel e Gretel, Dr. Jekll e Mr. Hyde...), e o alumnado tiña que responder a preguntas relacionadas co que estaba vivindo. Podes ver varias fotos da actividade no álbum "Biblioteca 2022" da nosa Galería.

Gafas RD na biblioteca de Infantil e PrimariaPreme para ver máis fotos

Feira do Libro 2022

Feira do Libro 2022Preme para ver máis fotos

29/04/2022

Os pasados 28 e 29 de abril, o alumnado e o profesorado de Infantil e Primaria organizaron unha fantástica Feira do Libro no noso patio cuberto. Podedes ver algunhas fotos da feira no álbum "Biblioteca 2022" da nosa Galería.

Lerflix

LerflixPreme para ampliar a imaxe

29/03/2022

As cabezas pensantes da nosa Biblioteca de Infantil e Primaria non paran, e despois de inspirarse en YouTube para os seus booktubers, agora apuntan a Netflix e contraatacan co seu Lerflix. Na imaxe, podedes ver a nova cartelería da biblio para facer suxestións.

Día de Rosalía de Castro 2022

Rosalía de CastroPreme para ver a presentación

21/02/2022

Para celebrar o Día de Rosalía (23 de febreiro), o equipo da Biblioteca de Infantil e Primaria preparou unha presentación coa súa biografía, libros dispoñibles no Feal, poemas musicados e incluso xogos interactivos.

Lecturas para o Nadal

Lecturas para o Nadal

12/12/2021

Preme na imaxe para ver as suxestións da Biblioteca de Infantil e Primaria para ler no Nadal.

Premio do Concurso de relatos de medo 2021/2022

Amanda Rodríguez MacíasPreme para ampliar a foto

29/11/2021

Un ano máis, achegamos o traballo premiado no novo concurso de relatos de medo organizado pola Biblioteca de Infantil e Primaria e o Equipo de Dinamización lingüística. A gañadora é Amanda Rodríguez Macías, de 6º C de Primaria, co relato "O bosque encantado". Parabéns!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido