Saltar navegación.
Inicio

Educación Física, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Xeografía e Historia, Francés, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Música, Secundaria, Relixión

Exposición e charla sobre cogomelos

Charla de Luís CubaFai clic para ver máis fotos

11/11/2014

O alumnado de 6º de Primaria e o de 1º de ESO puido ampliar os seus coñecementos sobre os cogomelos máis habituais na nosa comarca. Para iso contamos coa presenza de Luís Cuba, un micólogo autodidacta que compartiu unhas horiñas connosco.

Tamén preparou unha interesante exposición cos diversos exemplares que xuntou. Os distintos grupos que non puideron estar nas charlas, poden visitala na compaña do profesorado de Ciencias ou dos respectivos titores e titoras antes de que esmorezan.

Charla de Luís CubaFai clic para ver máis fotos

Olimpíada en Narón

Olimpiada en Narón 2014

Fai clic para ver máis fotos

28/10/2014

O pasado 27 de outubro, o departamento de Educación Física en colaboración co club de Atletismo de Narón, organizou unha pequena olimpíada divertida dirixida ao noso alumnado de 1º e 2º de ESO. Os cinco grupos desprazáronse a pé ata o estadio de Río Seco, en compañía das súas titoras/es e do seu profesor de Educación Física, Alberto Casal. Alí fixeron lanzamentos, saltos, carreiras... e tamén puideron contemplar os adestramentos dos atletas do club.

ALUMNADO DE 1º E 2º DA ESO: ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA- O ATLETISMO

Como complemento ás clases de Educación Física imos visitar o Estadio Municipal de Río Seco (Narón), onde practicaremos diferentes disciplinas atléticas. Ánimo e participade!

TODA A INFORMACIÓN DA ACTIVIDADE, EIQUÍ

Chourizos solares

Chourizos solaresFai clic para ver máis fotos

12/06/2014

Ademais de asar chourizos, o noso alumnado de 2º de ESO estivo experimentando esta luminosa mañá con diversos trebellos que aproveitan a enerxía solar. A actividade estaba organizada polo Concello de Narón, e segundo nos contan as profesoras acompañantes, foi un rotundo éxito. Moitas grazas a Eva Mesejo polas súas fotos!!

Enerxía solar 2014

Fai clic para ver máis fotos

Móbil recuperado!!

Nerea Teijeiro Fernández

04/06/2014

A nosa viaxe a París de 2014 aínda tiña un asunto pendente sen resolver: un teléfono móbil esquecido no hotel. Despois de máis dun mes de intensas negociacións diplomáticas hispano-francesas, hoxe por fin puidemos facer entrega deste esquivo móbil á súa propietaria: Nerea Teijeiro de 4º de ESO A. Parabéns!

Torneo de fútbol sala en Primaria

Fútbol 2014

29/05/2014

A pasada semana comezou o torneo de fútbol sala que se celebra todos os anos por esta época no noso centro. Nesta ocasión, participaron un total de 45 nen@s de 4º, 5º e 6º de Primaria, repartidos en dous grupos de tres equipos cada un.

No primeiro partido, Os Chunguitos derrotaron a Os Tigres. Esperemos que o tempo e a deportividade nos acompañen. Sorte a tod@s.

Baloncesto 3x3 - 2014

Baloncesto 2014

21/05/2014

Un curso máis comezamos o noso tradicional torneo de baloncesto 3 x 3. No mesmo, participan os nenos e nenas de 5º e 6º durante os recreos. Este ano temos oito equipos divididos en dous grupos. Moito ánimo a todos.

Máis fotos de París 2014

Fai clic para ver máis fotos

19/05/2014

Xa temos 180 fotos de París 2014 na nosa Galería. Ademais das feitas pol@s profes, agradecemos as imaxes cedidas por David Muíño, Carla Santalla e Aldara Castro.

Entre as novas de Carla, está a que vedes de Antón e Bruno brincando de felicidade na torre Eiffel; mentres que entre as de Aldara, hai un avance dunha espontánea actuación de Cristina e as profes nas rúas parisinas (temos vídeo!).

Aclaramos que @s viaxeir@s recibirán pronto os arquivos orixinais de todas estas imaxes.

Volvemos a París!!

O próximo luns 28 de abril, sairá do Feal unha nova expedición a París do alumnado con Francés de 3º e 4º de ESO (acompañados de Montse Lorenzo, María Anca e Ángel Carrera).

Para quen queira escoitar (e ver) completa a canción que utilizamos no avance: http://youtu.be/caUYiTknZjI

125 anos da torre Eiffel

Torre Eiffel

31/03/2014

Aproveitando que a torre Eiffel cumpre hoxe 125 anos, recomendamos aos rapaces que a van visitar proximamente achegarse a este monumento emblemático practicando un pouquiño o idioma.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido