Educación Física, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Xeografía e Historia, Francés, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Música, Secundaria, Relixión
Despedida de Erica
30/05/2013
Hoxe tivemos que despedirnos da auxiliar de conversa coa que contamos este curso, Erica Clark. Non reunimos nunha foto todos os grupos cos que traballou, porque foron case todos, pero deixamos aquí unha imaxe da pequena festa que se fixo na aula de Idiomas de Secundaria con 3º A, 3º B e 4º C.
Temos claro que Erica estivo moi contenta no Feal e nós tamén a botaremos de menos. Sorte, Erica!
Un corzo no Feal
Versión en HD: http://youtu.be/qk4mB0zxazQ?hd=1
02/05/2013
Algúns de vós talvez lembredes a visita ao Feal dun buxato hai xa uns anos. Hoxe tivemos outro visitante especial: un corzo. Despois do alboroto que provocou a primeira hora (durante a entrada), o corzo estivo un tempo moi nervioso tratando de saír do recinto e feríndose nos numerosos choques contra o valado. Membros de Protección Civil e da Policía Local de Narón abriron unha saída neste valado, e finalmente conseguiron que abandonase o noso centro. Esperamos que a estas horas xa estea máis tranquilo e recuperándose das feridas.
A Coruña 2013
29/04/2013
O pasado mércores 24 de abril, o noso alumnado de 3º e 4º de ESO pasou un intenso día en A Coruña xunto cos profes Ángel Carrera, María Anca e Montse Lorenzo. Ademais de visitar o Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía e a Torre de Hércules, os tres grupos de 4º estiveron argallando unha especial despedida do Feal que se poderá ver durante o noso próximo Festival de Fin de Curso (polo que aínda non adiantamos ningunha imaxe desta actividade). A sorte acompañounos coa meteoroloxía e puidemos gozar dunhas vistas formidables. Sen dúbida, quedaremos con moi bos recordos deste día.
Día do Libro 2013
Versión en HD: http://youtu.be/usxYxa094BA?hd=1
23/04/2013
Presentamos un novo vídeo; neste caso realizado na materia de Lingua Castelá cos seguintes alumnos de 1º de ESO - A: Paula Vázquez, Israel Bolaño, Alicia Santos, Roberto Leira e Rut Balado. Trátase dun traballo sobre o Día do Libro. Para continuar coa conmemoración desta data, o CPI do Feal acollerá esta semana a visita de dous escritores:
- Antonio Yáñez Casal, que falará do seu libro Vento Galerno para o alumnado de 3º e 4º de ESO (xoves 25)
- Paula Merlán, que dará unha charla sobre a creación dunha obra literaria para o alumnado do 3º Ciclo de Educación Primaria e 1º de ESO (venres 26)
Actividades de formación en lingua inglesa durante o verán de 2013
Illas Cíes (Vigo)
23/03/2013
Se estás na ESO e queres pasar dúas semanas deste verán aprendendo inglés e divertíndote con compañeiros de toda Galicia, pásate por Secretaría o antes posible, porque o prazo remata o 22 de abril. Este ano, as actividades de formación para a 1º e 2 de ESO son en A Coruña, e as de 3º e 4º en Vigo. Tes toda a información en:
https://www.edu.xunta.es/axudasle
Riazor (A Coruña)
A horta do Feal
01/03/2013
Hoxe recibimos algunhas fotos da nova horta do Feal (fóra do invernadoiro). Nelas, vese como traballa duramente o alumnado de 4º de Diversificación, e tamén as profesoras Marisa Agulló e María José Campos. Grazas á nosa alumna Natalia Docurro polas fotos! Seguiremos con atención a evolución desta horta.
Visita de Luke Roberts
21/02/2013
Esta semana recibimos a visita de Luke Roberts, da editorial Burlington, que fixo unha sesión moi interesante de UK Culture para 3º e 4º de ESO.
Os alumnos divertíronse, aprenderon, pasaron moitos nervios co xogo de Who Wants to Be a Millionaire e ademais gañaron algún que outro premio. Wow!
Aniversario de Bécquer
17/02/2013
Teatro en francés para o alumnado da ESO
Belén Romero actuando en "L'avare" de Molière
05/12/2012
O pasado 4 de decembro, o alumnado de 3º e 4º de ESO matriculado en Francés asistiu á representación da obra "L'avare" de Molière (da compañía Eina d'escola), no colexio Lestonnac de Caranza. O espectáculo era interactivo, e a nosa alumna de 4º de ESO Belén Romero fixo moi ben a súa improvisada intervención. Podes ver máis imaxes na nosa Galería.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com